Consello de Seguridade das Nacións Unidas

Consello de Seguridade das Nacións Unidas

Organismo da ONU creado en 1946 coa misión de garantir a paz e a seguridade internacionais. En casos de agresión ou violación da paz, o capítulo VII da Carta das Nacións Unidas recoñécelle o dereito de aplicar accións coactivas, que se poden concretar en sancións de carácter económico ou medidas militares. Formado por quince membros, as súas decisións sobre cuestións importantes poden ser vetadas polo voto negativo dalgún dos cinco membros permanentes: China, EE UU, Francia, Reino Unido e Rusia. Os outros dez membros elíxeos a Asemblea Xeral para períodos de dous anos e repártense segundo criterios xeográficos: correspóndenlle cinco a Asia, África e Oriente Próximo, dous aos países occidentais, dous a Latinoamérica e un a Europa oriental.

Palabras veciñas

Consello de Galiza | Consello de Galiza | Consello de Rexencia | Consello de Seguridade das Nacións Unidas | Consello de Tutela | Consello do Reino | Consello dos Anciáns