"Inn" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 114.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vihtori Peltonen.
-
PERSOEIRO
Naturalista sueco. Coñecido tamén pola forma latinizada do seu nome, Carolus Linnaeus, e pola españolizada, Linneo, estudiou medicina nas universidades de Lundt e Uppsala. Realizou expedicións botánicas en Laponia, viaxou por Europa, onde ampliou os seus estudios de medicina, ata que en 1738 se estableceu en Uppsala como médico privado, e como profesor da universidade, primeiro de medicina (1741) e logo de botánica (1742). Considerado o pai da taxonomía, ciencia que se ocupa da clasificación dos seres vivos, inventou o sistema de nomenclatura científica binomial, aínda en vigor, en que a cada especie se lle asigna un nome formado por dúas partes: a primeira é o nome xenérico, que o comparte con outras especies próximas e se escribe en maiúsculas; a segunda é o nome específico, escrito en minúsculas. Á súa vez, os xéneros agrupounos en familias, estas en ordes, as ordes en clases, as clases en filos e, por último, os filos en reinos. Foi partidario da inmutabilidade das...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Carl von Linné e aos seus estudios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especie que inclúe agrupacións moi amplas de individuos que poden diferir entre eles ata un grao relativamente considerable.
-
PERSOEIRO
Bioquímico estadounidense. Foi profesor de neurobioloxía molecular e biofísica na Rockefeller University. En 2003 recibiu, xunto con P. Agre, o Premio Nobel de Química, polos seus descubrimentos relacionados coas canles nas membranas celulares, en particular polos seus estudios sobre a estrutura e o mecanismo das canles de ión potasio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador e meteorólogo sueco. En 1926 tomou parte nunha expedición ao Polo Norte, baixo a dirección de Nobile, co dirixible Norge.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Níxer, Nixeria, que está situada ao SO de Kaduna, entre os ríos Gurara e Kaduna (136.900 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor belga. Traballou con Karel van der Stappen, e partiu dun realismo moi minucioso que se desenvolveu cara a un simbolismo estilizado e puro. Realizou a Fontaine aux agenouillés (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta belga. Foi a figura máis destacada da revista Het Fonteintje. Publicou In den zoeten inval (A casa de Deus, 1927-1936), Heineke Vos en zijn biograaf (Heineke Vos e o seu biógrafo, 1933) e Wolfijzers en schietgeweren (Cepos de lobo e escopetas, 1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Minnesota, EE UU, que está situada á beira do Mississippi (382.618 h [2000]). Forma unha conurbación coa cidade de Saint Paul, que está situada na outra beira do río. É un centro comercial e unha área de cultivo extensivo de trigo, con industrias de maquinaria agrícola, alimentaria, de material eléctrico e de material de transporte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Coñecido como Vincente Minnelli, comezou a súa carreira como director artístico. Destacou sobre todo na realización de filmes musicais innovadores, e caracterizouse polo seu estilismo visual. Da súa filmografía destacan Cabin in the Sky (1943), An American in Paris (1951, gañadora de seis Oscar, 1952), The Band Wagon (1953), Gigi (1958, Oscar ao mellor director, 1959), The Sandpiper (1965) e A Matter of Time (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz e cantante, filla de Vincente Minnelli e Judy Garland. Caracterizouse por protagonizar papeis dramáticos cheos de dificultade. Destacan os seus filmes In the Good Old Summertime (1949), Cabaret (1972, Oscar á mellor interpretación feminina, 1973), Lucky Lady (1975), New York, New York (1977) e Stepping Out (1991). Como cantante, destacan os discos At Carnegie Hall (1987), A touch of class (1998), Minnelli on Minnelli (2000) e Ultimate Collection (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lester Anthony Minnelli.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poesía lírica cortesá propia de Alemaña (ss XII e XIII) que estaba destinada a ser recitada co acompañamento de diversos instrumentos de corda. Diferénciase da poesía amorosa dos trobadores franceses pola inserción de diversos elementos non amorosos dentro da canción. Expresaba os sentimentos e ligazóns convencionais entre o poeta e a dama, e a carón do amor, aparecían sempre o gozo e a coita que o acompañaban, a saudade, a separación e a chegada da alba (Tagelied). Distínguense o lied, poema cantado, o spruch, poema recitado, e o leich, poema cantado cunha versificación libre. É famosa unha compilación lirica coñecida como Códice de Manesses ou d.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de poetas alemáns dos ss XII e XIII que cultivaron o xénero poético minnesang. Aínda que se descoñece a orixe deste xénero, é evidente que os minnesänger, que pertenceron primeiro ao círculo nobiliario e que foron máis tarde eclesiásticos ou simples burgueses, recibiron a influencia da lírica trobadoresca francesa e occitana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de EE UU, que limita ao N coas provincias canadenses de Manitoba e Ontario, ao L con Wisconsin e o lago Superior, ao S con Iowa e ao O con Dakota do Norte e Dakota do Sur (218.600 km2; 4.919.479 h [2000]). A capital é Saint Paul. A parte setentrional, prolongación do escudo canadense, posúe numerosos lagos de orixe glaciario. Ao S da confluencia dos ríos Minnesota e Mississippi comeza a grande área de cultivo de trigo que atravesa o continente de N a S. Destaca a gandaría e a explotación de ferro. A área industrial concéntrase na conurbación de Minneapolis-Saint Paul, con industrias alimentarias, papeleiras, de material eléctrico e químicas. O territorio foi explorado polos franceses (s XVII) e foi dominado sucesivamente por Francia, Reino Unido (1763) e EE UU desde 1783. Os tratados cos dakota (1851) e os ojibwa (1854 e 1855), permitiron a inmigración en masa dos europeos. Constituíuse en estado en 1858.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á escola de taxonomistas que propugna o uso de agrupacións moi amplas de individuos (linneón), a miúdo correspondentes a círculos de razas, que poden estar subdivididos en unidades inferiores (subespecies ou variedades).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á folla pinnada que ten os folíolos opostos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema cabaleiresco de Matteo Maria Boiardo, que comezou a escribir cara a 1476. As dúas primeiras partes foron publicadas na rexión de Emilia (1486) e o resto quedou incompleto pola morte do autor. A obra debería estar dividida en tres partes que agruparían ao redor de cen cantos, pero o texto publicado quedou en 69. Os elementos esenciais da trama proceden do ciclo carolinxio, pero o espírito épico foi substituído por historias de amor e feitos novelescos. O poema foi completado polo Orlando furioso de Ariosto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten un número par de folíolos.