"Imo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 631.
-
PERSOEIRO
Pintor ruso. Participou dende 1890 ao 1900 no grupo dos Ambulantes. A súa obra é de feitura expresionista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de trazos distintivos comúns a dous morfemas, produto dunha neutralización morfolóxica. Así, en galego, como noutras linguas, a oposición morfolóxica entre o antepretérito de indicativo e o pretérito de subxuntivo neutralízase cando teñen un valor non-real.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao arquimorfema.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dunha obra de arte (pintura, escultura, música, literatura, etc). Así, por exemplo, o Guernica de Picasso, o David de Michelangelo, A frauta máxica de Mozart ou A esmorga de Eduardo Blanco Amor.
-
PERSOEIRO
Científico e escritor norteamericano de orixe rusa. No 1939 comezou a publicar, con afán de divulgación científica, novelas e contos de ciencia ficción que obtiveron inmediatamente un éxito enorme. Foi un autor prolífico de obras biográficas e de carácter histórico, das que sobresaen, entre otras I, Robot (1950), The Human Body (1963), Guide to de Bible (1968), The Gods Themselves (1973), The Ends of the Earth (1975), Mars, the Red Planet (1977), In the Beginning (1981), Counting de Eons (1983) e The Robots of Dawn (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dunha nave espacial (Apolo XIII, Soyuz I), cápsula espacial (Voyager), lanzadeira espacial (Challenger, Columbia, Discovery) e aparatos semellantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dun corpo celestial, como unha estrela (Estrela Polar), un planeta (Mercurio, Saturno), aplicado a un cometa (Halley), a un asteroide, a un meteoro e semellantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome propio dun lugar distintivo dun planeta. Así, por exemplo, na Lúa está o chamado Mar da Serenidade (Mare Serenitatis) ou o Lago dos Soños (Lacus Somniorum).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Déficit dos impulsos vitais e da afectividade consistente nunha diminución da actividade do individuo, unha retracción sobre el mesmo, falta de atención e indiferenza nas penas e alegrías.
-
PERSOEIRO
Poeta latino e mestre en Retórica. Deixou un gran número de poemas (“Liber eglogarum”, “Ephemeris”, etc.) A súa obra máis importante é Mosella, narración en hexámetros dunha viaxe ao longo do río Mosella, que posúe unha gran riqueza nas descricións.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Nome real, en oposición a pseudónimo.
-
Libro ou obra publicada co nome real do autor.
-
-
Nome que se dá a si mesmo un pobo ou unha tribo, diferente do que lle dan os outros pobos e tribos.
-
-
PERSOEIRO
Narrador e autor teatral ruso. Emigrou a París despois da revolución do 1917. Satirizou a vida burguesa cun humor festivo que contrasta coa amargura habitual do humor ruso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (238) que foi asasinado polos pretorianos despois de noventa e nove días de goberno. Gobernou xunto con Marco Clodio Pupiano. Durante a anarquía militar da primeira metade do s III d C foi un dos representantes da tendencia senatorial en contra da actitude antiaristocrática do exército.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de ideónimo que designa o nome do título dun ballet.
-
CIDADES
Cidade do estado de Maryland, nos EE UU, na baía de Chesapeake (675.401 h [1996]; 2.382.172 h na área metropolitana [1996]). Constitúe un importante núcleo industrial, cun dos portos exportadores máis importantes dos EE UU. A cidade foi fundada no ano 1729. Desde a súa orixe converteuse en refuxio dos católicos que fuxían de Inglaterra, polo que o elemento católico obtivo unha gran preponderancia. Así mesmo, foi a primeira cidade en adoptar o principio de tolerancia relixiosa e un dos centros difusores da cultura liberal e do americanismo. Entre as súas universidades destaca a Johns Hopkins University, fundada no ano 1876. O Museo de Arte Contemporánea de Baltimore posúe unha importante colección de pinturas flamengas, neerlandesas, españolas e francesas (sobre todo impresionistas).
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de nobres ingleses colonizadores de América do Norte. A súa fortuna comezou con George Calvert (Kipling, Yorkshire 1530 - Londres 1632), que foi secretario de estado (1619) e no ano 1621 fundou unha colonia en Terranova. En 1625 converteuse ao Catolicismo e foi nomeado primeiro barón de Baltimore (Irlanda). O seu fillo Cecil Calvert (1605-1675), segundo barón de Baltimore, fundou a colonia de Maryland, gobernada entre 1634 e 1647 polo seu irmán Leonard Calvert . Os dereitos sobre Maryland foron transferidos aos descendentes da familia ata que, no transcurso da revolución estadounidense, foron anulados en 1775.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina do ano 1975 con R. Dulbecco e H.D. Temin, polos seus traballos sobre o virus do ARN, o descubrimento do enzima transcriptasa inversa (ADN polimerasa ARN dependente), e pola fixación dos procesos moleculares mediante os que a información xenética se incorpora ao ADN. Entre 1982 e 1990 dirixiu o Whitehead Institute for Biomedical Research, en Cambridge, Massachusetts.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto. Foi profesor de Facenda Pública nas universidades de Deusto e Complutense de Madrid. Accedeu ao corpo de inspectores fiscais (1954) e foi vicesecretario (1956) e secretario xeral técnico (1962) do Ministerio de Facenda. Ocupou a dirección do Instituto de Estudios Fiscales (1960-1965) e a presidencia da Compañía Telefónica Nacional de España (1965-1973). Ministro de Facenda con Carrero Blanco (1973), foi nomeado por Carlos Arias Navarro vicepresidente segundo do goberno (1974), cargos dos que dimitiu ese mesmo ano tras o cesamento de Pío Cabanillas. Foi presidente da Universidad Pontificia de Comillas, fundador do Instituto de Estudios Financieros e dos Cuadernos Bibliográficos de Hacienda Pública, presidente de Aluminios de Galicia (ALUGASA) e de Sema-Metra Ibérica, conselleiro da CTNE ata 1983 e do Banco Hispano Americano. Escribiu Notas de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e eclesiástico. É coñecido polos seus Avisos (1654-1658), colección de cartas nas que describiu polo miúdo a realidade da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Epíteto específico que provén do nome orixinal co que foi descrita unha especie e que se mantén por dereito de prioridade nas transferencias e cambios de rango nomenclatural. Deste xeito, para a correola de praia (Calystegia soldanella) o epíteto específico soldanella, empregado na descrición orixinal da planta baixo o nome de Convolvulus soldanella, o basónimo que se conserva no nome actual.