"FAI" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 71.

  • PERSOEIRO

    Trobador francés. Consérvanse del setenta poesías e algunha melodía, dun clasicismo convencional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión francesa propia da escola fisiocrática para designar a doutrina que preconiza a non intervención do estado na vida económica e defende o capitalismo e a libre competencia. Fai referencia ao principio segundo o que se se permite a libre actuación dos individuos no terreo económico, perseguindo cada un o seu interese persoal, actuará seguindo unhas leis inmutables polas que se establecerá unha harmonía económica natural. Esta idea foi retomada por Adam Smith e polos economistas clásicos británicos, e sintetizou o pensamento político liberal oposto ás monarquías absolutas e ao conservadorismo que defendían a liberdade económica, o constitucionalismo e a ausencia de intervención estatal no comercio exterior e nas prácticas mercantís. Esta teoría foi ampliada por economistas británicos como David Ricardo e John Stuart Mill. A finais do s XX rexurdiu debido as privatizacións industriais feitas polo estado e pola diminución do papel do sector público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘alfaiate e xastre’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paleontólogo estadounidense. Realizou unha clasificación dos réptiles fósiles e traballos sobre paleontoloxía dos mamíferos, e destacou polos seus estudos xerais sobre a evolución. Das súas obras destaca The Ages of Mammals (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e xeólogo escocés. Realizou investigacións mineralóxicas e propuxo unha moderna teoría da Terra, baseada na de James Hutton. Considerado un dos precursores da xeomorfoloxía, escribiu Elements of Geometry (1795) e Illustrations of the Huttonian Theory of the Earth (1802).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización pacifista xurdida en 1957 a partir dunha xuntanza convocada en Pugwash (Canadá), onde se reuniron 22 científicos internacionais preocupados pola paz. Estableceuse como o único canal de comunicación entre os dous bloques formados durante Guerra Fría, en materia de ameaza nuclear, desarme e seguridade global. Malia as profundas discrepancias políticas e ideolóxicas dos participantes, o seu éxito deu lugar a varias comisións permanentes de traballo. Desenvolve as súas accións en cuestións de seguridade mundial relacionadas con problemas de desenvolvemento e medio ambiente. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1995) xunto co presidente do seu consello, Joseph Rotblat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é alegre e divertido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza interior de abrigo que levaban as mulleres por debaixo da saia e coa forma desta. No traxe tradicional galego confecciónase con baeta e tamén se emprega como peza exterior. Neste caso leva como adorno unhas tiras horizontais de veludo na parte inferior. Polo xeral é de cor vermella ou amarela. No traxe coñecido como muradán é unha das pezas fundamentais, xa que se pon por debaixo do mantelo para que se vexa por detrás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uc de Sant-Circ.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi vigairo xeral de Madrid (1899) e xuíz auditor do Tribunal da Rota. Escribiu Emigración. Sus causas, efectos y remedios (1901), El autor de la Salve San Pedro de Mezonzo (1907) e Disolución del matrimonio rato (1921). Foi correspondente da Real Academia de la Historia e vicepresidente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival de rock celebrado en Bethel (New York) entre o 15 e o 18 de agosto de 1969. Con 450.000 asistentes, actuaron Jimi Hendrix, The Who ou Janis Joplin. Foi documentado por Michael Wadleigh no filme Woodstock (1970, Oscar ao mellor documental en 1971).

    VER O DETALLE DO TERMO