"Lara" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 110.

  • Liñaxe da alta nobreza que desempeñou un importante papel na vida política de Castela desde o s X ata o s XV. A súa orixe atópase en Gonzalo Fernández , conde de Burgos, que construíu o castelo de Lara preto do río Arlanza en Burgos a finais do s IX. O seu fillo, Fernán González , foi o primeiro conde de Castela. Esta liña extinguiuse en 1029 coa morte do conde García II de Castela a mans dos seus rivais, os Vela. Unha liña secundaria desta liñaxe, que desde finais do s X posuíu a vila e o alfoz de Lara, acadou importancia política con Pedro González de Lara , morto cara a 1130, privado da Raíña Urraca. Os seus fillos, Manrique Pérez de Lara , Álvaro Pérez de Lara e Nuño Pérez de Lara loitaron contra os Castro pola rexencia e a titoría de Afonso VIII. Álvaro Núñez de Lara , que morreu en Toro cara a 1219, tomou á Raíña Berenguela I de Castela a rexencia de Enrique...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ninfa que, segundo Ovidio, habitaba en Lacio e tiña por alcume a larapetas. Como Xúpiter amaba a ninfa Iuturna e esta fuxía del, o deus pediulle a todas as ninfas que o axudasen a capturala. Aceptaron todas, pero Lara transmitiu a intención de Xúpiter, que chegou a oídos de Iuturna e da propia esposa do deus, Xuno. Como castigo pola súa imprudencia, Xúpiter arrincoulle a lingua e entregoulla a Mercurio para que este a levase aos infernos, onde se convertiu en ninfa das augas. Polo camiño, Mercurio violouna e, froito deste acto, tivo dous fillos xemelgos, os deuses lares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista. De familia acomodada, comezou a difundir as súas cancións no seu propio programa de radio. Creador de 455 temas, destacan as cancións “Imposible” (1929), “Granada” (1935), “Aventurera” ou “Noche de ronda”. Tamén compuxo a opereta El pájaro de oro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor. Despois da Guerra Civil (1936-1939) instalouse en Barcelona, onde levou a cabo o seu labor editorial. Fundou a Editorial Planeta en 1949, que publica preferentemente obras de autores en lingua castelá, e en 1952, instituíu o Premio Planeta, un dos máis importantes do mundo da literatura castelá. Recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito Cultural da Deputación de Barcelona e a Creu de San Jordi da Generalitat de Catalunya (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Bergantiños, situado ao O da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia da Coruña. Limita ao N co concello de Arteixo (A Coruña) e o Océano Atlántico, ao L cos concellos de Culleredo (A Coruña) e Cerceda (Ordes), ao S co de Cerceda e ao O co concello de Carballo (Bergantiños). Está situado a 43° 14’ latitude N e 8° 34’ lonxitude O. A Laracha localízase a 22 km ao SO da cidade da Coruña e a 62 km da capital galega, Santiago de Compostela. Abrangue unha superficie de 125,8 km 2 cunha poboación de 10.871 h (2007) distribuídos nas parroquias de Cabovilaño, Caión, Coiro, Erboedo, Golmar, Lemaio, Lendo, Lestón, Montemaior, Soandres, Soutullo, Torás e Vilaño. A capital do concello é A Laracha, na parroquia de Torás. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Carballo.
    Xeografía física
    O seu relevo caracterízase por un declive cara ao mar e pola súa variedade. AO S, a serra de Montemaior, de natureza granítica,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Tetuán, Marrocos, situada na desembocadura de Loûkkos (45.710 h [1971]). É un porto do Atlántico, situado preto de Lixus, antiga colonia fenicia e despois romana. Nos ss XV e XVI converteuse nun importante centro de piratería. Cedida en 1610 a Filipe III, a cidade quedou ocupada ata 1689. Asignada a España polo acordo hispano-francés de 1904, estivo baixo protectorado español desde 1912 ata 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fogueira que se fai sobre o lar.

