"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

    1. Relativo aos devanceiros.

    2. Persoas que viviron nun tempo anterior con respecto á persoa que constitúe a referencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo escocés. Estudiou a dinámica das fallas, as intrusións ígneas, a alineación dos xistos e o vulcanismo; e deu unha primeira explicación das liñas de Becke, importante método da óptica mineral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta valenciano. Caracterizouse por un estilo renovador dentro do seu ámbito. Extraordinariamente prolífica, a súa expresión poética presenta dúas constantes, a morte e o sexo, aludindo con frecuencia á realidade cotiá. Foi autor, entre outras obras, do Llibre de les meravelles (1971), L’hotel París (1973) e Festas llunyanes. Tamén publicou uns volumes de Memòries.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Perda total ou parcial da sensibilidade acompañada ou non de perda de consciencia como consecuencia dunha enfermidade, dun traumatismo ou da administración dun anestésico.

      2. anestesia analxésica

        Utilización de analxésicos potentes (mórficos) en cantidades elevadas.

      3. anestesia combinada

        Administración de dous ou máis fármacos con cadansúa finalidade diferente co obxectivo de evitar os efectos tóxicos dun fármaco administrado en doses elevadas como, por exemplo, a asociación de barbitúrico, protóxido de nitróxeno e analxésico.

      4. anestesia disociativa

        Tipo de anestesia no que se produce a depresión cortical da consciencia e a excitación doutras áreas do sistema nervioso central. O fármaco máis empregado é a cetamina.

      5. anestesia endovenosa rexional

        Administración dunha solución de anestesia local inxectada endovenosamente previa isquemia e exsanguinación, segundo a técnica de Bier (1908), do membro superior ou inferior.

      6. anestesia local

        Anestesia practicada sobre unha zona superficial do corpo, ben aplicando o anestésico directamente sobre a pel ou a mucosa (anestesia superficial) ou ben realizando unha infiltración nos tecidos mediante unha agulla hipodérmica (anestesia por infiltración).

      7. anestesia locorrexional/de conducción

        Supresión da dor nunha zona determinada do corpo mediante a aplicación dunha solución anestésica en concentración adecuada na inmediata proximidade dun tronco nervioso ou dun nervio periférico. As drogas empregadas son os anestésicos locais. Dependendo do lugar onde teña lugar esta interrupción fálase de anestesia raquídea, epidural, paravertebral, intercostal, plexal, troncular e terminal ou por infiltración.

      8. anestesia potenciada

        Asociación de analxésicos e neurolépticos que consegue reducir notablemente as doses de anestésicos xerais necesarios para acadar unha profundidade anestésica adecuada.

      9. anestesia xeral

        Supresión da sensibilidade consciente con perda temporal e reversible da actividade funcional do sistema nervioso central, que se consegue mediante a administración dun anestésico. No ano 1846, Williams Thomas Morton anestesiou por primeira vez eficazmente a un paciente con éter sulfúrico. Dende aquela o procedemento anestésico ampliou considerablemente o seu campo e a súa eficacia. A anestesia pódese administrar por vía inhalatoria ou endovenosa. Por vía inhalatoria os anestésicos empregados son gases de estrutura química simple ou vapores de líquidos volátiles. A vía endovenosa ten a vantaxe de que proporciona unha indución rápida e un restablecemento con poucos trastornos. Actualmente a anestesia xeral xa non se concibe como a perda da sensibilidade dolorosa, senón que o termo se pode desglosar en catro compoñentes que son: hipnose ou sono anestésico, analxesia ou abolición da dor, protección neurovexetativa e relaxación neuromuscular. A tendencia a utilizar un fármaco...

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Administrar un anestésico, producir anestesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á anestesia ou aos anestésicos.

    2. Fármaco que fai posible a anestesia ao producir narcose, analxesia xeral, relaxamento e perda da sensibilidade consciente.

    3. Accidente provocado por un anestésico. Pode afectar o aparato circulatorio (fibrilación ventricular, hipotensión) ou o respiratorio (interrupción da respiración).

    4. Fármaco utilizado para producir anestesia local. O máis empregado inicialmente foi a cocaína, que posteriormente foi substituída sobre todo polos seus derivados como a procaína ou a tetracaína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éster etílico do ácido p-aminobenzoico. É un anestésico local pouco tóxico, de uso preferentemente externo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Médico especialista en anestesioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialidade médica que utiliza os métodos e as técnicas necesarias para que o paciente permaneza insensible á dor ou protexido ante unha agresión psíquica e somática en calquera situación que o requira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se encarga de administrar a anestesia durante unha operación cirúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino anglosaxón, o máis oriental dos da Heptarquía, fundado polos ingleses no s VI. Comprendía os actuais Condados de Norfolk, de Suffolk e parte dos Condados de Cambridgeshire e Essex.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio natural, declarado refuxio de caza, localizado na zona interna da ría de Corme e Laxe. Trátase dun complexo litoral formado por un esteiro parcialmente pechado por unha barra areosa, un sistema dunar e un conxunto de marismas, carrizais e xunqueiras. Destaca o interese ornitolóxico da área xa que nela aniña a píldora papuda e, ademais, constitúe un punto importante para a invernada ou o paso de limícolos, anátidos ou garzas. No outono, cando sopran ventos persistentes de compoñente O, poden presentarse aves de procedencia neártica divagantes, sobre todo limícolas, de orixe paleártica oriental ou neártica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa do concello de Cabana que aínda conserva algúns restos de orixe románica: o arco triunfal de medio punto, apoiado sobre columnas con capiteis vexetais, algúns con caras humanas. Polo exterior, atópanse varios canzorros no beiril. O edificio debeu ser construído cara ao final do s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra suízo. Dirixiu os concertos Kursaal de Montreux (1910-1914), os de Xenebra (1915) e diversas sesións dos ballets rusos de Diaghilev (1915-1923). Fundou e dirixiu a orquestra sinfónica da Suisse Romande (1918-1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estatuto de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na antiga Atenas, festa das flores e das almas celebrada ao comezo da primavera durante tres días. Durante os dous primeiros días celebrábase a festa en honra da vexetación e da alegría (neste momento probábase o viño novo); terceiro día, o dos khytroi, era de dó (neste momento cocíase o gran). De orixe moi antiga -é anterior á emigración xonia a Asia- e descoñecida, durante a época arcaica grega foi asimilada aos ritos dionisíacos. Os contratos de arrendamento e o pagamento dos salarios agrícolas contábanse a partir das antesterias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia que inhibe a enzima acetilcolinesterasa. Os anticolinesterásicos reducen a degradación enzimática da acetilcolina nas sinapses neuromusculares e, xa que logo, prolongan a súa acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evita a acumulación da cargas eléctricas estáticas.

    2. Composto que lle proporciona condutividade suficiente a superficies normalmente non condutoras para evitar que se acumulen cargas eléctricas estáticas, producidas por frición. De natureza química moi diversa, os antiestáticos empréganse para produtos téxtiles, plásticos, resinas, papel, coiro, etc, e diminúen ou evitan as dificuldades no manexo de certos obxectos, a atracción e a adherencia de pos e incluso o perigo de incendios. Poden incorporarse aos materiais ou aplicarse directamente sobre o obxecto xa rematado.

    3. Aplícase a aparellos destinados a converter o aire en condutor por ionización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é contrario ás normas da estética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a aquela substancia que bloquea ou modifica a acción dos estróxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO