Coia Franco, Manuel
Escultor. Recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra que lle permitiu acudir á Academia de Bellas Artes de San Fernando (Madrid) ao tempo que traballou como axudante dun marmorista. Compartiu estudo en Madrid con Reimundo Patiño e relacionouse cos membros do grupo Brais Pinto. A súa obra caracterizouse polo enfrontamento entre a tradición artística e a artesá. Experimentou con troncos de árbore e outros obxectos, como os croios, e desenvolveu formas redondeadas, pulidas, flexibles e opulentas de perfecto acabado e marcada estilización da figura humana que o levaron a achegarse ao informalismo. A natureza e a cultura galegas, xunto ao tema da muller, son unha constante na súa obra. Esculpiu a imaxe da Virxe do Carmo da igrexa parroquial do Hío. Entre as súas obras destacan Loita, Home e Nacemento. No 2001 celebrouse en Vigo unha mostra que recolleu a súa traxectoria artística.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : O Hío, Cangas