"Eos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 123.
-
GALICIA
Médico psiquiatra. Profesor de psiquiatría da facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, foi coordinador da Unidade de Psicoxeriatría do Hospital Psiquiátrico de Conxo e membro da Sociedad Española de Psiquiatría, da Sociedad Española de Epidemiología Psiquiátrica, da Asociación Galega de Saúde Mental e da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. Escribiu Estudio de epidemiología psiquiátrica en la comunidad gallega, Suicidio e saúde mental e Demencia senil en Galicia: Epidemiología.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Afección ósea que se caracteriza por unha hiperostose e que ocupa toda a lonxitude dun membro, en forma de goteo ou de gotas de cera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema europeo de satélites meteorolóxicos xeoestacionais que se destinan a cubrir as necesidades específicas da comunidade meteorolóxica europea. Os seus obxectivos son a obtención de fotografías da Terra cada 30 minutos, a análise das nubes e as análises termométricas, higrométricas, radiométricas e anemométricas. O sistema Meteosat explótao comercialmente o Centro Europeo de Operacións Espaciais (ESOC). O Meteosat-1 foi lanzado pola ESA (European Space Agency) en 1977 e o Meteosat-6 está en órbita desde novembro de 1993.
-
PERSOEIRO
Poeta. Naturalizado polaco, na década de 1930 converteuse no autor máis destacado da vangarda poética polaca. A partir de 1951 exiliouse en París, onde sobreviviu como escritor independente, e dez anos máis tarde ocupou a cátedra de Linguas e Literaturas eslavas na Universidade de Berkeley, en California. Na súa obra reflicte a beleza do mundo e o horror de quen o habita. Publicou Zniewolony umysl (O pensamento cautivo, 1953), Zdobycie wéadzy (O poder cambia de mans, 1955), Gdzie wschodzi séońce i gdzie zapada (Alí onde se pon e sae o Sol, 1974) e To (2000). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor lituano. Naturalizado francés (1931), publicou narrativa, obras dramáticas e poesía, principalmente simbolista. Escribiu ensaios filosóficos, traballos de eséxese e estudos de antropoloxía histórica. Da súa produción destacan as obras Les poèmes des décadences (1899), L’amoureuse initiation (1910), Miguel de Mañara (1912), Ars Magna (1924) e La clef de l’Apocalypse (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Suco dun xeosinclinal, de tipo marxinal ou asimétrico, situado entre dous cratóns, con pouca subsidencia e onde en xeral non hai fenómenos magmáticos. Nas rexións máis próximas aos cratóns, xeralmente con características de ambiente xeotectónico de plataforma inestable, pódense orixinar formacións de dolomitas e evaporitas e, con maior frecuencia, arxilas e greses avermellados.
-
-
Aumento do número de leucocitos mononucleares, en valor absoluto e en relación cos outros tipos de leucocitos.
-
Enfermidade infecciosa, provocada polo virus de Ebstein-Barr, que se manifesta con febre, adenopatías cérvico-occipitais, esplenomegalia, inflamación amígdalo-farínxea e leucocitose linfomonocitaria atípica. Ten un curso agudo e benigno. O diagnóstico clínico confírmase mediante a proba de Paul-Bunnell. OBS: Tamén se denomina febre ganglionar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
neoarsfenamina.
-
-
Substancia en forma de pos brancos, inodoros, solubles en auga e menos solubles en alcohol, que se emprega en caso de íleo intestinal e para previr a atonía postoperatoria.
-
Análogo sintético da fisostigmina. É un inhibidor do enzima colinesterase. Emprégase como colinérxico no tratamento da atonía abdominal e na miastenia grave.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos enzimas que rompen o enlace entre a pentosa e a base nos nucleósidos. Poden hidrolizar tanto os nucleósidos pirimídicos, máis resistentes, como os nucleósidos púricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos compostos naturais formados pola combinación dun azucre, ribosa ou 2-desoxirribosa, e unha base purínica ou pirimídica. O enlace C-N entre a base e o azucre formado é N-glicosídico. Os nucleósidos da ribosa son parte integrante dos ácidos ribonucleicos (ARN), e os da desoxirribosa forman parte dos ácidos desoxirribonucleicos (ADN). Obtéñense a partir dos nucleótidos por eliminación do grupo fosfato e son facilmente separables e identificables por cromatografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síntese dos núcleos atómicos dos elementos máis sinxelos (hidróxeno e helio) nun proceso de temperatura moi elevada (da orde dun millón de kelvins). As reaccións de nucleosíntese son estudadas en astrofísica e tamén en cosmoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cromómero dun cromosoma, constituído por ADN e histonas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de oleoso.
-
-
Que ten aceite.
-
Que posúe a consistencia do aceite.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor maligno que se produce no tecido óseo e que se orixina nos osteoblastos da cuberta externa do óso. Afecta con maior frecuencia a nenos e adolescentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lesión que consiste nun engrosamento do óso e nun aumento da súa densidade, coa conseguinte diminución dos espazos medulares. Distínguense as osteoscleroses de carácter conxénito das secundarias, que poden ser debidas a intoxicacións por flúor, enfermidades renais crónicas ou procesos neoplásticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unión cirúrxica de fragmentos dun óso mediante parafusos, placas, cravos ou arames.
-
-
Relativo ou pertencente aos osteostráceos.
-
Peixe fósil da orde dos osteostráceos.
-
Orde de peixes fósiles, da clase dos ciclóstomos, que presentaban o corpo de 6 cm de lonxitude, coa cabeza e unha parte do tronco recubertas por un escudo cefálico, semellante a unha cuberta ríxida, con escamas poligonais. Habitaron desde o Silúrico Superior ata o Devónico en Europa, Asia e América do Norte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo da salinidade dunha masa de auga en relación aos sedimentos que se formaron nela nunha época da historia xeolóxica. Baséase en certos indicadores de natureza paleoecolóxica e xeoquímica.