"Cere" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 99.
-
-
Que está feito ou contén cera.
-
Que ten unha cor ou un brillo semellante ao da cera.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción do s XVII situada en Santa María de Cereo (Coristanco). Trátase dun edificio de planta rectangular mandado construír por Xoán de Ayala, señor dos cotos de Sabuceda e Ramiscal, e a súa dona, Francisca de Caamaño. Conserva un brasón na portada de acceso ao recinto.
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Vologda, Rusia, situada á beira do río Šeksna e do lago Rybinsk ou Rybinskoje Vodochranilišče (319.550 h [1995]). É un importante núcleo industrial, no que destaca a elaboración de papel e a metalurxia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Local onde se traballa, garda ou vende cera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa da agricultura venerada en gran parte da antiga Italia. Asimilada á divindade grega Deméter, o seu culto introduciuse en Roma no 496 a C. Dedicóuselle un templo no Aventino que se converteu nun dos centros políticos e relixiosos dos plebeos. As Cerealia, festas agrarias con xogos, procesións e sacrificios, celebrábanse no seu honor do 12 ao 19 de abril.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asteroide máis voluminoso do Sistema Solar, que ten un diámetro de 1.003 km, un semieixe maior da órbita de 2,77 UA e un período de revolución de 1.681 días. Piazzi descubriuno en 1801, feito que o converteu no primeiro asteroide coñecido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura de hidrocarburos de composición complexa, moi resistente á oxidación, que se emprega como substituto das ceras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles mariños da familia dos notosáuridos. Propios do Triásico, acada os 4 m de lonxitude e ten as patas transformadas en aletas. Os xacementos máis importantes están en Europa.
-
-
Relativo ou pertencente aos ceretanos.
-
Individuo do pobo prerromano dos ceretanos.
-
Pobo prerromano dos Pireneos orientais, establecido no actual territorio da Sardeña. O seu centro foi a poboación que os romanos denominaron Iulia Livica, actual Llivia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos da familia das cactáceas de talo cilíndrico e groso, de máis dun metro de altura, sen ramificacións, con 5 ou 6 costelas arredondadas, con aréolas de 4 a 7 espiñas de ata 5 cm de lonxitude e sen gloquidios. As flores son sésiles e alaranxadas de ata 15 cm de longo, e teñen forma de funil. En Galicia está presente, como ornamental, a especie C. uruguayanus, orixinaria do S de América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe castelá, natural da vila burgalesa de Medina de Pomas. Estendeuse por Galicia, La Rioja, Jaén, Sevilla, València e unha rama pasou a Ecuador. As súas armas levan escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de ouro, cunha cerdeira de sinople; segundo e terceiro cuartel, en campo de azul, con tres flores de lis de ouro.
-
PERSOEIRO
Político. Membro da Democracia Cristiana Guatemalteca (DCG), foi presidente de Guatemala entre 1986 e 1991. Iniciou conversas coa guerrilla, pero, ante a presión da extrema dereita e do exército, acabou por impoñer unha política represiva.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, fillo e discípulo de Mateo Cerezo o Vello. Estableceuse en Madrid no 1641 e traballou no obradoiro de Juan Carreño de Miranda. O seu estilo caracterízase polo colorido e pola beleza das figuras. Da súa obra destaca Desposorios místicos de Santa Catalina (1660), os temas franciscanos plasmados na Aparición de la Virgen a San Francisco (1661), os temas da Madalena reflectidos en Magdalena penitente (1661), e as naturezas mortas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e animador teatral. Logo de colaborar con Jacques Copeau, Charles Dullin e Louis Jouvet, formou unha compañía non profesional coa que investigou a improvisación, a dramatización e o xogo dramático, procedementos que utilizou nas súas propostas de creación de grupos de teatro para a infancia e a mocidade. Foi un dos promotores da regularización da docencia da Expresión Dramática, mesmo publicou en 1936 un libro pioneiro no ámbito do teatro e da educación: Jeux dramatiques dans l’éducation. Introdution a une mêthode (Xogos dramáticos na educación. Introdución a un método).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santa Comba baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobiliar situada en San Pedro de Cícere. Fundouna o primeiro señor de Cícere, don Gómez da Costa, e a súa dona Leonor Gómez Prego de Montaos. Construído entre os ss XVI-XVII, ten planta rectangular e conserva nas fachadas dous escudos labrados coas armas dos seus propietarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se designa a un animal imaxinario que se utiliza para burlarse das persoas que pretenden cazalo. Ex: É tan parvo que unha noite intentou cazar un cocerello.
-
PERSOEIRO
Xeógrafo e naturalista. Foi catedrático de Agricultura no Instituto de San Isidro de Madrid. É un dos fundadores da moderna xeografía española. Destacan as súas obras Resumen fisiográfico de la Península Ibérica (1922) e Regiones naturales de España (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de descerebrar.
-
-
de descerebrar.
-
Que ou quen non está ben da cabeza ou se comporta como tal.
-