"Cres" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 80.

  • GALICIA

    Galeguista e promotor cultural. En 1909 trasladouse a Uruguay, onde se relacionou cos representantes do galeguismo, entre outros con Manuel Meilán, Ramón Antelo e Francisco Rial, cos que participou nos parladoiros do café Tupí Nambá de Montevideo. Foi un dos fundadores da Irmandade Galega do Uruguay e de Galeuzca. Presidiu a comisión xestora dunha escola pública que levaba o nome de Galiza e o Centro Gallego. Cultivou o debuxo e a escultura. O Padroado da Cultura Galega galardoouno en 1973 coa Vieira de Prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escolla de fragmentos literarios, especialmente para seren usados na aprendizaxe dunha lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, escritor e xornalista. Estudiou dereito e diplomacia na Universidad de Madrid. A súa primeira colaboración xornalística foi no periódico La Reforma, de Madrid, e no diario El Progreso, de Pontevedra, onde publicou o artigo “Pontevedra juzgada por su naturaleza”. En 1886 foi redactor de La Patria. Ao ano seguinte fundou a revista La Ley, que se editou ata a súa morte. Foi membro correspondente da Sociedad Arqueológica de València, socio da Economía Matritense e da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela, e socio de mérito do Centro Gallego de La Habana. Escribiu Clases pasivas civiles y militares, El derecho de las clases pasivas e El procedimiento administrativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Industrial e político. Despois de cursar estudos de Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, ocupou, en 1973, o cargo de concelleiro da corporación municipal de Lalín. Tras a celebración das primeiras eleccións municipais democráticas (1979), foi elixido alcalde de Lalín, cargo que desempeñou durante once anos. Foi deputado do grupo parlamentario popular no Congreso de los Diputados pola circunscrición electoral de Pontevedra (1983 e 1989) e presidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1987-1989). Nas eleccións autonómicas de 1989 obtivo a acta de deputado, cargo que renovou nos comicios posteriores de 1993, 1997 e 2001.
    En 1987 converteuse en vicepresidente-coordinador do grupo parlamentario popular no Parlamento de Galicia. En febreiro de 1990 o Presidente da Xunta nomeouno conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, departamento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución da intensidade dun son ou de varios sons musicais. Indícase co signo >.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • descrenchar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de encrespar ou encresparse.

      1. Aplícase ao gato alombado e cos pelos tesos.

      2. Aplícase ás ondas de azul e prata que semellan o mar, cando en lugar de ondas presentan picos.

      3. Aplícase á estrela con riscos entre os seus raios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de encrespar ou de encresparse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. encrechar.

    2. Levantar ou rizar a superficie da auga.

    3. Axitarse ou alborotarse as ondas do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Profesor de lingua e literatura galegas, colaborou en distintas publicacións e xornais (Dorna, Grial, Bonaval, Nordés, Diario 16 de Galicia) e foi un dos promotores do grupo poético Cravo fondo. Da súa produción destaca As cidades da nada (1983), Designium (Premio da Crítica e Premio Losada Diéguez 1984), Pensar na tempestade (1986), O retornado (Premio Modesto R. Figueiredo 1986), Pasa un segredo (Premio da Crítica Española 1988), Catro novelas sentimentais (1988), As regras do xogo (1990), Aves de paso (1990), Escolma poética (1991), As lúas suburbanas (1991), Adeus norte (Premio Esquío 1991), Fermín Bouza-Brey e a súa obra literaria (1992), Os leopardos da lúa (1993), Soños eternos (1994), Luz do mediodía (1995), As bandeiras do corsario (1995), Ámbito dos pasos (1996), O cazador de libros...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ocución de orixe italiana que significa ‘en aumento’.

    2. crescendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da Magna Grecia, a uns 3 km da actual Locri, fundada en 673 a C por colonos gregos que procedían da Lócrida. Aliouse con Aníbal despois da Batalla de Cannas e foi conquistada por Escipión en 205 a C. Durante o Imperio foi unha pequena vila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Membro dunha familia de ourives composteláns de orixe francesa, iniciouse co seu pai Claudio Pecul Montenegro e traballou cos seus irmáns Claudio, Xacobe, Xoán e Cristovo. De estilo neoclásico, realizou unha Inmaculada Concepción para o altar maior e unha Santa Tareixa para a capela das Reliquias, ambas na catedral de Santiago de Compostela. En 1799 nomeárono académico de mérito da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando onde obtivera en 1787 o premio de gravado en oco pola medalla La unción de David por Samuel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Videferre (Oímbra). O seu cumio acada os 867 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roque Miguel Silvestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Crespos, capital do concello de Padrenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Comprometeuse coa lingua a través da escrita de diversos poemas e a colaboración en publicacións, como Follas Novas, A Gaita Gallega, Galicia Humorística, A Monteira e O Tío Marcos d’a Portela. Na súa obra aparecen nomeados moitos dos escritores galegos da época, algúns deles amigos seus. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como rexistrador da propiedade en diferentes localidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Solla, desde 1950 residiu en Mar del Plata (Arxentina). Foi un autor imaxinativo, lírico, coñecedor das tradicións artísticas europeas e da arte autóctona hispanoamericana. A súa evolución tivo dúas etapas, separadas por un período (1976-1978) en que foi bolseiro no Centro Iberoamericano de Cooperación en España para realizar estudos sobre a arte románica e gótica, e unidas baixo o fío condutor de Palmira (El sueño de Palmira, 1983; Palmira y los pájaros, 1988; Palmira con recuerdos, 1989). Entre 1960 e 1976 desenvolveuse a primeira etapa ou Serie Branca, poscubista (Astillero, 1975; Composición con lanchas, 1976), en que renunciou á figuración tradicional para mergullarse na vangardista, dando especial protagonismo ás formas e ás cores. Na segunda etapa ou Serie Románica (1978-2001), manifestou o seu interese pola arte románica que estudara en España. Escureceu a súa paleta e recreou un mundo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación entre dous organismos con beneficio só para un deles porque ese último se aproveita do cadáver do outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Licenciado en Teoloxía pola Universidad de Comillas e titulado en xornalismo (1967), traballou en publicacións periódicas, como Nuevo Diario e Chan. Colaborou na revista Spes e nos servizos informativos de TVE (1974), onde foi director do Centro de TVE en Galicia (1979) e responsable do programa “Gaceta cultural” (1981). Tradutor de textos clásicos e da obra de Escrivá de Balaguer Camino, publicou La España ausente (1971), Quién es quién en la Iglesia española (1978), A Comarca do Deza (1989) e Vila de Cruces: la tierra de Carbia (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO