Cystoderma
Cystoderma
[FUNGO]
Xénero de fungos da familia das agaricáceas. Presentan cogomelos a xeito de sombreiro de ata 5 cm de diámetro, de cor ocre ou acastañada amarelada, con láminas densas e brancas que se tornan ocres ao madurecer; o pé ten a mesma cor ca o sombreiro e presenta un anel no terzo superior que continúa nunha cuberta escamosa. En Galicia está presente a especie C. amianthinum debaixo de piñeiros e queiroas.