"INH" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 119.

    1. Relativo ou pertencente á inhibición.

    2. Que causa inhibición.

    3. Despacho, decreto ou cartas que inhiben a un xuíz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é acolledor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de inhospitalario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao lugar pouco seguro ou cómodo para habitar.

    2. Que non é agradable ou acolledor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de inhumar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de inhumano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non é digno ou propio para un ser humano.

    2. Que non ten humanidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enterrar un cadáver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Zhejiang, China, situada na confluencia dos ríos Jinhua e Wuyi (144.280 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador. Pertenceu probablemente á pequena nobreza galega. Estivo activo no terceiro cuarto do s XIII e inicios do XIV. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana atribúenlle dúas cantigas de amigo, que van precedidas por unha rúbrica atributiva que o define como “sobriño de Nun’Eanes”. Ambas as dúas composicións, estruturadas segundo o esquema da rima tradicional abbaCC en octosílabos e decasílabos masculinos, están presididas polo motivo da ausencia do amado, matizado cunha sutil ironía que as afasta dos moldes convencionais propios das cantigas tradicionais de amigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Kadrina 1803 - Tartu 1882) Médico e escritor estoniano. Coñecido como Vidri Roin Ristmrts, é o autor da epopea nacional estoniana Kalevipoeg, subtitulada Eesti rahra ennemvistsed jutud (Antigos cantos épicos do pobo estoniano).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Franciscano conventual, viviu en Salamanca e en París onde estivo vinculado á Sorbona. Entre 1514 e 1517 editou obras de Pedro Daguí e opúsculos apócrifos. A súa obra máis importante foi Explanatio compendiosaque applicatio artis Raymundi Lullii (1523).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático e escritor alemán. Foi un dos promotores do movemento “strurm und drang”. É autor do traballo Anmerkungen übers Theater (Anotacións arredor do teatro, 1774) que contén moitas das claves ideolóxicas e estéticas daquel movemento. Das súas obras máis significativas destacan Der Hofmeister (O preceptor, 1774), Die Soldaten (Os soldados, 1776) e Die Freunde machen den Philosophen (Os amigos fan a filosofía, 1776).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portugués. Foi membro da Nova Arcádia e mantivo moitas polémicas con Bocage e Almeida Garrett. Influído pola Ilustración, contra a que reacciona a partir da invasión napoleónica, é coñecido sobre todo pola súa prosa xornalística, como Motim literário em forma de solilóquios (1811) e A besta esfolada (1828).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e dramaturgo. Foi membro das Irmandades da Fala e o iniciador do teatro social en Galicia co volume A revolta e outras farsas (1965), en que se inclúen A revolta (Premio Castelao de Teatro Galego, 1965), A obriga e un conxunto de obras curtas baixo a denominación de Monifates, diálogos improvisados. O elemento distintivo da súa obra é a conciencia tráxica da existencia. Así, por unha banda están os dramas de carácter simbólico e pola outra pezas dunha vertente máis social. Publicou as pezas Pequena farsa dos amantes desencontrados (1968), Dúas pezas de teatro inerte: Os ausentes (1974), O bosque (1977), Acurrados (1981), Ramo Cativo (1990), o monólogo Home frouxo (1990) e A gaiola (1995). Tamén hai que considerar as farsas, entre as que destacan A serpe e a Pequena farsa..., e os textos máis experimentais e vangardistas como O triángulo ateo ou as Dúas pezas de teatro inerte. Membro da Real Academia Galega, publicou o estudo Importancia do público na revelación teatral (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador, probablemente de orixe portuguesa. Puido pertencer á liñaxe galega dos Mariño e foi medio irmán doutros dous trobadores, Per’Eanes Marinho e Osoir’Anes. Activo no segundo terzo do s XIII, formou parte do círculo cortesán de Sancho IV. No Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana aparece como autor dunha soa cantiga (“Ena primeira rua que cheguemos”), un escarnio persoal dirixido a un fidalgo, que está moi danado pola transcrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do distrito de Porto, Portugal, situada ao N da aglomeración de Porto (152.067 h [1991]). É o principal porto pesqueiro de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionaria alemana. Destacou como activista nas revoltas de Maio do 68 e como colaboradora en publicacións de extrema esquerda. En 1968 creou, xunto con Andreas Baader, a Rote Armee Fraktion, tamén coñecida como Banda Baader-Meinhof. Despois de participar en varios atentados terroristas, foi detida e levada ao cárcere en 1972, onde apareceu aforcada catro anos máis tarde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr galego, orixinario de Vigo. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana atribúenlle unha cantiga de amigo de refrán, a mariña “Sedia-m’eu na ermida de San Simón”, considerada a máxima representación deste xénero e unha das cantigas máis citadas da lírica medieval galego-portuguesa. Nesta composición paralelística o autor reflicte a súa habilidade técnica en canto á construción métrico-estrófica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alpinista italiano. Abriu numerosos itinerarios no Mont Blanc, nos Dolomiti e nos Andes, pero destacou polas súas ascensións ao Himalaia, onde conseguiu catorce cimas de máis de 8.000 m, en solitario e sen osíxeno. Escribiu, entre outros, os libros Alleingang Nanga Parbat (1979), Überlebt-Alle 14 Achttausander (1999) e Annapurna (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO