Barrera de Irimo, Antonio
Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto. Foi profesor de Facenda Pública nas universidades de Deusto e Complutense de Madrid. Accedeu ao corpo de inspectores fiscais (1954) e foi vicesecretario (1956) e secretario xeral técnico (1962) do Ministerio de Facenda. Ocupou a dirección do Instituto de Estudios Fiscales (1960-1965) e a presidencia da Compañía Telefónica Nacional de España (1965-1973). Ministro de Facenda con Carrero Blanco (1973), foi nomeado por Carlos Arias Navarro vicepresidente segundo do goberno (1974), cargos dos que dimitiu ese mesmo ano tras o cesamento de Pío Cabanillas. Foi presidente da Universidad Pontificia de Comillas, fundador do Instituto de Estudios Financieros e dos Cuadernos Bibliográficos de Hacienda Pública, presidente de Aluminios de Galicia (ALUGASA) e de Sema-Metra Ibérica, conselleiro da CTNE ata 1983 e do Banco Hispano Americano. Escribiu Notas de economía política; ajustadas al programa de oposición al cuerpo de abogados del Estado (1957), Hacienda pública, administracion y política ante el cambio social (1971).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ribadeo -
Falecemento
Lugar : Madrid