"EGU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 415.

  • PERSOEIRO

    Realizador e técnico cinematográfico. Foi o rival de Méliès, xa que inventou un gran número de efectos especiais como o traveling, que introduciu por primeira vez na película Cabiria, a coloración manual dos filmes e as trucaxes. En 1910 fundou a súa propia produtora. Entre as súas películas destacan: Los guapos del parque (1905), Voyage à la planète Jupiter (Viaxe ao planeta Xúpiter, 1907), Mars (Marte, 1908) ou Voyage au centre de la Terre (Viaxe ao centro da Terra, 1909). Rematou a súa carreira en Francia, onde colaborou no Napoleón de Gance.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Seguro dun mesmo risco contratado por máis dun asegurador no que cada un dos que contrata responde pola súa participación, non pola dos outros coaseguradores entre os que non hai obriga solidaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moverse en zigzag igual ca unha cobra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Organización para a Seguridade e Cooperación Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode conseguir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de conseguir.

    2. Que está ben feito ou rematado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se deriva ou é consecuencia de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chegar a ter ou facer o que se pretende.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [CRAE] Organismo que controla e protexe os produtos agrarios producidos de maneira ecolóxica ou orgánica, obtidos cunha elevada calidade e con ausencia de produtos químicos sintéticos (como moitos pesticidas e fertilizantes, que poden dar lugar a residuos nocivos) ou outras prácticas agresivas co contorno. Ampara tanto a produción primaria coma os produtos elaborados nas explotacións inscritas neles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo da ONU creado en 1946 coa misión de garantir a paz e a seguridade internacionais. En casos de agresión ou violación da paz, o capítulo VII da Carta das Nacións Unidas recoñécelle o dereito de aplicar accións coactivas, que se poden concretar en sancións de carácter económico ou medidas militares. Formado por quince membros, as súas decisións sobre cuestións importantes poden ser vetadas polo voto negativo dalgún dos cinco membros permanentes: China, EE UU, Francia, Reino Unido e Rusia. Os outros dez membros elíxeos a Asemblea Xeral para períodos de dous anos e repártense segundo criterios xeográficos: correspóndenlle cinco a Asia, África e Oriente Próximo, dous aos países occidentais, dous a Latinoamérica e un a Europa oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo que exerce as funcións de control e que garante a especificidade e a calidade na maioría das denominacións protexidas de produtos agroalimentarios. Como norma común supervisa, para todos os elaboradores inscritos nunha determinada denominación, que todas as fases do proceso produtivo se axustan ao detallado na normativa específica e protexe aqueles produtos que cumpren estas condicións, de acordo coas características finais esixidas -para o que se realizan, en moitos casos, análises químicas- e, principalmente no caso dos viños, superan un exame organoléptico. Aos produtos avaliados, como norma xeral, concédeselles unha etiqueta identificativa numerada. En Galicia, contan cun Consello Regulador as Denominacións de Orixe: Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei, Ribeira Sacra e Queixo Tetilla; e as Denominacións Específicas: Orujo de Galicia, Lacón Gallego e Ternera Gallega. Os Órganos Rectores da Denominación de Orixe Queixo de Arzúa-Ulloa e dos Produtos Galegos de Calidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contrato de seguro no que o asegurador se compromete a reembolsarlle ao tomador as primas que aboou no caso de concorrer certas circunstancias, como que o asegurado non obteña o beneficio agardado no contrato de seguro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Tratados de Reaseguro Pacto asinado entre Alemaña e Rusia o 18 de xuño de 1887 cunha duración de tres anos. Por unha banda, Rusia garantía a súa neutralidade se se desencadeaba un conflito entre Francia e Alemaña e, pola outra, Alemaña comprometíase a soster diplomaticamente a Rusia na cuestión búlgara e na referente aos estreitos do Bósforo e dos Dardanelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos da familia das rosáceas ao que pertencen os estripeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ferreiriño cristado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino procedente do xermánico Kunigunt (latinizado en Cunigundis), composto de *kunni ‘familia, estirpe’ e *gunth- ‘combate, batalla’. Existen dúas santas con este nome: santa Cunegunda de Luxemburgo (ss X-XI), emperatriz xermánica, que se celebra o 2 de marzo, e santa Cunegunda ou Kinga (s XIII), raíña de Polonia, que se conmemora o 24 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • santa (978? - Kaufungen, Hesse 1040?) Emperatriz xermánica, filla de Sigfrido, conde de Luxemburgo. Casou co Emperador Enrique II o Santo (998), duque de Baviera e sucesor de Otón III, aínda que sempre gardou o voto de castidade. Trala morte do seu esposo (1024), retirouse á abadía de Kaufungen. Foi canonizada por Inocencio III no 1200. A súa festividade celébrase o 2 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Polonia, filla máis vella de Bala IV, rei de Hungría, e neta de Teodoro Lascaris, emperador de Constantinopla. Casou aos quince anos con Boleslao o Casto, rei de Polonia, pero non chegou a consumar o matrimonio. Consagrada á vida caritativa, dedicouse fundamentalmente a coidar enfermos nos hospitais. Logo da morte do seu marido (1279), retirouse ao mosteiro de Stary Sạcz. Alexandre VIII canonizouna no 1690. A súa festa celébrase o 24 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de degustar. Na industria alimentaria moderna utilízase para controlar a calidade dos produtos fabricados e para buscar novas combinacións. A degustación faise illando totalmente o degustador de influencias exteriores, mediante cabinas illadas, insonorizadas, con luz constante e sen sombra.

    VER O DETALLE DO TERMO