"Iria" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 76.
-
-
Nome xenérico de diversas enfermidades da pel, caracterizadas por unha escamadura furfurácea.
-
Láminas untuosas separadas por escamadura do estrato córneo cutáneo, especialmente as do coiro cabeludo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á pitiriase.
-
PERSOEIRO
Humanista, epigrafista e comerciante italiano. Coñecido como Ciriaco d’Ancona, percorreu diversos países do Mediterráneo coleccionando diversos obxectos de arte e manuscritos. É autor duns Comentarii.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de enfermidades, xeralmente hereditarias, que son consecuencia de trastornos do metabolismo das porfirinas. Clinicamente, maniféstanse por sintomatoloxía cutánea, abdominal e neurolóxica.
-
PERSOEIRO
Rei de Asiria (722-705 a C), irmán de Salmanasar V. Acabou a conquista de Samaria (721) e deportou a poboación, o que significou a fin do Reino de Israel. Someteu Siria e Palestina, agás o Reino de Xudá, e ocupou Chipre e Anatolia. En 710 reconquistou Babilonia e someteu as tribos arameas. Fixo de Khorsābād a capital de Asiria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Esaxeración morbosa do impulso sexual no sexo masculino.
-
REXIÓNS
Rexión de Próximo Oriente antigo que comprendía, aproximadamente, Siria e Líbano. Desde o punto de vista físico estaba dividida nunha franxa costeira, a estepa e o deserto sirio, e desde o político en Siria meridional, con Damasco, Biblos, Sidón, Tiro e Kadeš como principais núcleos de poboación; Siria central, con reinos importantes (Neye, Nukhašše e Amurru) e con Ugarit, Hamath, Ṣ umura e Qatna como cidades estado máis características; e Siria setentrional onde estaban radicadas, entre outras, dúas cidades estado de primeira magnitude: Karkemiš e Alepo. Encrucillada e lugar de paso obrigado de tres mundos (mesopotámico, hitita e exipcio), foi unha zona receptora de inmigración (amoritas, hurritas e outros). A súa inveterada fragmentación política (predominando a fórmula da cidade estado), favoreceu a súa submisión ás potencias da época (Exipto, Mitanni, país dos hatti ou hititas e Asiria). A primeira referencia escrita data do reinado de Lugalzagissi (2371?-2347 a C), soberano sumerio...
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de Oriente Próximo situado entre Turquía ao N, Iraq ao L, Xordania ao S, Líbano e Israel ao SO e o Mar Mediterráneo ao NO (185.180 km2; 17.123.000 h [estim 2002]). A súa capital é Damasco.
XeografíaXeografía física
VER O DETALLE DO TERMO
De L a O o país pode dividirse en tres áreas xeográficas: o deserto, a zona montañosa e a costa. O relevo está dominado por antigos altiplanos, onde tan só as montañas do extremo occidental e do centro rompen a monotonía da paisaxe. No L ábrese un val pantanoso, polo que flúe o Orontes. O Antilíbano e o Hermōn, divididos entre Siria e Líbano, constitúen o extremo occidental do chairo e árido altiplano de Siria, que descende suavemente cara ao Éufrates ao N e cara a Iraq ao S. Esta rexión desértica está accidentada por pequenos outeiros e salpicada por unha gran cantidade de oasis. No extremo S álzase o grupo volcánico do Ǧ abal al-Durūz. A maior parte do país non ten... -
IGREXAS
Igrexa formada arredor do patriarca de Antioquía. A parte que se atopaba nos límites do imperio persa e se separou xuridicamente en 424 formou a Igrexa Persa, Igrexa Asiria ou Igrexa Nestoriana. O resto, correspondente á parte occidental do patriarcado, rexeitou o Concilio de Calcedonia (451), manténdose sempre no monofisismo, fronte á facción que seguiu as directivas imperiais e aceptou Calcedonia, polo que foi chamada melquita. Outra comunidade eclesiástica pertencente ao tronco común da Igrexa Siria é a maronita. A Igrexa Siria ou siroantioquena chámase tamén xacobita, polo nome do seu reorganizador Xacobe Baradai (?-578). No s XVII diversos grupos da Igrexa Siria uníronse a Roma conservando o rito sirio e cun patriarcado propio, tamén titular de Antioquía. A Igrexa Siria renovouse nun sentido ecuménico: a xacobita procurando un achegamento ás outras monofisitas e unhas mellores relacións cos sirios católicos, e estes tomando máis conciencia do seu carácter oriental non latino.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo neoplatónico grego. Discípulo de Plutarco, sucedeuno na dirección da escola de Atenas. Fixo un comentario crítico a catro libros da Metafísica de Aristóteles e un comentario sobre Hermóxenes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das deusas da mitoloxía escandinava, virxes guerreiras ao servizo do seu pai, Odín, que acompañan os combatentes na batalla, levándoos despois da morte para o Valhalla. R. Wagner, na Valquiria, fixo a Brunilda protagonista da primeira xornada da Tetraloxía.
-
-
Dignidade ou cargo de vigairo.
-
Casa ou despacho dun vigairo.
-
Territorio da xurisdición dun vigario.
-
-
ENTRADA LARGA
Ecuación de estado dos gases, a máis xeral delas. Consiste no desenvolvemento en serie do factor de compresibilidade (PV/RT) en función das potencias de 1/V:
FORMULA
sendo B, C,..., os denominados coeficientes do virial, funcións da temperatura con valores que poden ser calculados teoricamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema segundo o que no movemento dun sistema nunha rexión limitada do espazo, e cunha enerxía potencial que é unha función homoxénea das coordenadas, é posible establecer unha relación sinxela entre os valores medios das enerxías potencial e cinética.
-
PERSOEIRO
Pastor e caudillo lusitano. Enfrontouse á dominación romana mediante a táctica de guerrillas e venceunos en varias ocasións. Malia ser derrotado polo cónsul Fabio Máximo Emiliano (145-144 a C), continuou a loita. Asinou un acordo de paz co cónsul Serviliano (140 a C) e foi proclamado amigo do pobo romano. O cónsul Cepión anulou o tratado e preparou un novo ataque. Foi asasinado por dous dos seus homes, subornados polos romanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘rezar’.