"Ilan" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 152.
-
PERSOEIRO
Príncipe (Milan IV, 1868-1882) e rei (1882-1889) de Serbia. Pertencía á dinastía dos Obrenović e accedeu ao poder á morte do príncipe Miguel III de Serbia. Despois das guerras con Turquía (1876 e 1877) acadou a independencia no Congreso de Berlín (1878). A súa política autoritaria e impopular provocou a súa abdicación no seu fillo Alexandre I de Serbia en 1889.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edito de Milán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lluís del Milà i Eixarc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto secreto, asinado o 8 de outubro de 1435 en Milán, entre Afonso V de Aragón e Filippo Maria Visconti, duque de Milán. O primeiro renunciaba a Córsega e ás bases de Portovenere e Ilica, e comprometíase a repartir co duque de Milán as conquistas que fixera no N de Italia, ata Boloña.
-
-
Relativo ou pertencente a Milán, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Milán.
-
-
PERSOEIRO
Cantautor cubano. Nas súas cancións fala do amor e da patria vistos desde os seus preceptos morais e éticos, mesturados co seu humanismo e o seu criterio de ruptura con todo o establecido. A finais da década de 1960 fundou, xunto con Silvio Rodríguez e Noel Nicola, a Nueva Trova Cubana. As súas primeiras interpretacións achégano á corrente da canción cubana coñecida como feeling. Da súa discografía destacan Versos de José Martí (1973), No me pidas (1977), El guerrero (1983), Despertar (1997), co que obtivo dous premios Grammy, Los días de gloria (2000) e Pablo Querido (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo estado do N de Italia formado arredor de Milán, que foi a capital. Pouco despois de constituírse o goberno comunal na primeira metade do s XII, Milán esforzouse por impor a súa tutela sobre as outras cidades lombardas. A transformación da comunidade en señorío non significou a fin da súa expansión, senón todo o contrario, xa que os Torriani (s XIII) e os Visconti (s XIV) impulsaron a expansión e someteron Bérgamo, Brescia, Novara, Boloña, Perugia, Pisa e Siena, e obtiveron o recoñecemento imperial de Venceslau I, que lle concedeu os títulos de duque de Milán (1395) e duque de Lombardia (1397) a Giovanni Galeazzo (1447). Morto o duque de Milán, Filippo Maria Visconti, sen sucesión masculina, o ducado de Milán pasou a Afonso V de Aragón. Este renunciou e axudou a Francesco Sforza, xenro do duque, a tomar posesión do ducado e defender os milaneses dos ataques venecianos e florentinos. En 1499 o ducado pasou aos franceses cando Luís XII de Francia llo arrebatou a Luís I de Milán. Os...
-
-
Ave de rapina falconiforme, da familia dos accipítridos, diúrna, de tamaño mediano, superior aos 50 cm, e ás anchas.
-
Ave de rapina, de 55 cm de lonxitude e 125 cm de envergadura, que presenta cor crema na parte inferior e parda escura a cincenta na parte superior. As ás pola base son claras, vistas en voo diferéncianse unhas manchas continuas que forman varias liñas paralelas, e presenta unha cola longa. Aliméntase de himenópteros, lagartos e anfibios. Habita en bosques abertos con claros, e en Galicia é de presenza estival no NL da comunidade.
-
Ave de rapina diúrna de entre 50-57 cm de lonxitude e 130 cm de envergadura. A plumaxe é parda no lombo, e presenta ás longas e anchas, que en voo teñen as puntas escuras e a metade posterior clara, e cola curta e redondeada. Aliméntase, sobre todo, de insectos, réptiles, anfibios e pequenos roedores. É moi común e distribúese sen preferencias altitudinais ou climáticas, aínda que prefiren espazos abertos como cultivos, pradarías e pequenos bosques. Distribúese por toda Galicia.
