"FUE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 95.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado no sector sueste da provincia, no límite coa de Huelva (2.851 h [1996]). O territorio é moi accidentado por Serra Morena. Hai agricultura, gandería e industrias alimentarias (bebidas e embutidos). Do seu patrimonio cultural destacan o castelo del Cuerno e a igrexa de Nuestra Señora de los Ángeles (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Salamanca, Castela e León, situado no sector de poñente da provincia, no límite con Vilar Formoso en Portugal (1.520 h [1996]). De orixes prehistóricas, na Guerra da Independencia foi escenario da Batalla de Fuentes de Oñoro (1811). Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o xacemento rupestre de Siega Verde, a necrópole calcolítica da Finca de Hurtada e as pinturas murais románico-góticas da igrexa de Nuestra Señora de la Asunción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título señorial concedido en 1572 a Juana de Acevedo y Fonseca, señora de Cambados e muller de Pedro Enríquez de Acevedo y Álvarez de Toledo. Posteriormente pasou aos Zúñiga, aos Méndez de Haro, aos Álvarez de Toledo e finalmente aos Fitzjames-Stuart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Vicepresidente provincial do Instituto Nacional de Previsión, foi alcalde de Verín de 1942 a 1953, procurador en Cortes dos municipios de Ourense entre 1946 e 1953, e vicepresidente da Deputación provincial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Da súa produción cómpre destacar: Preludio matinal (1919), Oro de la amanecida. Ofertorio lírico (1920), Las linfas embrujadas. Motivos literarios (1924) e Salomé de Sar (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e diplomático. Licenciouse en Dereito pola UNAM e realizou estudios de posgrao en economía no Instituto de Altos Estudios Internacionais de Xenebra. Profesor de literatura en diversas universidades norteamericanas, colaborou na revista Medio siglo, cofundou e dirixiu a Revista Mexicana de Literatura e foi codirector de El Espectador. Así mesmo, fundou o Movimiento de Liberación Nacional del Comité Nacional de Auscultación y Organización. Da súa produción destacan Los días enmascarados (1954), La región más transparente (1958), La muerte de Artemio Cruz (1962), Aura (1962), Cambio de piel (Premio Biblioteca Breve 1967), Casa con dos puertas (1970), Tiempo mexicano (1971), Terra nostra (Premio Xavier Villaurrutia 1976 e Premio Rómulo Gallegos 1977), La cabeza de la hidra (1978), Gringo Viejo (1985), Cristóbal Nonato (1987), El naranjo o los círculos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista visual. Realizou instalacións nas que os distintos materiais, metais, motores, cables, plastilina, cristal e outros, realizan un diálogo co medio nos que están inscritos por medio destes, como A máquina que debuxa o infinito (1998), e dos sons, como Concerto para 6v. Opus 00 (1999). Participou, entre outras mostras, en ARCO 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zamora, Castela e León, situado ao S da provincia, no límite coa de Salamanca (1.896 h [1996]). Está drenado por diversos afluentes do río Guareña. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa María del Castillo (s XVI), o oratorio das clarisas (s XVI) e a igrexa de San Juan Bautista (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi catedrático de Dereito Romano nas universidades de La Laguna, Salamanca e Autónoma de Madrid. Colaborou, entre outras publicacións, en Anuario de Historia del Derecho Español e Revista de Derecho Notarial e foi autor, entre outras obras de, Lecciones de historia del derecho romano (1963), Derecho Privado Romano (1978). Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1999. En 2002 foi elixido membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘prata, bandexa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto legal que definía os dereitos e os deberes dos cidadáns do Estado español durante o Franquismo. Elaborado polas Cortes españolas, foi promulgado o 17 de xullo de 1945 e modificado o 10 de xaneiro de 1967. Era unha das Leyes Fundamentales que institucionalizaron o réxime de Franco. O exercicio dos dereitos non podía atentar á unidade espiritual, nacional e social de España, e a vixencia destes podía ser suspendida por decreto. Recoñecía como dereitos a seguridade persoal, a libre expresión de pensamento e a liberdade de reunión e asociación para fins lícitos, entre outros. Derrogouse coa Constitución de 