"Homo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 99.

    1. Relativo ou pertencente aos homópteros.

    2. Insecto da suborde dos homópteros.

    3. Suborde de insectos exopterigotos da orde dos hemípteros con pezas bucais picadoras e chuchadoras en forma dun aguillón dobrado en repouso baixo o tórax. Posúen dous pares de alas membranosas. Nútrense de zumes vexetais e son hemimetábolos. Os que habitan sobre plantas cultivadas (o pulgón e a cochinilla) son nocivos para a agricultura e a xardinería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade dun sistema de raíces no que non hai unha principal que se diferencie das outras. É característica das monocotiledonias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que estudia a homosexualidade en todos os seus aspectos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen sente atracción sexual cara a individuos do mesmo sexo.

    2. Que é propio do individuo que sente atracción sexual cara a individuos do mesmo sexo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atracción sexual por individuos do mesmo sexo. Se se dá entre mulleres tamén recibe o nome de lesbianismo, safismo ou tribadismo, e entre homes o de sodomía. Sobre as causas da homosexualidade existen diversas teorías, como a teoría xenética , que propón que a orientación sexual vén ditada por un xene situado nunha das parellas de cromosomas non sexuais (do que non hai probas); a teoría hormonal , segundo a cal a homosexualidade débese a un desequilibrio de hormonas no feto (non hai probas físicas), e a teoría da psicanálise , segundo a que a homosexualidade se debe a unha falta de madureza, ou a unha influencia externa durante as etapas críticas do desenvolvemento da personalidade. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. homosexualidade.

    2. Movemento que propugna a liberalización das relacións homosexuais. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona da atmosfera máis próxima á terra que comprende a troposfera, a estratosfera e a mesosfera, e que se caracteriza pola homoxeneidade da mestura dos principais constituíntes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase, en glosemática, á función que se establece entre dous elementos que pertencen a un mesmo sintagma, como pode ser a relación entre o xénero e o número no substantivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción dunha soa clase de esporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos organismos con homosporia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos liques que teñen os conceptáculos da mesma natureza co talo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade característica de moitos fungos o micelio dos cales non presenta ningunha clase de diferenciación sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de que estratos xeolóxicos afastados entre si conteñan os mesmos fósiles. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación xeométrica do plano ou do espazo que cumpre estas dúas condicións: calquera punto A e a súa imaxe A’ están aliñados cun punto fixo O chamado centro de homotecia, e os segmentos OA___ e OA___’ cumpren a relación OA___´ = kOA     ___, k sendo, para cada homotecia, unha constante real denominada razón da homotecia. As homotecias transforman rectas en rectas, circunferencias en circunferencias e conservan os ángulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terminación igual de membros dun mesmo período.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • homeotermia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás figuras entre as cales se pode establecer unha homotecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desenvolvemento dun órgano nun lugar do organismo onde normalmente hai outro órgano.

    2. Identificación da forma ou da cor de certos organismos co medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta homotipia.

    2. Aplícase aos órganos pares e simétricos segundo o eixe do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO