"Lob" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 251.

  • Proteína incolora que coagula coa calor e é soluble en auga e en solucións ácidas e alcalinas. Forma parte da hemoglobina e da mioglobina nas que se asocia ao grupo hemo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corpo con forma de esfera ou semellante a ela.

    2. Bolsa de plástico ou doutro material flexible e de forma esférica, que se incha de aire ou dun gas lixeiro e que se emprega normalmente como xoguete.

    3. Obxecto esférico de vidro ou doutro material transparente ou difusor que recobre unha lámpada destinado a repartir e a difundir a luz ou a cambiar a súa cor e que tamén lle serve de protección.

    4. Espacio en branco que se utiliza nos cómics, chistes ou gráficos, para conter as palabras e as expresións dos personaxes.

      1. globo aerostático

        Aerostato sen motor consistente nun receptáculo que contén un gas máis lixeiro ca o aire en condicións normais (hidróxeno, helio ou aire quente), que se eleva por mor da forza ascensional (principio de Arquímedes) e que pode ir provisto dun habitáculo para levar tripulantes ou instumentos. Posto que o peso específico do aire atmosférico diminúe ao aumentar a altura, a forza ascensional acaba por resultar nula; alcánzase daquela o equilibrio aerostático. Nestas condicións, para continuar elevándose, cómpre soltar lastre, aumentar o volume ou, no caso dos aerostatos de aire quente, quentar o aire do globo mediante un quentador.

      2. globo sonda

        Globo libre non tripulado empregado para rexistrar datos da atmosfera como a presión, a temperatura ou a humidade.

    5. Esfera que ten representadas na súa superficie, nunha posición semellante á que ocupan no espacio, as principais estrelas, constelacións e os círculos fundamentais.

    6. Órgano da vista nos animais superiores. Tamén recibe a denominación popular de bugallo do ollo.

    7. Representación cartográfica da Terra sobre unha esfera. As deformacións que se producen na representación, tendo en conta que a Terra é máis ou menos esférica, son mínimas. Recibe tamén o nome de esfera terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trombonista e compositor esloveno. Estudiou trombón con Karas, Mason e Lafosse, e composición con L. Berio e R. Leibowitz. Compuxo Étude pour Folklora I, La Ronde, Discours I-II-III e Voie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao globo.

    2. Que ten forma de globo ou esfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos glóbulos.

    2. globoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das globulariáceas, que presentan follas coriáceas e de flores azuis reunidas en capítulos globulosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén glóbulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das proteínas globulares, que forman un grupo moi diverso, algunhas das cales teñen átomos metálicos (Fe, Cu, Zn), ou son lipoproteínas ou glicoproteínas. Están presentes no leite, ovos, sangue e como proteína de reserva nas sementes. Entre as máis importantes existen as do plasma sanguíneo, con tres fraccións separables: a α-globulina, a β-globulina e a γ-globulina (gammaglobulina). A α-globulina é a fracción proteica composta por diversas proteínas que coinciden na carga eléctrica. Existe o grupo α1(α1-lipoproteínas, α1-seromucoides, α1-glicoproteínas) e o grupo α2(α2-macroglobulinas, α2-lipoproteínas, haptoglobinas e ceruloplasmina). A β-globulina é a fracción proteica heteroxénea que contén a transferrina, unha lipoproteína, unha glicoproteína, a properdina e outros elementos. A γ-globulina contén a maioría dos anticorpos (antistreptolisina,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación á que se somete unha aliaxe bifásica para que unha das fases apareza en forma redondeada dentro dunha matriz metálica. Coa globulización obténse un metal máis mecanizable, ao mesmo tempo que diminúe a dureza e aumenta a tenacidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corpúsculo de forma esférica ou esferoidal.

    2. Nome que se dá a diversos corpúsculos do organismo que presentan unha forma pouco ou moi esférica. Son de constitución diversa, como os glóbulos vermellos ou eritrocitos, os glóbulos brancos ou leucocitos, os glóbulos organoplásticos ou células embrionarias, os glóbulos do cristalino ou de Morgagni, presentes entre o cristalino e a cápsula nos enfermos de cataratas, e os glóbulos de Marchi, produto da dexeneración da mielina da medula espiñal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula embrionaria que dá lugar a un granulocito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bacteria que presenta unha capacidade especial para soportar grandes niveis de sal. A concentración óptima para o seu desenvolvemento é do 30%.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de chinches mariñas da familia dos halobátidos. Forma grandes aglomeracións moi lonxe das costas. Atópanse sobre a superficie mariña sen quebrar a película de auga grazas á tensión superficial, para facilitala están provistas dunhas patas rematadas nunha almofadiña de pelos que repelen a auga. Nunca penetran nela nin tan sequera para cazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos halobátidos.

    2. Insecto da familia dos halobátidos.

    3. Familia de insectos heterópteros. Caracterízanse por habitar a superficie da auga ou entre as plantas acuáticas. Presentan corpo alongado e estreito, cabeza e antenas longas e as patas delgadas terminadas nuns pelos repelentes da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao conxunto de organismos que habitan en medios con alta concentración de cloruros, polo que a maioría son mariños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos vexetais que producen unicamente individuos sexuais haploides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Globulina do plasma sanguíneo capaz de ligar a hemoglobina que circula libremente. Compróbase que aumenta nos procesos inflamatorios e que diminúe nas hemólises.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás helobiais.

    2. Planta da orde das helobiais.

    3. Orde de monocotiledóneas integrada por plantas herbáceas acuáticas, de auga doce ou mariña, que presentan as follas frecuentemente estipuladas e as flores regulares, con tres pétalos. O ovario contén moitos óvulos. O froito pode ser un folículo, unha pequena baga ou ben un froito seco e indehiscente.

    VER O DETALLE DO TERMO