"Estevo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 86.

  • Antigo mosteiro beneditino situado en Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín). A primeira proba documental da súa existencia é un documento de 921 do Rei Ordoño II no que se autoriza ao abade Franquila a reconstrución do mosteiro de Santo Estevo, pero puido exisir nos ss VI e VII. O Rei Afonso IX defendeuno fronte aos intereses de varios nobres e o mosteiro chegou a ter xurisdición sobre un extenso territorio. Incorporouse á Congregación de Valladolid en 1499 e no s XVI tivo entre os seus priorados a Santa Cristina de Ribas de Sil e San Vicente de Pombeiro, e acadou unha grande importancia económica ata a exclaustración de 1835. Acometeuse unha restauración do conxunto e en 2004 inaugurouse nas súas dependencias un Parador Nacional de Turismo. Realizado en estilo románico, ten elementos arquitectónicos que van desde o gótico e o renacentista ata o neoclásico. Das distintas dependencias que se conservan destacan os tres claustros. O Procesional ou dos Bispos, recibe este nome en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. Foi colexial de San Gregorio de Valladolid (1606) e prior dos conventos de Trianos, Gasteiz, Zamora, Toro e La Pasión, de Madrid. Escribiu Vida de la sierva de Dios Sor María de Sotomayor e Decisiones regulares de nuestra Religión y Provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Foi profesor de química na Academia Militar de Segovia e na Escuela Superior de Guerra. En 1890 marchou voluntario a Filipinas onde contribuíu á pacificación de Minolanao e posteriormente participou na Guerra de Independencia de Filipinas. Regresou en 1899 co grao de tenente coronel por méritos de guerra. Publicou Anomalías de los explosivos modernos (1809).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Rúa. Construída na primeira metade do s XVII e reformada no s XVIII, a súa orixe remóntase ata o s XII. Consta de tres naves divididas en pequenas capelas. A nave central cóbrese con bóveda de canón de madeira, apoiada en arcos faixóns tamén de madeira, e decórase con casetóns con motivos vexetais. A cúpula do cruceiro eríxese sobre pendentes e conta cunha lanterna que ten un pequeno balcón interior de madeira policromada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Caldas de Reis. De orixe románica, ten unha soa nave e ábsida de época posterior. A portada principal está formada por dúas arquivoltas tóricas apoiadas en dúas columnas e un arco semicircular sobre mochetas amodo de tímpano; e a portada sur ten unha arquivolta tórica apoiada en columnas, no tímpano está esculpido o Agnus dei coa cruz arcebispal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo priorado cisterciense, dependente do mosteiro de Santa María a Real de Oseira, que está situado en Rodeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sandiás. Construída polo mestre Bertomeu de Nosendo no s XVI, en estilo gótico tardío, anuncia as formas renacentistas. Ten unha soa nave e capela maior de planta cadrada, cuberta cunha bóveda de cruzaría. Conserva un retablo manierista de Francisco de Moure. No exterior destaca a portada de estilo manuelino, formada por dúas arcadas, a interior de arco rebaixado e quebrado, e a exterior de arco rebaixado liso. A torre é de planta cadrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Baralla. baixo a advocación de Santo estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Salceda de caselas. baixo a advocación de Santo estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballeda de Avia baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Carballeda de Avia. De estilo barroco, construíuse durante o s XVIII, sobre outra de época románica. Destaca a imaxe do santo na fachada principal. No seu interior atópanse pezas de ourivaría e imaxinaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pontenova baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Nogueira de Ramuín baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pantón baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENCORO

    Pantano creado coa construción dunha presa sobre o leito do río Sil, situado no Canón do Sil, no límite entre os concellos de Nogueira de Ramuín e Sober. Ten unha superficie de 549,13 ha e 40 km navegables, nun tramo do río onde está profundamente encaixado.

    VER O DETALLE DO TERMO