"CAU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 163.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Talo de pequeno tamaño das briófitas. É análogo ao talo das cormófitas, sen embargo, non é homólogo ao mesmo xa que pertence ao gametófilo, en lugar de pertencer ao esporófito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno, frecuente nas selvas intertropicais, que consiste no nacemento das flores e, consecuentemente, dos froitos, sobre o tronco ou as pólas vellas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta caulifloria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de talo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao talo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacterias, da familia das caulobacteriáceas, que se caracterizan por posuír un pedúnculo, orixinado por acumulación de materiais capsulares arredor do primitivo flaxelo polar, mediante o que se poden fixar a un substrato sólido somerxido. Multiplícanse por escisiparidade, pero mentres que unha das células fillas se mantén fixa ao substrato polo pedúnculo, a outra, dotada dun flaxelo polar, pódese mover libremente ata atopar un substrato adecuado.
-
-
Relativo ou pertencente á familia das caulobacteriáceas.
-
Bacteria da familia das caulobacteriáceas.
-
Familia de bacterias da orde das pseudomonadais, en forma de bacilo curto, lixeiramente curvado, ou de vibrión. Teñen un pedúnculo máis ou menos longo, de orixe moi diversa segundo os xéneros, co que se fixan a un substrato mergullado e son Gram-negativas. Oxidan o ión ferroso e convérteno en ión férrico. Viven en augas doces moi oligotróficas. Os xéneros máis importantes son Caulobacter e Gallionella.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia hipotética que podería inducir á formación do talo das plantas, segundo a teoría de Julius Sachs de 1882.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do talo dunha alga de aspecto semellante ao talo dunha cormófita e con función de apoio e, ás veces, de condución.
-
PERSOEIRO
Escultor. Membro dunha familia de artistas, o seu pai Federico Caulonga foi mestre na Escola de Artes e Oficios Artísticos de Santiago de Compostela. Pertenceu, entre outros, ao círculo artístico de Camilo Díaz, Francisco Asorey e Xosé Aldrey. Entallador e labrador da pedra, colaborou no taller de Asorey e no de Magariños. En Santiago de Compostela destaca o conxunto escultórico que decora un capitel da rúa do Vilar, cunha figura sedente do apóstolo Santiago entre o Mestre Mateo e a raíña peregrina Isabel de Portugal. Durante os anos vinte colaborou con Antonio Palacios en diferentes construcións, como as do Palacio de Correos y Comunicaciones e o Círculo de Bellas Artes, ambos os dous en Madrid, cidade na que residiu algúns anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor, fillo de Ventura Caulonga. Foi discípulo de Magariños e estivo en contacto cos principais obradoiros escultóricos de Santiago de Compostela e completou os seus estudios na Escola de Artes e Oficios Artísticos. A súa obra centrouse na produción de retablos, tallas de pequeno formato, esculturas e relevos de temática fundamentalmente rexionalista, que están dispersas por diversas institucións de Galicia e do estranxeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico, fillo de Ventura Caulonga. Estudiou belas artes na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela, baixo a dirección de Asorey; coñeceu a escola de pintura de Tito Vázquez e completou a súa formación con Roberto González del Blanco. Dende 1956 residiu en Madrid onde asistiu ás clases do Círculo de Bellas Artes. Traballou no taller do gravador Dimitri Papageorgius. Cultivou o debuxo, o gravado e a escultura e, sobre todo, a pintura ao óleo. Interesado polos primitivos renacentistas, a pintura flamenga e as últimas vangardas, buscou a plasmación da realidade e dos soños do home. Realizou traballos de restauración na catedral de Friburgo e as escenas dos baixorrelevos que decoran os bancos da Plaza Mayor de Madrid. As súas creacións están en diversos museos galegos, nacionais e internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que arranca ou sae do talo. Aplícase especialmente ás raíces que nacen nos talos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade situada na costa de Asia Menor, en Caria. Durante o goberno dos Ptolomeos foi base naval e baixo o dominio romano pasou a ser unha cidade libre. As súas ruínas están localizadas preto da actual Dalyan.
-
PERSOEIRO
Xefe chileno dos araucanos. Derrotou a Pedro de Valdivia e ao seu sucesor, Villagrán. Caeu prisioneiro nas montañas e despois foi condenado e executado en Cañete. O seu renome provén da relación que Alonso de Ercilla fixo das súas fazañas en La Araucana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Listón de madeira situado na parte exterior do bordo das embarcacións de pesca, que forma a parte máis alta do costado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O Courel.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Molusco gasterópodo mariño de cuncha ovada, brillante e de cor abrancazada. Atópase nas costas das Maldivas, en Borneo e no arquipélago de Goló, onde os seus habitantes empregaban a súa cuncha como moeda.
-
-
Publicación quincenal impresa en Pontevedra o 1 de marzo de 1913 co subtítulo de “Órgano da Federación Agrícola de Pontevedra”. Dirixida por Francisco Soliño, saíu o último número o 23 de xuño do mesmo ano. Publicaba temas relacionados coa eliminación do sistema foral e a loita contra o caciquismo, tamén había diversas colaboracións poéticas en galego (a maioría anónimas) como o poema “Cantares”, de José Rey González.
-
-
Aquilo que ten como consecuencia un determinado suceso ou unha determinada cousa.
-
Motivo que leva a unha persoa a realizar algunha cousa.
-
Aquilo que explica a aparición dunha cousa.
-
Todo aquilo que, dalgunha maneira, explica a existencia ou o cambio dunha cousa que se denominaría efecto. O influxo da causa no efecto chámase causalidade. Normalmente, distínguese entre a causa (que produce o efecto) e a ocasión ou a condición (que facilitan ou provocan a produción do efecto pola causa). Aristóteles e os escolásticos diferenciaron catro causas que agruparon á súa vez en dous tipos: dúas intrínsecas e dúas extrínsecas. Entre as primeiras están a causa formal, que se refire á forma ou ao modelo, e a causa material, referida á materia de que está feita unha cousa. Entre as segundas, a eficiente, que é principio do cambio, e a causa final ou finalidade, referida a aquilo para o que se produce ou se dá algo. Unha quinta causa é a exemplar. Os medievais distinguiron tamén entre a causa primeira (Deus) e as causas segundas (criaturas), entre as causas principais...
-
teoría das causas actuais
Teoría formulada por Lamarck, Constant Prévost e Lyell, que basea a explicación dos fenómenos xeolóxicos antigos nas mesmas causas que producen os actuais, “o presente é a clave do pasado”. O actualismo afirma que os fenómenos bruscos se producen accidentalmente e que as modificacións son lentas.
-
-
Empresa á que se dedican esforzos desinteresados ou altruístas.
-
Proceso xudicial, especialmente de tipo penal.
-
Tramitación dunha acusación contra alguén que determina a culpabilidade e a sanción por parte dun tribunal.
-