"Ise" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

  • Zona do deserto exipcio onde se detectaron xacementos arqueolóxicos con evidencias tanto do Mesolítico como do Neolítico nun espazo temporal que abrangue do X ao VI milenio. A transición do Mesolítico ao Neolítico divídese en catro fases definidas pola presenza de determinados tipos arqueolóxicos. De máis antiga á máis moderna son: El Adam, caracterizada por laminiñas de dorso; El Korteim, por puntas pedunculadas; El Ghorab, por triángulos; e El Nabta, por burís, se ben esta última xa pertence á zona desértica de Nabta-Playa. Ao longo deste proceso de transición apareceron as cerámicas impresas de tradición sahariana, restos de plantas silvestres e ósos de bóvidos que, malia as escasas diferencias que mostran con respecto aos tipos asilvestrados, se interpretan como resultado da domesticación debido a que non serían quen de sobrevivir nun clima tan árido sen un certo control humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de bisecar.

    2. Aplícase ao selo que por escaseza de determinados valores de franqueo se cortou en dúas partes iguais: vertical, horizontal ou diagonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dividir unha superficie ou un corpo xeométricos en dúas partes iguais mediante unha liña ou un plano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División dunha superficie ou corpo xeométrico en dúas partes iguais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao órgano dividido en dous lóbulos case da mesma lonxitude que o órgano enteiro, de maneira que está practicamente separado en dúas metades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que divide en dúas partes iguais.

    2. Lugar xeométrico dos puntos que equidistan dos dous lados planos dun ángulo diedro, que queda dividido en dous diedros iguais. Dous planos non paralelos determinan catro ángulos diedros, para os que se distinguen dous planos bisectores.

    3. Lugar xeométrico dos puntos que equidistan dos costados dun ángulo, que queda dividido en dous ángulos iguais. Dúas rectas que se cortan determinan catro ángulos, iguais dous a dous. As súas bisectrices son dúas rectas perpendiculares entre elas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corte dado de xeito oblicuo no bordo ou extremidade dunha peza limitada por dúas caras paralelas, como o fío dunha ferramenta, o contorno dun cristal, etc. O tallado ten como finalidade eliminar as arestas demasiado pronunciadas formadas pola intersección de dúas caras en ángulo agudo ou recto ou, pola contra, aguzar un dos bordos, coa intención de facelo cortante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de biselar.

    2. Que ten bisel.

    3. Acción e efecto de biselar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicar cortes en bisel a algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moble romano de uso honorífico no que se podían sentar dúas persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que acontece ou se fai dúas veces por semana ou cada dúas semanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está disposto formando dúas series ou dúas ringleiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao ano de 366 días, no que o mes de febreiro ten 29 días no canto de 28. A reforma gregoriana do calendario estableceu a seguinte matización: son anos bisestos os designados por un número divisible por catro, agás os seculares que só serán bisestos se son divisibles por catrocentos (p ex: o ano 1900 non é bisesto, pero o 1900 e 2000 si). OBS: Este adxectivo úsase exclusivamente na expresión ano bisesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten dous sexos. OBS: A grafía x representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen posúe tendencias sexuais cara a individuos de ambos os dous sexos ou que ten prácticas tanto heterosexuais coma homosexuais.

    2. Aplícase ao organismo que reúne dous sexos no mesmo individuo. OBS: A grafía x representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de bisexual.

    2. Sexualidade do individuo que manifesta impulsos sexuais dirixidos a ambos os dous sexos. Segundo a psicanálise, a bisexualidade aparece en diversos graos en todos os seres humanos. OBS: A grafía x representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Idaho, EE UU, á beira do río Boise (125.740 h [1990]). Trátase dun núcleo industrial. A cidade foi fundada no ano 1863 a raíz do descubrimento de xacementos de ouro na rexión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político francés, vizconde de Bonald. Exiliado durante a revolución, volveu na época do Directorio. Foi ministro de Estado (1822) e par de Francia (1823). Vangardista do pensamento contrarrevolucionario, do lexitimismo e do tradicionalismo filosófico, as súas obras máis importantes son Théorie du pouvoir politique et religieux (Teoría do poder político e relixioso, 1796), Essai analytique sur les lois naturelles de l’ordre social (Ensaio analítico sobre as leis naturais da orde social, 1800) e Démonstration philosophique du principe constitutif de la société (Demostración filosófica do principio constitutivo da sociedade, 1830).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Abandonou os estudios de Matemáticas para ingresar na École de Beaux Arts do Louvre. Instalouse en Nova York dende os anos corenta, onde ten un estudo en Brooklyn. Froito dos seus primeiros tempos en América son a serie de Personaxes, onde xa aparece o seu gusto pola verticalidade. A falta dun fogar durante a súa infancia e mocidade, vese reflectida na construción de símbolos arquitectónicos. Nos anos cincuenta creou as goridas ou Lair, onde aparece a anchura xunto á verticalidade. Estas instalacións acadarían novas formas nos oitenta coas Lairs articulates lairs. Nos anos noventa a súa escultura adoita unha nova forma, as Cells (celas), compostas por portas circulares. A súa obra amosa tamén un culto á muller: Femme-maison, Femme desorientée. En 1982 tivo lugar no MOMA de Nova York a primeira exposición retrospectiva da súa obra, posteriormente tiveron lugar outras dúas en París e Londres en 1985. Participou na Bienal de Venecia de 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero fósil procedente do Oligoceno (35 M a) de Bolivia, é o máis antigo dos atopados en América do Sur. Coñecido só pola súa fórmula dentaria, que parece anticipar a que será a fórmula típica dos Platirrinos (macacos do Novo Mundo), aínda que conserva trazos que o emparentan cos Haplorrinos (semiorde que agrupa os Platirrinos e os Catarrinos do Vello Mundo) africanos, considérase un antepasado dos Platirrinos.

    VER O DETALLE DO TERMO