Orlando innamorato

Orlando innamorato
[LIT]

Poema cabaleiresco de Matteo Maria Boiardo, que comezou a escribir cara a 1476. As dúas primeiras partes foron publicadas na rexión de Emilia (1486) e o resto quedou incompleto pola morte do autor. A obra debería estar dividida en tres partes que agruparían ao redor de cen cantos, pero o texto publicado quedou en 69. Os elementos esenciais da trama proceden do ciclo carolinxio, pero o espírito épico foi substituído por historias de amor e feitos novelescos. O poema foi completado polo Orlando furioso de Ariosto.

Palabras veciñas

orladura | Orlando | Orlando furioso | Orlando innamorato | Orlando, Vittorio Emanuele | Orlando/Orlanda | orlar