"Gabriel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 93.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e realizador cinematográfico dinamarqués. Coñecido como Gabriel Axel, as súas longametraxes tiveron unha certa repercusión en diferentes festivais nórdicos e en Cannes. Destacan as súas comedias e unha serie de filmes sobre a Prehistoria, xunto co filme Babettes gaestebud (O festín de Babette, 1987, Oscar á mellor película estranxeira 1988), que é unha adaptación dun conto de Isak Dinesen. Dirixiu tamén Altid ballade (1955), Amour (1970), Prince of Jutland (1994) e Leïla (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de España (1701-1714), filla de Víctor Amadeo II de Sardeña. Casou en 1701 con Filipe V. Durante a ausencia do seu marido (1702), foi a gobernadora e lugartenente do reino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor, fillo de Antoni Maura i Montaner. Foi membro da Asamblea Nacional Consultiva de M. Primo de Rivera e ministro de Traballo e Prevención no goberno de Aznar (1931). Publicou os estudios históricos Historia crítica del reinado de Alfonso XIII durante su minoridad (1919), Bosquejo histórico de la ditadura (1930) e Vida y reino de Carlos II (1954). Foi membro da Real Academia de la Historia e da Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Pertenceu á escola de Leiden e trasladouse a Amsterdam en 1657. Discípulo de Gerrit Dou, a súa arte afastouse do concepto sobrio do inspirador da escola, Rembrandt, e pintou de xeito sentimental, con pinceladas de trazo amplo. Realizou temas de historia, retratos, bodegóns e escenas costumistas. Pintou O almorzo, Muller lendo unha carta e O galo morto (1650).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. A súa prosa poética, relacionada co modernismo, destaca pola rica elaboración da linguaxe nas detalladas descricións e polo tratamento da temporalidade. Publicou a súa primeira novela, La mujer de Ojeda, en 1901, pero non foi coñecido ata 1908, co relato “Nómada”. Publicou as novelas Las cerezas del cementerio (1910), El abuelo del rey (1915), Nuestro Padre San Daniel (1921) e El obispo leproso (1926), ademais de diversas coleccións de contos ou de impresións paisaxísticas, como Años y leguas (1928). Recibiu o Premio Mariano de Cavia de xornalismo (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Sobriño do tamén médico Gabriel Miró, foi primeiro médico da corte de Bretaña e da de Francia. Seu fillo, Francesc Miró, foi primeiro médico de Henrique II e de Carlos IX de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Sobriño do tamén médico Gabriel Miró, foi primeiro médico da corte de Bretaña e da de Francia. Seu fillo, Francesc Miró, foi primeiro médico de Henrique II e de Carlos IX de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lucila Godoy Alcayaga.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Coñecido como l’Ainé, especializouse na paisaxe de Île-de-France. A súa obra foi un antecedente estético do que foi a escola de Barbizon. Pintou Vue des coteaux de bellevue prise du parc de Saint-Cloud (1785?). O seu irmán, Jean-Michel Moreau (París 1741-1814), coñecido como le Jeune, foi debuxante e gravador, e traballou para o gabinete do rei e ilustrou obras literarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político zimbabwés. Politicamente, recibiu a influencia de Kwame Nkrumah. En 1960 tivo contactos coa Zimbabwe African National Union (ZANU). Encarcerado (1964-1974), coa ZANU acadou en febreiro de 1980 a maioría absoluta para o goberno presidido por el. En 1987, despois da introdución do sistema presidencialista, foi elixido novo presidente e confirmou o cargo nas eleccións presidenciais de marzo de 1990. Opúxose ao seu réxime desde o United Front (UF). As eleccións lexislativas de 1994 deron a vitoria á ZANU, e Mugabe foi de novo elixido presidente en 1996.