"Ivo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 721.

  • Que tende á satisfación das necesidades ou das inclinacións naturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á aposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que expresa unha apreciación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que sente temor ante un posible dano ou molestia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Realizado por aproximación. OBS: A grafía x representa o son [Ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que depende do arbitrio.

    2. Relativo ou pertencente ao árbitro ou xuíz árbitro, arbitral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten características de arbusto ou semellanza con el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito da documentación relativa aos descubrimentos, ás conquistas e á administración das antigas posesións castelás de América e doutros territorios de ultramar, situado en Sevilla. Foi creado por Carlos III en 1781. Ocupa o antigo edificio da lonxa sevillana, construído a finais do s XVI. Os seus fondos orixinarios proveñen do Archivo General de Simancas, da Casa de Contratación e, posteriormente, do ministerio de Ultramar e doutros arquivos de carácter privado. A documentación que recolle (dividida en 14 seccións) comprende información sobre os descubrimentos, descrición de territorios e poboacións, os méritos e servicios dos primeiros descubridores, as reais cédulas de concesión de escudos de armas, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito establecido en Zaragoza para axuntar a documentación do antigo Reino de Aragón. A súa formación foi ordenada polas cortes de Monzón do 1427. As bombas francesas de 1809 incendiárono nunha boa parte. A conservada da deputación do Reino comprende, entre outras, as seguintes seccións: obras, correo enviado, mandatos, inventarios, nomeamentos, rexistros de actas, índice sumario, asistencia, habilitación de cabaleiros, matrículas de insaculados, infanzonía e finanzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación periódica do Instituto Diego Velázquez do CSIC (Madrid). Fundada en 1940, continúa a mesma liña da antiga publicación Archivo Español de Arte y Arqueología (1925-1937), dedicada a difundir traballos de erudición sobre diversos temas de arte hispánica, constituíndo a súa fonte fundamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito documental formado en Pamplona cos arquivos diplomáticos, de gobernación e de contabilidade do antigo Reino de Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito documental destinado a gardar a documentación producida polas diversas institucións estatais de Castela e da monarquía hispánica. O arquivo contén 61.505 legados e 5.196 volumes, comprendidos principalmente entre os ss XV e XVIII. As series principais catalogadas son títulos de Castela, Flandres, Italia e Portugal, amais de negociacións con Inglaterra e rexistros do selo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito documental creado en 1866 en Madrid, coa xuntanza de diversos arquivos do estado español e doutras procedencias, civís e eclesiásticas, cando xa existía o Archivo General de Simancas. En 1850, os documentos dos mosteiros e conventos desafectados e os das propiedades do estado foron recollidos na Real Academia de la Historia, de Madrid; pouco despois organizouse un arquivo xeral en Alcalá de Henares. O Archivo Histórico Nacional axuntou todos estes fondos -agás os da parte administrativa que permaneceron en Alcalá-, que foron destruídos durante a Guerra Civil (1936-1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na cidade de Santiago en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación nada en novembro de 1935 e que cesou en xullo de 1944, no número sete. Editada pola cátedra de Anatomía Descritiva e Topográfica da Facultade de Medicina de Santiago, foi dirixida por Ángel J. Echeverri e nela publicáronse traballos de especialistas galegos, españois e portugueses, xunto cunha extensa bibliografía de anatomía, ao final de cada un dos tomos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual aparecida na Coruña en 1949 dedicada á medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual editada na cidade da Coruña en abril de 1951. Formaban o consello de redacción os doutores P. Carda Aparici, X. García Bengoa e X. Mª. Santiago Luque. Colaboraron D. Carballeira, C. Sánchez Botija, X. Rof, L. Escribano e E. Gallego. Editouse por medio de fascículos ordenados alfabeticamente e a súa temática está relacionada coa veterinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto da documentación producida e recibida por un organismo público, unha institución relixiosa ou laica, unha empresa, unha familia ou un individuo, como resultado da súa actividade, conservada en previsión dunha utilización xurídica ou histórica. Os arquivos reais máis antigos foron descubertos nas escavacións de Mesopotamia e Asia Menor. Nas cidades gregas e en Exipto os arquivos estaban localizados nos templos, mentres que na Roma Imperial o lugar era o Tabulario, no Capitolio. Os arquivos medievais son relativamente tardíos. Ata moi avanzado o s XI a escaseza documental está motivada polo predominio da actuación oral. No s XII a renovación do dereito romano deu lugar á valoración do escrito, coincidindo co uso do papel, que facilitou a formación de arquivos. A partir da Idade Media a evolución dos arquivos presenta tres etapas principais. Durante a primeira cada administración conservaba a propia documentación como testemuño da orixe dos dereitos (privilexios, sentencias, contratos,...

