"COI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 307.

    1. Pedra pequena de forma arredondada.

    2. carabuña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vigo baixo a advocación de san Martiño. Ata a década de 1960 era unha parroquia rural do SO do concello, pero daquela o ministerio da Vivenda acometeu un plano de urbanización que a converteu nun dos barrios máis populosos de Vigo. Na década dos setenta, a Caixa de Aforros Municipal de Vigo involucrouse directamente na promoción de vivendas. Urbanisticamente, o barrio articúlase a partir dunha grande arteria central, a avenida de Castelao, que atravesa toda a parroquia de L a O dende As Travesas (Praza de América) ata Navia (Avenida de Europa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra que lle permitiu acudir á Academia de Bellas Artes de San Fernando (Madrid) ao tempo que traballou como axudante dun marmorista. Compartiu estudo en Madrid con Reimundo Patiño e relacionouse cos membros do grupo Brais Pinto. A súa obra caracterizouse polo enfrontamento entre a tradición artística e a artesá. Experimentou con troncos de árbore e outros obxectos, como os croios, e desenvolveu formas redondeadas, pulidas, flexibles e opulentas de perfecto acabado e marcada estilización da figura humana que o levaron a achegarse ao informalismo. A natureza e a cultura galegas, xunto ao tema da muller, son unha constante na súa obra. Esculpiu a imaxe da Virxe do Carmo da igrexa parroquial do Hío. Entre as súas obras destacan Loita, Home e Nacemento. No 2001 celebrouse en Vigo unha mostra que recolleu a súa traxectoria artística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral que se editou a partir de marzo de 1991 en Vigo. Trátase dunha publicación bilingüe que dirixiu José Piñeiro González. Entre os colaboradores figuraban Mª Carmen Avendaño, Lalo Vázquez, Pedro Sieiro, José Domingo, Delfín Fernández, Pascual Madoz e Tito Giráldez. Tratou diversos temas (educación, ecoloxía, problemas da droga, servicios de interese cidadán, etc). Incluía tamén un cómic de Nelly Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde hai moitos coios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe debido ao lanzamento dun coio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘casa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de coidar ou coidarse. Ex: O coidado do coche é algo que leva o seu tempo. O coidado do neno quítalle moito tempo.

      2. Atencións que se lle presta a unha persoa enferma. Ex: Estivo en coidados intensivos durante un mes.

    1. Interese que se pon ao facer algunha cousa.

    2. Responsabilidade de velar por alguén ou por algo ou de facer algunha cousa.

    3. Expresión para avisar dun perigo ou para ameazar a alguén de que non faga algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen coida algo ou a alguén. Ex: Os enfermos do hospital necesitan un coidador de noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fai as cousas con coidado. Ex: El é moi coidadoso para as súas cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe editada no instituto Francisco Aguiar de Betanzos subtitulada “Voceiro dos que non calamos”. Cómpre destacar o monográfico que lle dedicaron ao Día das Letras Galegas, no que colaboraron Vales Villamarín, Regueira Varela, Siro López, Alonso Montero, Manoel Espiña e Quintás Goyanes, entre outros. Incluía artigos, poemas e debuxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Posuír certa intuición sobre algunha cousa ou reflexionar sobre algo.

    2. Poñer atención no que se fai ou no que se di para que saia ben.

      1.   Ter coidado de alguén ou dalgunha cousa. Ex: A irmá máis vella coidaba sempre os pequenos. Estaba coidando as ovellas na camposa. OBS: Pode empregarse seguido da preposición de (O can non coidou da casa e entraron os ladróns).

      2. Atender a un enfermo. Ex: Coidou a súa avoa durante toda a enfermidade. OBS: Pode empregarse seguido da preposición de (A enfermeira coida moi ben dos enfermos).

    3. Preocuparse polo propio estado físico. Ex: Desde o accidente cóidase moito máis.

    4. Defenderse dun posible perigo. Ex: Cóidate de non pasar máis por ese sitio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira oriental da ría da Coruña, no litoral da parroquia de Dorneda (concello de Oleiros), situada ao N da punta Boi de Cantos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atención de velar por unha cousa ou por unha persoa que está ao cargo de alguén. OBS: Xeralmente, úsase na expresión a coido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Depósito de praia, especialmente no litoral, formado por croios.

    2. coial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada do litoral da parroquia de Portocelo, situada no concello de Xove, que se estende ao O da punta Montecelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta e praia da beira setentrional da ría de Muros e Noia, no litoral da parroquia de Tal (concello de Muros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘cama’.

    VER O DETALLE DO TERMO