Cystopteris
Cystopteris
[PLANTA]
Xénero de fentos perennes, da familia das atiriáceas, de rizoma curto con páleas anchas de cor acastañada, indusios ovados unidos pola marxe á folla que protexe os soros circulares; frondes glabras, de menos de 40 cm de altura, e bipinnadas de xeito simétrico. En Galicia están presentes, en ambientes húmidos e sombrizos, as especies C. dickieana, C. fragilis e C. viridula.