    2. arquivo bibliográfico

      Recompilación de noticias bibliográficas sobre temas diversos ou persoas determinadas.

    3. arquivo capitular

      Conxunto da documentación relativa á administración dunha catedral e ás institucións relacionadas con ela.

    4. arquivo comercial

      Conxunto da documentación producida por unha empresa de interese económico, xeralmente privada, que por diversas circunstancias pode pasar a ser depositado nun arquivo histórico.

    5. arquivo de cine

      Institución destinada a recoller e conservar materiais e obras cinematográficas. A creación dos arquivos de cine viuse dificultada pola baixa consideración que tivo o cine durante moito tempo, a neglixencia de moitos profesionais e as complicacións técnicas para a montaxe destes centros, especialmente no referido á conservación das vellas películas de nitrato. A tarefa está condicionada pola necesidade dunha temperatura constante e unha revisión permanente e coidadosa. Necesita, ademais, localización, edificios, laboratorios e técnicos especiais. A maioría dos arquivos, especialmente os de carácter nacional, están asociados e intercambian materiais por medio dunha federación internacional de arquivos do filme (FIAF).

    6. arquivo diocesano/episcopal

      Conxunto da documentación relativa á administración dunha diócese. En Galicia existen o arquivo diocesano de Santiago de Compostela e o arquivo histórico diocesano de Tui.

    7. arquivo fiscal

      Depósito central ou rexional da documentación relativa á administración económica dos bens do Estado e as finanzas públicas dende o s XVIII en diante, do que quedaban excluídos, polo xeral, os documentos antigos de orixe eclesiástica recollidos noutros arquivos de carácter histórico.

    8. arquivo gremial

      Arquivo formado pola documentación das corporacións profesionais.

    9. arquivo histórico

      Arquivo creado e ordenado coa finalidade de ser utilizado na investigación histórica. Un caso particular son os arquivos históricos provinciais, creados en España desde 1931. No caso de Galicia existen catro, o de Lugo, Ourense, Pontevedra e A Coruña, este último integrado no Arquivo Histórico do Reino de Galicia. Gardan documentación variada de carácter municipal, protocolos notariais, facenda, xulgados, confrarías relixiosas, centros de sanidade e beneficencia, etc. O Arquivo Histórico Provincial de Lugo está situado na Deputación Provincial, o de Ourense no Pazo Episcopal, mentres que o de Pontevedra ocupa un edificio independente. Outro arquivo galego importante é o Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquivo xurdido como depósito da documentación xerada pola Real Audiencia de Galicia. Exerce como Arquivo Xeral de Galicia e Arquivo Histórico Provincial da Coruña desde 1945, e desde 1989 tamén como Arquivo Histórico da Administración Territorial Autonómica. Os seus antecedentes históricos parten das disposicións de Carlos V, que no ano 1543 ordenou gardar e conservar todos os procesos da Real Audiencia de Galicia, creada en 1480 polos Reis Católicos. No ano 1775, por unha Real Cédula de Carlos III creouse o Arquivo e foille asignado o persoal e o regulamento de funcionamento. Nun principio estivo instalado no Pazo da Real Audiencia (hoxe Capitanía Xeral), trasladado no 1936 ata o Pazo de Xustiza e, en 1956, á actual localización, na Casa da Cultura. Os fondos proceden de institucións públicas do ámbito galego e provincial da Coruña, destacando o fondo da Real Audiencia de Galicia, órgano de xustiza, administración e goberno durante o Antigo Réxime, con documentación desde o século XVI....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquivo e biblioteca fundados en 1835 que dependen da Deputación provincial da Coruña. Dispón de lectura en sala e préstamo a domicilio, hemeroteca, fonoteca e videoteca. Conta con máis de cen mil títulos, case mil publicacións periódicas e unha importante colección de microfilmes, microfichas, planos, mapas e gráficos. Posúe un manual de 1520 e, entre os fondos especiais, ten as bibliotecas galegas de Blanco Maneiro, Xosé Mosquera Pérez o vello dos contos, Luís Seoane e as bibliotecas de Carlos Martínez Barbeito e de Puga Pequeño.

    VER O DETALLE DO TERMO