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto legal que regulaba as condicións de traballo no Estado español durante o Franquismo. Promulgouse o 9 de marzo de 1938 e modificouse o 10 de xaneiro de 1967. Declaraba o mantemento da propiedade privada dos medios de produción, a intervención do Estado na fixación das normas de traballo e as remuneracións, e a prohibición dos sindicatos obreiros de clase. Derrogouse coa Constitución de 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ersións en romance do Forum iudicum ou Liber iudiciorum, feitas a partir do s XIII. Foi outorgado como foro municipal por Fernando III e Afonso X a distintas cidades andaluzas e murcianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Foi bibliotecaria no Instituto Internacional de Madrid e residiu nos EE UU ao obter unha bolsa Fullbright de Literatura Española, impartindo clases en diferentes universidades. De regreso a España, deu clases de español para americanos no Instituto Internacional e en 1972 obtivo a bolsa da Fundación March de Literatura Infantil, feito que lle permitiu dedicarse de cheo á literatura. Organizou a primeira biblioteca Infantil Ambulante para pequenas vilas e centrouse na literatura infantil. Participou na fundación do grupo Versos con Faldas (1947) e na revista Arquero, e colaborou nas revistas Maravillas, Chicas, Postismos, Cerbatana, Rumbos, Poesía Española e El pájaro de paja. Da súa produción destacan La princesa que quería ser pobre (1942), Isla ignorada (1950), Canciones para niños (1952), Prometeo (1952), Aconsejo beber hilo (1954), Todo asusta (1958), Que estás en la tierra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago das Canarias, ao SO de Lanzarote, illa da que está separada polo estreito de Bocayna (1.659 km2, 42.938 h [1996]). De orixe volcánica, ofrece un relevo montañoso, aínda que de escasa altitude (Jandía, 802 m). As rochas volcánicas e as cinsas ocupan a maior parte da illa, polo que é moi pobre e improdutiva. Puerto del Rosario é o seu núcleo máis importante. A agricultura e o turismo son as principais fontes de riqueza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Coñecido como Tono Galán, realizou, entre outros, estudios sobre o esmalte, o gravado e a caligrafía chinesa. A súa pintura caracterízase pola xeometrización baseada no construtivismo. Foi colaborador nas seccións humorísticas de diversos xornais galegos e traballou na restauración de retablos e vidreiras. Realizou exposicións na Coruña, Santiago de Compostela e Barcelona, e participou, entre outras mostras colectivas, no Foro Atlántico (1993) e na V Mostra Unión Fenosa (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Durante a Segunda República foi mestre en Tamallancos e foi un dos principais dinamizadores da ATEO e da súa revista Escuela del Trabajo. Destacou polas súas preocupacións filolóxicas e publicou artigos en La Zarpa (desde 1930), co alcume de Doctor Íñigo, e os folletos La investigación filológica, Las Jergas gallegas e Vocabulario típico panameño, no exilio en Panamá (desde 1941) . Foi un dos represaliados da revolución de outubro (1934) e pasou uns meses no cárcere. Durante o seu exilio en Venezuela foi profesor no Instituto de Cojedes, onde publicou o libro Historia de San Carlos de Cojedes. No terreo pedagóxico, centrou o seu interese nas cuestións didácticas e metodolóxicas dos militantes da ATEO. Dinamizou a formación do profesorado a través de Centros de Colaboración Pedagóxica, antes de que o propio ministerio os crease, e publicou series de artigos didácticos titulados “Por la Revolución didáctica” en Escuela del Trabajo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e crítico de arte. Catedrático na Universidad Central de Madrid e na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando, dirixiu a Calcografía Nacional e o Museo de Pintura del siglo XX de Madrid. Das súas obras destacan Breve historia de la pintura española (1934), Velázquez (1944), Antecedentes, coincidencias e influencias del arte de Goya (1946) e Zuloaga (1950). Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e a The Hispanic Society of America.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. A súa obra máis importante é a Historia General de España (1850-1859), en trinta volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Abordou o tema da revolución mexicana e destacou pola súa facilidade narrativa e a creación de personaxes. Publicou Campamento (1931), Tierra (1932) e Mi general (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO