anestésico -ca
anestésico -ca
(< anestesia)
-
adx
[QUÍM/MED]
Relativo ou pertencente á anestesia ou aos anestésicos.
Ex: Estes medicamentos anestésicos dórmente.
-
s
m
[QUÍM/MED]
Fármaco que fai posible a anestesia ao producir narcose, analxesia xeral, relaxamento e perda da sensibilidade consciente.
Ex: Receitáronlle uns anestésicos para o seu problema co sono.
-
accidente anestésico
[MED]
Accidente provocado por un anestésico. Pode afectar o aparato circulatorio (fibrilación ventricular, hipotensión) ou o respiratorio (interrupción da respiración).
-
anestésico local
[MED]
Fármaco utilizado para producir anestesia local. O máis empregado inicialmente foi a cocaína, que posteriormente foi substituída sobre todo polos seus derivados como a procaína ou a tetracaína.