Consello do Reino
Consello do Reino
Organismo político español creado pola Lei de Sucesión de 1947 que tiña como misión principal asesorar o xefe de Estado en asuntos transcendentais. Estaba formado por un presidente, que era o das Cortes, seis conselleiros natos e seis electivos. Entre outras atribucións, encargábase de presentar a lista de candidatos para presidente do goberno e de propoñer ás Cortes, de acordo co goberno, o sucesor do xefe de Estado en caso de incapacidade deste ou de morrer sen sucesión. Desapareceu cando se aprobou a Constitución de 1978.