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Gabriel Celaya, conviviu con Luis Buñuel, Salvador Dalí, F. García Lorca, J. R. Jiménez e Ortega y Gasset na Residencia de Estudiantes. Tras a Guerra Civil, onde combateu como republicano, militou no Partido Comunista de España. Considerado un dos máximos expoñentes da poesía social española, despois dunha longa paréntese escribiu unha obra abondosa, primeiro realista e despois experimental. Desta época destacan Marea del silencio (1935), asinada como Rafael Múgica; La soledad cerrada (1936, Premio del Centenario Bécquer), Tentativas (1946), Lo demás es silencio (1952), Paz y concierto (1953), Vía muerta (1954), Cantos iberos (1955), Poesía y verdad (1959), Versos de otoño (1963, Premio Altaya) e Poesías completas (1969). Máis tarde empregou a poesía como medio para unha toma de conciencia colectiva encamiñada cara a unha transformación da sociedade, como en La voz de los niños (1972), Buenos días, buenas noches (1976) ou Parte de guerra (1977). Tamén é autor de ensaios,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso franciscano. Estivo vinculado aos mosteiros de Salamanca e Monforte de Lemos. Da súa obra destacan Epicedio sacro panegírico a las inmortales memorias de la V. M. Sor Manuela de la Trinidad... (1696) e Apología de confesores y predicadores regulares... (1702).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político sueco, conde de Korsholm e Vasa. Negociou a Tregua de Oliva (1659-1660) e a Paz de Nimega (1678). Concertou cos Países Baixos o Tratado da Haia (1681) que cambiou a política de alianzas anteriores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. As súas obras amosan unha preocupación pola integración no contorno urbano e xeográfico, amodo de restos arqueolóxicos dunha futura civilización. Reflite unha peculiar xeometría, que lle proporciona á escultura un carácter inédito. Inicialmente traballou co bronce e co ferro, despois incluíu o vidro e a escuma de poliuretano. Da súa produción destaca Mite.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Foi alumno de Massenet e de C. Frank. Compuxo óperas, como La coupe enchantée (1895), oratorios, a obra Paysages franciscains (1920), para orquestra, o ciclo de cancións Six ballades françaises (1921), o ballet Cydalise et le Chèvre-Pied (1923) e composicións para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e político. Formado na Escola Naval Militar, en 1929 acadou o cargo de tenente de navío e en 1967 o grao de contraalmirante e foi xefe da división orgánica do Estado Maior da Armada e segundo xefe do Estado Maior. En1972 foi nomeado almirante e xefe de Estado Maior das Forzas Armadas. Ministro da Mariña desde 1973, á morte de L. Carrero Blanco foi confirmado no cargo por C. Arias Navarro (1974), e permaneceu nel ata 1977, ano en que dimitiu despois de que Alfonso Suárez legalizase o Partido Comunista de España. Durante as ausencias dos ministros do Exército e do Aire, ocupou o ministerio de xeito interino (1973-1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cirurxián. Fundou o Institut Orthopédique de Lyon e en 1853 inventou a xiringa que leva o seu nome, para inxeccións hipodérmicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Membro do corpo facultativo superior de Arquivos da Xunta de Galicia, foi xefe do servizo de Museos e Arquivos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (1988-1994) e xefe de sección do Arquivo do Reino de Galicia (1994-1996), que dirixiu desde 1996. Das súas publicacións destacan Evolución dunha estrutura agraria na Galicia interior: a terra de Viana do Bolo, 1600-1820 (1988), Real Audiencia de Galicia: catálogo de expedientes de veciños (2002) e Arquivo renovado: Arquivo do Reino de Galicia: exposición (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sociolingüista. Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela (2001), é profesor de sociolingüística hispánica na University of Wisconsin-Milwaukee (EEUU); anteriormente ensinara lingua e cultura galegas no Queen’s College da University of Oxford e na University of Birmingham (Inglaterra). As súas principais áreas de investigación son a historia da lingüística e a sociolingüística galegas. Participou na elaboración do Mapa Sociolingüístico de Galicia e dirixiu diversos estudos sociolingüísticos galegos. Ademais de ser coautor de diversos libros, publicou A lingua galega na cidade (século XX): unha aproximación sociolingüística (2005) e é coeditor do Manual de Ciencias da Linguaxe (2000). Así mesmo, codirixe a lista de discusión sobre estudos galegos do González-Millán Group for Galician Studies (http://www.jiscmail.ac.uk/lists/Galician-studies.html) e é membro da xunta directiva da Asociación Internacional de Estudos Galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora alemá. Autora de diversos dramas teatrais e ensaios, as súas novelas, de tipo naturalista, enmárcanse dentro do movemento feminista da época, como Aus guter Familie (De boa familia, 1895) e Das Tränenhaus (A casa das bágoas, 1909).
VER O DETALLE DO TERMO