Milán, Tratado de
Milán, Tratado de
Pacto secreto, asinado o 8 de outubro de 1435 en Milán, entre Afonso V de Aragón e Filippo Maria Visconti, duque de Milán. O primeiro renunciaba a Córsega e ás bases de Portovenere e Ilica, e comprometíase a repartir co duque de Milán as conquistas que fixera no N de Italia, ata Boloña.