Viriato

Viriato

Pastor e caudillo lusitano. Enfrontouse á dominación romana mediante a táctica de guerrillas e venceunos en varias ocasións. Malia ser derrotado polo cónsul Fabio Máximo Emiliano (145-144 a C), continuou a loita. Asinou un acordo de paz co cónsul Serviliano (140 a C) e foi proclamado amigo do pobo romano. O cónsul Cepión anulou o tratado e preparou un novo ataque. Foi asasinado por dous dos seus homes, subornados polos romanos.

Cronoloxía

  • Deceso

  • Nacemento

    Lugar : Mons Herminius, actual Serra da Estrela