"Eza" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 269.

  • Situada en Silleda, foi construída no s XIII polos señores de Deza. Sufriu o sitio de Berenguel de Landoira en 1320 e pasou a mans do cabido santiagués ata que os señores de Altamira a recuperaron e reclamaron o dereito de sucesión dos Deza. As Revoltas Irmandiñas deixaron pegada na fortaleza e, durante as loitas revolucionarias de 1846, o xeneral Rubín pasou a noite nela. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor occitano. Cultivou o teatro (Tracasson e autras peçotas, 1936) e intentou renovar os xéneros tradicionais con Contes e nhòrlas de Joan-de-la-Luna (1932). Escribiu tamén poesía bucólica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca de la Vega Alta del Segura, na Comunidad Autónoma de la Región de Murcia, preto do río Segura (31.680 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura, é o primeiro produtor mundial de melocotón. Outros cultivos importantes son as hortalizas e as oliveiras. Especial relevancia ten o sector da construción e dos servicios, centrado principalmente no pequeno comercio. Destacan o xacemento árabe de Medina Siyasa, a ermida do Santo Cristo del Consuelo e no centro urbano a basílica da Asunción do s XVIII, o edificio modernista do Mercado e o conxunto histórico do Balcón del Muro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista e historiador. Marchou ás Indias en 1535, viviu primeiramente nas rexións colombianas (1538-1547) e despois percorreu o Perú ata Potosí (1547-1550). Publicou Parte primera de la Crónica del Perú (1553) e, postumamente, Segunda parte de la crónica del Perú, que trata del señorío de los Incas y de sus grandes hechos de gobernación (1871) e Tercer libro de las guerras civiles del Perú (1949), obras onde achegou información sobre a cultura, a flora e a fauna andina e amazónica e os feitos dos conquistadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado en Santiago de Compostela entre xaneiro e abril de 1813, primeiro na imprenta de Los Dos Amigos e, despois, na de Manuel María de Vila. Defendeu firmemente as doutrinas absolutistas. Foi moi polémico, xa que acollía escritos de carácter político que despois criticaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen comeza algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar comezo a algo ou pasar a facer algunha cousa que se indica. Na tradición oral recóllense ditos como: “Comezar, case que é acabar. Comezar mal e acabar ben, poucos ollos o ven. Aínda non comezamos e xa acabamos. O que non se comeza nunca se acaba”.

    2. Ter comezo algunha cousa.

    3. Parte dunha acción na que se inicia algunha cousa ou primeiro momento dunha cousa que se desenvolve no tempo.

    4. Parte dunha cousa máis próxima no espazo con respecto a outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar comezo a algo ou pasar a facer algunha cousa que se indica. Na tradición oral recóllense ditos como: “Comezar, case que é acabar. Comezar mal e acabar ben, poucos ollos o ven. Aínda non comezamos e xa acabamos. O que non se comeza nunca se acaba”.

    2. Ter comezo algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • contraescaqueado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Portomarín. Pertenceu á encomenda de San Xoán de Portomarín. Da primitiva igrexa románica de finais do s XII só se conserva a porta principal con dúas arquivoltas de medio punto peraltadas, a maior apoiada sobre un par de columnas acobadadas e rodeada dunha chambrana de billetes en axadrezado. Os capiteis substituíronse nunha reforma posterior e non se conserva o tímpano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera cousa que é difícil de entender ou de resolver.

    2. Adiviña ou calquera pasatempo que require da intelixencia e do enxeño para resolvelo.

    3. Xogo que consiste en colocar pezas nunha orde e nunha posición determinadas para formar un debuxo ou unha figura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de cru, aplicado especialmente ás cousas difíciles de asumir ou de soportar por seren duras, violentas ou desagradables.

    2. Sensación de ardor localizada no exófago do tubo dixestivo que vai dende o estómago ata a gorxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Darbo da que se conservan algúns restos en estado ruinoso. Pertenceu ao señorío compostelán e menciónase na Historia Compostelana como refuxio dos inimigos, entre outros, de dona Urraca, Paio Gudesteiz e Rabinado Núñez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou estado de delgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de delicado.

    2. Comportamento dunha persoa delicada.

    3. Acción delicada que demostra atención ou amabilidade con alguén.

    4. Cousa que destaca pola súa calidade ou perfección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desavezar ou desavezarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer perder costumes ou hábitos a unha persoa ou a un animal.

    2. Perder os hábitos ou costumes adquiridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de descabezar.

    2. Que ten falta de tino ou xuízo.

    3. Aplícase a calquera figura coa parte superior seccionada, como unha árbore coa copa plana ou unha cabria co vértice cortado.

    VER O DETALLE DO TERMO