"Bié" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 200.

  • Cometa periódico descuberto no 1826 por Wilhem von Biela (Rosslau, Saxonia 1782 - Venecia 1856), e por Gambart, en Marsella, uns poucos días despois de que o fixese aquel. Comprobouse que era o mesmo cometa observado nos anos 1772 e 1805. O seu período foi calculado en 6,71 anos, pero a partir do ano 1865 non volveu aparecer. Isto debeuse a que, no paso polo perihelio de 1845, se partiu en dous, ofrecendo un espectáculo maxestoso no ceo nese ano e no 1852. Cando xa se daba por definitivamente perdido, no 1872 apareceu no seu lugar unha intensísima choiva de estrelas, resultado último da súa definitiva desintegración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada nas estribacións da selva de Teutoburg (323.223 h [1998]). Dominada pola Sparrenburg (residencia dos condes de Ravensberg), é un centro tradicional da industria téxtil do liño, que coa posterior introdución dos tecidos de algodón e seda acadou un maior grao de desenvolvemento. A diversificación industrial estendeuse aos sectores papeleiro e de embalaxes. Tamén, dende 1966, é sede dun centro de ensino superior, a Ostwetfalen Universität (Universidade da Westfalia Oriental). Fundada no 1214, a finais do s XIII entrou a formar parte da Liga Hanseática. En 1346 pasou ao dominio dos duques de Jüllich e no 1647 ao elector de Brandenburgo. Durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) sufriu con intensidade os bombardeos da aviación aliada, especialmente británica e norteamericana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enxame de meteoritos, produto da desintegración do cometa de Biela. O seu radiante é a constelación de Andrómeda, polo que tamén se coñecen co nome dos Andromédidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, no Piemonte, Italia, á beira do río Cervo (47.645 h [1991]). É o principal centro italiano da industria téxtil da la. Tamén fabrica maquinaria e tecidos de algodón. Coñecida co nome de Bugella, as primeiras referencias documentais datan de 826, cando era feudo do conde de Provenza. Desde o s X ata 1377 a cidade permaneceu baixo o dominio dos bispos de Vercelli. No 1379 pasou aos condes de Savoia. No s XVI foi ocupada sucesivamente por franceses e españois, ata que pola Paz de Cateau-Cambrésis foi restituída a Savoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Italia, na rexión do Piemonte (913 km2; 189.529 h [estim 1998]). A capital é Biella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado da Europa oriental, tamén coñecido como a Rusia Branca. Limita ao NL e ao L con Rusia, ao S con Ucraína, ao O con Polonia e ao NO con Lituania e Letonia (208.000 km2; 10.401.784 h [estim 1999]). Esténdese entre os 56° e os 51° de latitude N e os 23° e 32° de lonxitude L. A capital é Minsk.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    O país ocupa unha depresión herciniana encadrada entre aliñamentos cristalinos. A forma de relevo máis usual son as chairas e as ondulacións provocadas polas glaciacións cuaternarias (morrenas e incisións glaciais). En xeral, pódense distinguir tres áreas: ao N, na conca do Dvina, hai unha área palustre interrompida por outeiros; no centro, e en dirección NL-SO, esténdese unha liña de pequenos cumios, a Belorusskaja Gr’ada, na que está a altitude máxima do país, o monte Majak, 356 m; ao S, na Polesia (Polesje), esténdense vastas áreas pantanosas, as máis...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bielorrusia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Bielorrusia.

    3. Lingua eslava setentrional que xunto co ruso se fala en Bielorrusia e nas zonas veciñas. Presenta características de transición entre o ucraíno e o polaco. Ten uns dez millóns de falantes. Escribíase en alfabeto cirílico e o moderno estándar baséase no dialecto da capital.

