"Egas" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 70.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Foz 13.12.1951) Xeógrafo e pedagogo. Catedrático de Didáctica das Ciencias Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, a súa dedicación profesional está relacionada coa formación inicial e continuada do profesorado. Publicou varias obras de carácter didáctico e xeográfico, das que destacan Valor y usos del suelo urbano en Lugo (1989), Os ríos galegos: morfoloxía e réxime (1992), en colaboración con F. J. Río Barja, Didáctica das ciencias sociais na educación infantil (1995) e La actividad humana y el espazo geográfico (2000).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro publicado por Valentín Lamas Carvajal en 1880 nos obradoiros tipográficos de La Propaganda Gallega en Ourense, con 19 poemas. A segunda edición (1893) incluíu 21 composicións. Como autor contemporáneo de Rosalía, con esta obra consolidouse como continuador dos temas que a poetisa utilizaba nos seus versos, especialmente o costumismo. Os seus versos, marcados polo seu carácter civil, denuncia a miseria das xentes do campo e exalta a lingua galega. A eles súmanse outros máis descritivos, cheos de elementos humorísticos, e composicións en que defende os costumes e tradicións de Galicia. A proximidade ao mundo rural galego faise tamén evidente no emprego da lingua, chea de elementos dialectais e léxico popular.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado na Serranía de Ronda, na cordilleira Penibética (2.988 h [2001]). Destaca a elaboración de aceite e xabón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sindicato de base, democrático, progresista e independente. Inclúe, entre os seus principios de actuación, a defensa dos intereses sociais, económicos, profesionais e culturais dos labregos galegos; a democracia, como mecanismo de funcionamento interno; a independencia e soberanía propia na toma de decisións; e a autoorganización endóxena dos labregos a todos os niveis. As súas orixes atópanse nos Comités de Axuda á Loita Labrega organizados desde 1970 pola UPG e Cristiáns polo Socialismo, e Comisións Labregas (CC LL) que constituíron o primeiro núcleo en Ribadeo (1973) e reivindicaban a recuperación dos montes veciñais en mancomún e a abolición da cota empresarial da Seguridade Social Agraria. En 1976, despois da súa reorganización, CC LL publicaron un programa en que destacaban medidas coma o fomento do asociacionismo agrario e das cooperativas de produción e a dotación de estradas, auga e electricidade ás parroquias rurais. En 1977 CC LL reorientaron a súa estratexia e produciuse a refundación...
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao S da capital provincial, regado polo Genil (3.691 h [2001]). A agricultura de regadío é a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Fundou o estudo Contemporânea con Manuel Graça Dias en 1990 co que realizou, entre outras obras, o pavillón de Portugal na Exposición Universal de Sevilla (1992), a reconversión urbana do estaleiro da Lisnave en Almada e o novo campus da Universidade Egas Moniz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Dirixiu a Academia Española de Bellas Artes de ; Roma (1898-1901). Cultivou unha pintura orientalista, despois unha pintura de historia de tema veneciano. Destacan La coronación de la duquesa e El decálogo. Dirixiu o Museo del Prado (1901-1918) e foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e ensaísta cinematográfico. Fundador do Grupo de Escritores Cinematográficos Independientes (GECI), exiliouse en 1939 e residiu en Bos Aires, onde fundou e dirixiu o Centro de Estudios Cinematográficos (1950). Regresou a Madrid en 1953. Publicou Espectador de sombras. Crítica de films (1935), Arte de masas. Ruta de los temas fílmicos (1935), El cine: Magia y aventura del séptimo arte (1940), Cine de medio siglo. Crónica y crítica (1946), El cine en la sociedad de masas (1966) e Los grandes hombres del cine (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi coñecido pola miscelánea en prosa e verso Inventario (1565), onde recolle a novela mourisca Historia del Abencerraje y la hermosa Jarifa, que se lle atribúe e que tamén aparece intercalada na Diana de J. de Montemayor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Destacado precursor do neoclasicismo en España, foi autor das Eróticas o amatorias (1617-1618), composicións de métrica diversa, das que destacan as cantilenas e as anacreónticas, e versións de Horacio.
VER O DETALLE DO TERMO