Santo Estevo, encoro de
Santo Estevo, encoro de
Pantano creado coa construción dunha presa sobre o leito do río Sil, situado no Canón do Sil, no límite entre os concellos de Nogueira de Ramuín e Sober. Ten unha superficie de 549,13 ha e 40 km navegables, nun tramo do río onde está profundamente encaixado.