    4. Literatura escrita en lingua bielorrusa. As primeiras manifestacións remóntanse aos ss XI e XII (Evanxeo de Turov), pero non se desenvolveu ata os ss XIII e XIV, cando o gran ducado de Lituania adoptou a lingua de Bielorrusia como oficial. A incorporación a Polonia (1569) comportou un achegamento a Rusia e unha defensa da relixión ortodoxa que produciu obras como o Reč’ Meleški (Discurso de Melešta). Malia todo, coa progresiva “polonización” das clases elevadas, durante os ss XVII e XVIII, a produción reduciuse á literatura popular de transmisión oral. Despois da incorporación a Rusia, iniciouse un movemento romántico, pero non foi ata o remate do s XIX cando se afirmou a tradición literaria. Estimulada polos acontecementos de 1905 e pola revolución do 1917, a produción literaria ampliouse a todos os xéneros, e xurdiron escritores como Janka Kupala (1882-1942), Jakub Kolas (1882-1956) e Zmitrok B’adul’a (1886-1941), entre outros. Despois da Segunda Guerra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de sieroziom, de cor gris abrancazada, formada sobre loess ou sedimentos margosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto arxentino. Profesor de Dereito Administrativo na Universidade de Bos Aires desde 1924, agás o período 1952-1955, no que foi separado da cátedra polas súas opinións políticas. É autor de obras como Ciencia de la administración e Derecho administrativo y legislación administrativa argentina, que tiveron influencia en Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista e poeta polaco. Escribiu Kronika wszystkiego świata (Crónica do mundo enteiro, 1551), primeira crónica en lingua polaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do voivodat homónimo, Polonia (180.700 h [1996]), constituída no 1950 pola unión das cidades de Bielsko e Biala Krakowskie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Voivodat de Polonia (3.704 km2; 924.000 h [estim 1998]). A capital é Bielsko-Biala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario voceiro da Agrupación Socialista de Ferrol e “Defensor de los trabajadores y del pueblo en general”, que saíu á luz en Nadal de 1900. O seu nacemento semella responder á visita de Pablo Iglesias á cidade e coincide co auxe do obreirismo socialista na bisbarra. Desapareceu en marzo de 1902, logo de diversas suspensións gobernativas. Foi substituído, como voceiro da Agrupación, por La Antorcha Social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de Marín que apareceu nos primeiros meses de 1902. Desapareceu en 1904. A intención principal desta publicación de talante católico era combater a El Marinense, periódico anticlerical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Dong Nai, Vietnam, no delta do Mekong (97.094 h [1992]). Situada a 30 km ao NL de Hô Chi Minh, na marxe esquerda do Song Dong Nai, é unha das cidades máis antigas da Cochinchina. Experimentou unha forte expansión industrial, que combina con actividades tradicionais como a industria da cerámica e da pedra para a construción. A industria siderometalúrxica instalada por iniciativa estatal propiciou o desenvolvemento dun contorno favorable para a implantación doutros sectores, como o dos electrodomésticos (baterías, aparatos de vídeo, radio e televisión, frigoríficos, etc), nos que o capital coreano, xaponés e norteamericano ten unha importante presencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un bienio ou ao que dura este período.

      1. Que se repite cada dous anos.

      2. Aplícase ás plantas monocárpicas, cun ciclo vexetativo que dura dous anos: no primeiro xermola a semente, desenvólvense os órganos vexetativos e acumúlanse reservas; e no segundo a planta florece e dá froito.

      3. Manifestación que ten lugar cada dous anos en forma de exposición de diversas artes plásticas. As principais son as de Venecia, São Paulo e París. A Bienal de Venecia foi instituída no 1895 coa finalidade de comparar as direccións estéticas dos diferentes países e de enriquecer o coñecemento dos artistas novos. Esta intención foi desfigurada na época fascista e, despois dunha interrupción de seis anos causada pola guerra, retomou a súa actividade no 1948, transformada coa intención de descubrir novos talentos e novas tendencias e, ao mesmo tempo, presentar interesantes retrospectivas. En 1968 foi sabotada por moitos artistas de tendencia progresista que a acusaban de estar mediatizada polo poder oficial. A Bienal de São Paulo foi instituída no 1951 por Francisco Matarazzo Sobrinho e estaba pensada para centrar alternativamente en América, os anos impares, a manifestación que nos anos pares tiña lugar en Venecia. En 1969 tamén foi obxecto dunha abstención por parte da arte progresista como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mostra artística organizada pola Deputación de Pontevedra desde 1969. Naceu como un medio no que se puidesen dar a coñecer os artistas da cidade e de Galicia para internacionalizarse co paso dos anos. Está organizada en catro apartados expositivos: sección provincial, cunha mostra antolóxica e outra dedicada aos novos valores, sección autonómica, sección española e sección internacional. Acompáñanse as exposicións coa edición de catálogos, guías didácticas, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter relixioso difundida por Cáritas diocesana de Tui-Vigo. Recollía información sobre o bispado, cartas e colaboracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Período temporal de dous anos.

    2. Incremento económico dun salario por cada dous anos de servizo activo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período da Segunda República Española comprendido entre as eleccións lexislativas de novembro do 1933, que deron a maioría ás dereitas, fronte a unha esquerda dividida, e as eleccións do 16 de febreiro do 1936, nas que triunfou a Frente Popular. O período caracterizouse polo goberno da coalición formada polos republicanos do Partido Radical de Alejandro Lerroux e a CEDA de Gil Robles, que practicaron unha política contraria á da anterior lexislatura, que tivera unha actuación de centro esquerda. Modificáronse e anuláronse leis anteriores, concretamente a reforma agraria, a reforma militar realizada por Manuel Azaña e as que facían referencia a salarios e condicións de traballo. Así mesmo, procurouse establecer unha nova relación Igrexa-Estado e agudizáronse as tensións nacionalistas. Polo que se refire á política económica, aumentou a deflación e o desemprego. A oposición entre o goberno central e a Generalitat, que continuaba en mans da esquerda, medrou enormemente durante este período,...

    VER O DETALLE DO TERMO