Orlando furioso

Orlando furioso
[LIT]

Poema épico de Ludovico Ariosto, publicado en 1516 nunha primeira versión (40 cantos), e cunha definitiva (46 cantos en oitavas), que saíu en 1532. É unha continuación do Orlando innamorato, pero son moi diferentes nalgúns elementos como a defensa dos ideais humanísticos do cabaleiro errante. Con material procedente da épica cabaleiresca, pero cunha linguaxe e un espírito do seu século, reflicte a vida íntima do seu autor. A multiplicidade de personaxes e episodios estrutúranse en tres motivos principais: o épico, o amoroso (núcleo do poema) e o encomiástico, que corresponde á parte menos consistente da obra. Tivo numerosas fontes, das que destaca Tirant lo Blanc.