    2. Conxunto de leña que se queima e produce grandes lapas.

    3. Morea de leña que se bota xunta ao lume.

    4. Conxunto de bacoriños que a porca pare dunha soa vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen mancha moito a cara cando come.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sucidade ou cotra, especialmente na cara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • larafuceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á fase laramiana.

    2. Fase oroxénica que pregou, durante o Cretáceo superior, as montañas Rochosas. Foi a derradeira das grandes oroxenias de América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito comestible da laranxeira, de forma redondeada ou ovada, de tamaño variable e dividido internamente en cuarteiróns. O seu sabor é doce ou agridoce, aínda que varía segundo as distintas variedades. É dunha gran riqueza alimentaria, ten un elevado contido vitamínico, especialmente de vitamina C, e de diversas sales minerais, tamén contén aminoácidos e pectinas. Existen numerosas variedades que se poden dividir en tres grupos: navel, brancas e sanguina. A laranxa navel presenta un froito secundario interno na parte apical, non ten pebidas e son moi zumentas; a laranxa branca é a máis común, ten pebidas, é doce e saborosa pero sen case zume, e a laranxa sanguina ten a polpa de cor vermella. Ademais de ser consumidas directamente como froita, as laranxas empréganse para preparar confeitos e marmeladas e tamén para obter zume. Da pel extráese o aceite esencial de laranxa.

      1. Materia colorante laranxa.

      2. laranxa básico

        Colorante básico do grupo da acridina que se obtén pola condensación do p-aminobenzaldehido con N 4 -feniltolueno-2,4-diamina, seguida dunha oxidación. Emprégase como colorante de seda e de peles.

      3. laranxa de acridina [3,6 -tetrametildiaminoacridina]

        Colorante acridínico básico de cor laranxa brillante. Emprégase na industria téxtil, para o estampado de fibras como o algodón, seda e la. Tamén se emprega para facer lacas ou tinguir pel.

      4. laranxa de metilo

        heliantina.

    2. Fungo ascomiceto que presenta o carpóforo en forma de copa, sésil, de cor branca exteriormente e co interior de cor laranxa, co marxe lobulado e co himenio no interior da copa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida feita a base de zume de laranxa, auga e azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar poboado de laranxeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento entre España e Portugal que tivo lugar entre xaneiro e xullo de 1801. Promoveuna Francia para obrigar aos portugueses a renunciar á alianza co Reino Unido. As tropas españolas dirixidas por Godoy acadaron a rendición de Portugal con escasa resistencia e incorporaron a España a cidade de Olivenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que reciben dúas especies do xénero Citrus, C. aurantium e C. sinensis, da familia das rutáceas.

    2. Árbore perenne, de ata 10 m de altura, que presenta copa redondeada, codia de cor verde e talos espiñosos. As follas son coriáceas, alternas, elípticas ou lanceoladas, de cor verde intensa co pecíolo alado. As flores son de cor branca moi perfumadas, solitarias ou en pequenos grupos axilares, con 5 pétalos e numerosos estames, máis grandes que na especie C. sinensis, e froito, a laranxa amarga, en hesperidio de sabor amargo. Florece na primavera e os froitos comezan a madurar en novembro. É orixinaria de China. Cultívase como árbore ornamental en parques e xardíns.

    3. Árbore perenne, de ata 10 m de altura, que presenta a copa redondeada e a codia de cor castaña e lisa. As follas son coriáceas, simples, oblongas, elípticas ou elíptico-lanceoladas, agudas no ápice e con pecíolo estreitamente alado. As flores son solitarias ou en acios, de cor branca con 4 ou 5 pétalos e numerosos estames, e o froito, a laranxa, en hesperidio coa codia bastante lisa e de sabor doce ou agre, pero non amargo. É orixinaria do SL de Asia. Cultívase como árbore ornamental e alimentaria nos países do Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á laranxa ou á laranxeira.

    2. Persoa que vende laranxas.

    VER O DETALLE DO TERMO