"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do que é amovible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Penicilina semisintética. Antibiótico de amplo espectro, derivado hidroxilado da ampicilina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico semisintético derivado do ácido 6-aminopenicilánico (núcleo da penicilina). Ten aspecto de pos brancos, cristalinos, medianamente solubles en auga. É activo fronte á maioría dos xermes patóxenos tanto grampositivos como gramnegativos. Elimínase polos ouriños e pola bile.
-
PERSOEIRO
Físico norteamericano. Traballou, especialmente, na física do estado sólido e estudiou a relación entre supercondutividade, superfluencia e láser, o efecto Josephson e os semicondutores amorfos. No 1977 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto cos seus compañeiros J. H. Van Vleck e sir N. F. Mott, concedido polas súas contribucións ao estudo do comportamento dos electróns nos sólidos magnéticos non cristalinos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade das plantas anemófilas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección a Inglaterra ou aos seus habitantes.
-
-
Que pertence á orde dos anguílidos.
-
Peixe da familia dos anguílidos.
-
Familia de peixes da orde dos angüiliformes á que pertence a anguía.
-
-
-
Dunha forma semellante á da anguía.
-
Peixe da orde dos angüiliformes.
-
Orde de peixes osteitios, que comprende individuos de corpo moi alongado, serpentiforme, coas aletas de consistencia branda e pel moi viscosa. Fáltanlles as escamas ou, se as teñen, están moi pouco desenvoltas. Carecen de aletas pelvianas e algunhas especies, coma as moreas, non teñen aletas pectorais (por iso aos angüiliformes tamén se lles denomina ápodos). As aletas dorsal e anal están unidas coa caudal, e forman unha aleta única. Nadan mediante ondulacións do corpo. Son propios especialmente dos mares cálidos. Soamente algunhas especies, como as anguías, pasan períodos, ás veces moi longos, en augas doces.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico das amidas substituídas no nitróxeno por un grupo fenilo, de fórmula xeral RCONHC6 H5. Pódense obter por reacción dun cloruro de ácido con anilina e empréganse como derivados característicos para identificar e determinar a composición dos ácidos carboxílicos. Desígnanse coma as amidas non substituídas, empregando a terminación -anilida, en lugar de -amida.
-
-
Amina primaria, a máis simple das aromáticas. Líquido oleaxinoso, incoloro e de cheiro característico, de carácter básico feble, que se ennegrece por efecto do aire e da luz. Antigamente preparábase a partir do anil, de onde provén o seu nome. Actualmente obtense principalmente da redución catalítica do nitrobenceno con hidróxeno, da amonólise do clorobenceno con amoníaco acuoso a presión, e da amonólise do fenol por paso dunha mestura de fenol e amoníaco sobre alumina a 450-480°C e a presión. Está presente en pequenas cantidades no alcatrán de hulla e obtense en grandes toneladas por síntese. A anilina é tóxica por inhalación, inxestión ou absorción cutánea e pode dar lugar a intoxicacións graves (anilismo). As propiedades químicas da anilina son fundamentalmente as das aminas primarias e as dos compostos aromáticos. Pola acción dos oxidantes dá, por orde de oxidación crecente, azobenceno, nitrobenceno, quinona e negro de anilina. En tanto que composto aromático é susceptible...
-
Designación xenérica elíptica dos colorantes sintéticos derivados da anilina.
-
Composto obtido a partir de anilina e ácido clorhídrico. Emprégase na síntese de colorantes e para a tintura e o estampado ao negro de anilina.
-
Dise da pel que, eliminado o pelo ou a la, estivo adobada, tinguida e acabada polo costado da flor, de xeito que conserve perfectamente o debuxo ou grao natural da mesma pel. O cualificativo de ‘anilina’ exclúe o uso de toda clase de pigmento ou recubrimento opaco que tape a superficie natural da pel. O nome provén dos colorantes chamados de anilina que son o elemento máis importante da tintura e o acabado destas peles.
-
flexografía.
-
Temperatura á que unha gasolina é miscible cun volume igual de anilina. Utilízase para calcular o contido de substancias aromáticas dos hidrocarburos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Catión C6H5H3+ formado pola adición dun protón á anilina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación por anilina que ocasiona metahemoglobinemia, que pode ser aguda ou crónica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de follas desiguais nunha mesma rama, incluso ao mesmo nivel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espectáculo teatral producido e realizado en 1994 pola compañía Chévere a partir dun libreto de Pepe Sendón e con música de Fran Pérez. Inicialmente foi interpretado por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Fran Pérez, Pepe Sendón, Manuel Cortés, Carlos Santiago e Xron, con acompañamento musical ao piano de Suso Alonso. Recollendo técnicas de interpretación en directo que fixeron populares, entre outros, Les Luthiers ou Golden Apple Quartet, os integrantes de Chévere -coa súa indubidable enerxía creativa- conseguiron converter a historia da iniciación sentimental de Lucas Tamara, príncipe herdeiro do Reino de Galicia, nun divertido, entretido e irreverente espectáculo musical que camiña entremedias da comedia e a opereta. En Galicia acadou un notable éxito de público e crítica e en 1996 recibiu o Premio da Crítica de Barcelona ao mellor espectáculo musical da temporada.
-
-
Que prevén ou combate a hemofilia.
-
Proteína do plasma sanguíneo que favorece a formación de tromboplastina no proceso da coagulación. A carencia deste factor determina a hemofilia do tipo A.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema montañoso que forma a fronteira entre os estados do Líbano e Siria, paralelo á cordilleira do Líbano e separado destas polo val de al-Biqā’. Atinxe a altitude máxima no monte Hermón (ár: Ǧ abal al-Šaykh, 2.814 m). É unha rexión árida e pouco poboada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento social contrario ao espírito ou ás institucións militares. Pretende demostrar a preponderancia do exército dentro da administración do estado en tres niveis: socialmente, pola existencia duns deberes de defensa (Servicicio Militar Obrigatorio), mentres os dereitos (toma de decisións en política de defensa) están limitados á xerarquía militar; economicamente, outorgando grandes sumas a gastos militares ou comerciando con armamento; e a nivel xeopolítico, animando políticas baseadas na desconfianza e na confrontación e formando parte de bloques militares. A loita antimilitarista maniféstase a través de diferentes vías: a obxección de conciencia, ou negación a cumprir co servizo en filas; a obxección fiscal, consistente en absterse de sufragar os gastos militares a través dos impostos directos; a educación para a paz, que ensina uns valores favorecedores dunha sociedade e cultura pacíficas; e a investigación para a paz, que pretende clarificar as condicións baixo as que se desencadean...
-
-
Relativo ou pertencente ao antimilitarismo.
-
Partidario do antimilitarismo.
-
-
-
Que evita ou combate a sífilis.
-
Medicamento ou axente que combate a sífilis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato ferromagnésico, de fórmula (Mg,Fe)7Si8O22(OH,F)2, do grupo dos anfíbolos. Cristaliza na singonia rómbica e preséntase en forma de prismas ou de fibras, de cor castaña escura e brillo nacarado ou vítreo. Ten unha dureza de 5,5 -6 e un peso específico de 2,85 -3,57. Atópase sobre todo nas rochas metamórficas.