"Brač" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 67.

  • Título concedido en Castela a Afonso de Bracamonte-Guzmán y Dávila (morto en 1622), cabaleiro da orde de Santiago e señor de Peñaranda en 1602. A grandeza de España concedeuse en 1676 ao seu fillo e cuarto titular, Gregorio de Bracamonte y de Bracamonte (morto en 1682). Pasou aos Fernández de Velasco, marqueses do Fresno; aos Pacheco, duques de Uceda, e aos Téllez-Girón, duques de Osuna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • crebacabezas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Árbore, dos xéneros Aspidosperma e Schinopsis, de madeira moi apreciada.

      2. quebracho branco [Aspidosperma quebracho, Fam das apocináceas]

        Árbore con follas simples, alternas e coriáceas, con flores pequenas de corola lobulada, dispostas en panículas, e froitos bifoliculares. É propia da Arxentina setentrional.

      3. quebracho vermello

        Árbore, do xénero Schinopsis, da familia das anacardiáceas, especialmente as especies S. balansae e S. lorentzii. As follas poden ser simples (S. balansae) ou pinnaticompostas (S. lorentzii), as flores pequenas e dispostas en panícula, e os froitos de tipo drupa están provistos de taninos. Son especies madeireiras propias do Gran Chaco.

    1. Madeira destas árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Barcelona 1893 - 1959) Escritor. Relacionado con Pompeu Fabra, foi un continuador da súa obra e co tempo converteuse en voceiro da intelectualidade catalá. Comprometido coa República, exiliouse en Francia en 1939. Traduciu a Odissea (1919 e 1948) e obras de Kavafis, Sófocles, Esquilo, Plutarco, Hölderlin, Poe, Rilke e Kafka. Iniciou a súa obra poética con Estances (1919), onde amosa un concepto de poesía como experiencia de cultura e a vontade de obxectivar a experiencia amorosa en termos de poema. Inscrito no novecentismo, elaborou un mundo poético definido polos clásicos gregos, os trobadores e algúns poetas modernos. No segundo libro de Estances (1930) incluíu poemas máis persoais, con referencias a Hölderlin, Rilke, Guillén, Valéry e Mallarmé. Tres suites (1937), Elegies de Bierville (1943), Del joc i del foc (1947) e Salvatge cor (1952), constitúen unha especie de canto espiritual que representa un dos cumios da poesía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perforación ou trepanación dun órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé métrico composto por tres sílabas breves, na métrica latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de vibrar.

    2. Movemento suave de vaivén que se produce nun corpo que vibra.

    3. Movemento periódico dos puntos materiais que compoñen un sistema físico, orixinado por unha fonte de enerxía mecánica que provoca deformacións elásticas e a aparición de forzas externas ou internas que manteñen ou frean o movemento. Matematicamente unha vibración é unha combinación lineal de funcións sinusoidais.

    VER O DETALLE DO TERMO