Pita da Veiga e Sanz, Gabriel

Pita da Veiga e Sanz, Gabriel

Militar e político. Formado na Escola Naval Militar, en 1929 acadou o cargo de tenente de navío e en 1967 o grao de contraalmirante e foi xefe da división orgánica do Estado Maior da Armada e segundo xefe do Estado Maior. En1972 foi nomeado almirante e xefe de Estado Maior das Forzas Armadas. Ministro da Mariña desde 1973, á morte de L. Carrero Blanco foi confirmado no cargo por C. Arias Navarro (1974), e permaneceu nel ata 1977, ano en que dimitiu despois de que Alfonso Suárez legalizase o Partido Comunista de España. Durante as ausencias dos ministros do Exército e do Aire, ocupou o ministerio de xeito interino (1973-1977).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol

  • Deceso

    Lugar : Madrid