-
Ave de rapina, de 47-56 cm de lonxitude e 135 cm de envergadura, que presentan o corpo escuro na parte superior e pardo polo ventre, as ás longas e o rabo gallado. A cabeza é clara con liñas escuras, ao igual que o peito. Aliméntase de peixes, insectos e pequenos vertebrados. Está presente en toda a Península Ibérica, aínda que en Galicia só se atopa en zonas boscosas, preto de ríos e encoros, no período estival.
-
Ave de rapina de 59 a 66 cm de lonxitude e uns 150 cm de envergadura, que presentan a plumaxe de cor parda arrubiada con manchas escuras, a cabeza abrancazada con liñas escuras, o rabo un pouco bifurcado, moi gallado e as ás longas. Distribúese polo centro e S de Europa e N de África; na Península Ibérica pode verse no SO, nos Pireneos e na Cordilleira Cantábrica. En Galicia pode observarse entre marzo e novembro, en bosques e zonas abertas con árbores. Aliméntase de invertebrados, de pequenos vertebrados e preas.
-
-
PERSOEIRO
Soprano croata. De nome Zinka Kunç, debutou en 1927 en Ljubljana, para logo actuar en Salzburgo e en Nova York (1937), onde cantou ata finais da década de 1960. Destacou no repertorio verdiano e gravou diversos discos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Foi xeneral desde 1971, comandou a división acoirazada Brunete (1974-1978) e asumiu a capitanía xeral da III Rexión Militar (València). Codirixiu o golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 e decretou o estado de excepción na Comunitat Valenciana. Foi arrestado e condenado a 30 anos de prisión e exclusión do exército, e en 1990 foi posto en liberdade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en 1960 e situado na igrexa do mosteiro beneditino de Vilanova, en Lourenzá. Pertence ao Consello Galego de Museos. A súa colección inclúe importantes pezas de ourivaría, escultura, pintura, mobiliario e indumentaria, das que destacan un sartego do s V, unha ara e unha lauda do s IX e un relicario do s XVII. Conta coa biblioteca monacal.
-
PERSOEIRO
Mártir, fillo de pai xudeu e de santa Perpetua. Educárono no cristianismo e predicou en Milán, onde coñeceu a Celso, co que viaxou a Xenebra e Tréveris. De volta en Milán, morreron ambos os dous durante a persecución de Nerón. A súa festividade celébrase o 28 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Malaisia situado sobre o estreito de Malacca (6.644 km2; 859.924 h [2000]). A súa capital é Seremban. Produce arroz e caucho, e ten fundicións de estaño.
-
PERSOEIRO
Político, IX marqués de Albaida. Tomou parte activa na Revolución de 1848 e, en xeral, en todos os movementos democráticos, polo que foi apresado numerosas veces e desterrado. Foi deputado en diversas lexislaturas e nas Cortes Constituíntes de 1869 e de 1873. Escribiu artigos e obras de propaganda política.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que oscila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen presenta expresións, maneiras ou modos pouco finos ou refinados.
-
PERSOEIRO
Monxe búlgaro. Profesou no mosteiro de Khilandar, no monte Athos (Grecia). A súa Istorija Slavjanobulgarska (1762) representa o inicio da literatura búlgara moderna e do movemento autonomista da Igrexa de Bulgaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘pé’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral italiana fundada polo director Giorgio Strehler e por Paolo Grassi en 1947. Os seus espectáculos comprenden unha ampla panorámica da dramaturxia mundial, case sempre baixo a dirección de Strehler, pero tamén de Costa, Enríquez, Lodovici, Eduardo de Filippo, Jacobbi, Chéreau, D’Amato, Vitez e Damiani.
-
PERSOEIRO
Arquitecto, escultor e medallista italiano. Traballou con Francesco Laurana. Desde 1453, realizou varias esculturas para o arco do Castel Nuovo de Nápoles e realizou varias medallas para Renato I de Nápoles (1461-1464).
VER O DETALLE DO TERMO