"CY" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 139.

  • Xénero de herbáceas da familia das ciperáceas ao que pertencen as xonzas e as chufas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos da familia das solanáceas, de ata 3,5 m de altura, pubescentes e con follas en forma de corazón de ata 40 cm de lonxitude. Presentan flores recendentes, pentámeras, con forma de funil e de cor vermella, que dan lugar a froitos en baga alongada, de ata 7 cm de lonxitude e cor laranxa; estes cómense frescos ou cocidos e teñen sabor a tomate acedo. A especie C. betacea, orixinaria de Brasil e Perú, cultívase na rexión andina e noutras zonas subtropicais. En Galicia cultívase como ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos gasterópodos mariños da familia dos cipreidos ao que pertence o caurí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos ciprínidos ao que pertence a carpa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de ostrácodos no que as antenas sobresaen das dúas valvas que compoñen a cuncha e que usan para nadar. Cando se senten ameazados por un perigo adoitan repregar todos os seus membros e pechar hermeticamente as valvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político polaco. Dirixente socialista de Cracovia, desde onde participou na Resistencia contra a ocupación nazi. Secretario xeral do Partido Socialista Polaco (1945-1948), facilitou a unificación deste partido co dos traballadores (comunista) no Partido Obreiro Unificado polaco. Entre 1947 e 1970 ocupou o cargo de primeiro ministro, agás no período 1952-1954. Entre os anos 1970 e 1972 foi presidente do Consello de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra dramática escrita por Edmond Rostand en 1897. É unha traxicomedia estruturada en cinco actos e escrita en verso. Os catro primeiros actos desenvólvense no ano 1640 e o quinto en 1655. A figura de Cyrano serve de prototipo do heroe romántico que triunfa sobre as adversidades e consegue o amor da dama. O seu esaxerado nariz é un elemento fundamental no desenvolvemento do drama e ten un papel destacado. Cyrano ama a Roxanne, pero non se atreve a declararlle o seu amor por mor do seu defecto físico. Axuda a Christian de Neuvillette, un nobre cabaleiro sen enxeño, a conseguir tamén o amor de Roxanne escribíndolle cartas de amor para ela. Despois de casar con Roxanne, Christian morre na guerra e Cyrano non descobre o engano das cartas ata que nunha visita ao convento ela se decata. Finalmente, Roxanne confesa, mentres Cyrano agoniza, o seu amor por el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica francesa realizada en 1990. Foi dirixida por Jean-Paul Rappenau e interpretada por Gérard Depardieu, Anne Brochet, Vincent Pérez e Jacques Weber. Trátase dunha adaptación da obra teatral de Edmond Rostand, da que xa se fixeran outras versións anteriores, entre as que destacan a versión muda realizada en 1923 por Augusto Genina e protagonizada por Pierre Magnier; a realizada en 1945 polo francés Fernand Rivers; ou a dirixida en 1950 polo norteamericano Michael Gordon e protagonizada por José Ferrer, interpretación coa que gañou un Oscar ese ano. A versión de Rappenau destaca polo tratamento do tema amoroso e da relación indirecta entre Cyrano e Roxanne. Esta produción gañou un César na edición de 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo. Librepensador, gozou de considerable fama tanto polo carácter satírico dos seus textos como polo seu nariz grande. Foi autor de obras, como Mort d’Agrippine (A morte de Agripina, 1653) e Le Pédant joué (O pedante enganado, 1654); e de dous libros de ciencia fición, Histoire Comique des États et Empires de la Lune (Historia cómica dos estados e imperios da Lúa, 1656) e Histoire Comique des États et Empires du Soleil (Historia cómica dos estados e dos imperios do Sol, 1661), onde realiza unha crítica das institucións sociais e políticas do seu tempo. Foi inmortalizado por Edmond Rostand na obra homónima, Cyrano de Bergerac (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía norteamericana fabricante desde o ano 1992 de microprocesadores, coma o MII. A partir de 1997 converteuse en subsidiaria da compañía National Semicondutor Corporation.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da familia das agaricáceas. Presentan cogomelos a xeito de sombreiro de ata 5 cm de diámetro, de cor ocre ou acastañada amarelada, con láminas densas e brancas que se tornan ocres ao madurecer; o pé ten a mesma cor ca o sombreiro e presenta un anel no terzo superior que continúa nunha cuberta escamosa. En Galicia está presente a especie C. amianthinum debaixo de piñeiros e queiroas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fentos perennes, da familia das atiriáceas, de rizoma curto con páleas anchas de cor acastañada, indusios ovados unidos pola marxe á folla que protexe os soros circulares; frondes glabras, de menos de 40 cm de altura, e bipinnadas de xeito simétrico. En Galicia están presentes, en ambientes húmidos e sombrizos, as especies C. dickieana, C. fragilis e C. viridula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas pardas, da familia das cistoseiráceas, con aspecto de mata, de máis de 15 cm de lonxitude, formado por talos de consistencia coriácea con aerocistes. No infralitoral e en cubetas do litoral inferior da costa galega están presentes as especies: C. fibrosa, que acada os 150 cm; e C. tamariscifolia, de ata 60 cm, con iridiscencia azulada baixo a auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das raflesiáceas ao que pertence a apóutega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos da familia das fabáceas ao que pertencen os codesos, os piornos e as xestas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos zeidos ao que pertence o sanmartiño rosado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei que expresa a permeabilidade dos solos ao relacionar o volume (V) de auga que atravesa unha superficie (S) nun tempo determinado (t) coa caída da presión por unidade de lonxitude (Kp/Kl) segundo a ecuación: V(S·t)= K(Kp/Kl), na que K é o coeficiente de permeabilidade, que depende do material.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo inglés. Catedrático de Botánica da Oxford University desde 1953, fixo numerosas investigacións sobre citoloxía, xenética e evolución. Da súa obra destacan Evolution on Genetic Systems (Evolución sobre sistemas xenéticos, 1958), Genetics and Man (A xenética e o home, 1964), Cytology (Citoloxía, 1965) e The Little Universe of Man (O pequeno universo do home, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos anátidos, ao que pertencen os suirirís.

    VER O DETALLE DO TERMO