"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • Sal de amonio cuaternario, mestura de cloruros de alquilbencildimetilamonio de fórmula xeral [C6H5CH2N(CH3)2R]+ Cl- onde R é unha mestura de grupos alquilo de fórmulas entre C8H17 e C18H37. Emprégase como axente tensioactivo catiónico e, a grandes dilucións, como xermicida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gerald Hugh Tyrwhitt-Wilson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, escultor e pintor. Protexido polos papas Urbano VIII e Alexandre VII, levou a cabo un gran labor artístico en Roma, en pleno fervor da arte defendida pola Contrarreforma. Nas súas dúas primeiras obras, David (1619) e o grupo Apolo e Dafne (1621-1622), están presentes todos os elementos que caracterizan a arte barroca: movemento moi acentuado e textura pitórica. A mesma sensación existe no Éxtase de santa Teresa (1646), onde o atavío da personaxe é a manifestación da axitación da súa alma. Este patetismo repetiuse na Beata Ludovica Albertoni (1671-1674). Outras das súas obras escultóricas son as estatuas de San Longino (1629-1632) e os mausoleos de Urbano VIII (1647) e Alexandre VII (1671-1678). Unha concepción semellante é perceptible na súa obra arquitectónica. Concibiu o baldaquino do altar maior de San Pedro de Roma (1633) como unha estrutura sostida por catro columnas salomónicas de bronce. A teatralidade que caracterizou esta obra repítese...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abreviatura de background color, ou cor de fondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e na Universidade de Sevilla, onde se licenciou en Belas Artes na especialidade de Pintura. Ampliou a súa formación no mosteiro de San Cugat del Vallés (Barcelona) e na Escola de Belas Artes de Perugia (Italia). É profesor de Debuxo na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. A súa actividade abrangueu tamén o campo da escultura. As súas primeiras obras están influenciadas polo Impresionismo e por postsimpresionistas como Vincent Van Gohg ou Cézanne, para ir decantándose máis tarde polo Expresionismo abstracto, en particular polo Action Painting americano. Foi un dos membros, a partir de 1985, do grupo Nome. A súa obra caracterízase polo coidado especial nas texturas e pola continua experimentación na busca do comezo mesmo da pintura e da revisión dos seus principios. Realizou exposicións individuais e colectivas en Santiago de Compostela, Vigo, Bilbao, Segovia e Sevilla. Participou nas mostras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De dúas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado da Europa oriental, tamén coñecido como a Rusia Branca. Limita ao NL e ao L con Rusia, ao S con Ucraína, ao O con Polonia e ao NO con Lituania e Letonia (208.000 km2; 10.401.784 h [estim 1999]). Esténdese entre os 56° e os 51° de latitude N e os 23° e 32° de lonxitude L. A capital é Minsk.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    O país ocupa unha depresión herciniana encadrada entre aliñamentos cristalinos. A forma de relevo máis usual son as chairas e as ondulacións provocadas polas glaciacións cuaternarias (morrenas e incisións glaciais). En xeral, pódense distinguir tres áreas: ao N, na conca do Dvina, hai unha área palustre interrompida por outeiros; no centro, e en dirección NL-SO, esténdese unha liña de pequenos cumios, a Belorusskaja Gr’ada, na que está a altitude máxima do país, o monte Majak, 356 m; ao S, na Polesia (Polesje), esténdense vastas áreas pantanosas, as máis...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bielorrusia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Bielorrusia.

    3. Lingua eslava setentrional que xunto co ruso se fala en Bielorrusia e nas zonas veciñas. Presenta características de transición entre o ucraíno e o polaco. Ten uns dez millóns de falantes. Escribíase en alfabeto cirílico e o moderno estándar baséase no dialecto da capital.

    4. Literatura escrita en lingua bielorrusa. As primeiras manifestacións remóntanse aos ss XI e XII (Evanxeo de Turov), pero non se desenvolveu ata os ss XIII e XIV, cando o gran ducado de Lituania adoptou a lingua de Bielorrusia como oficial. A incorporación a Polonia (1569) comportou un achegamento a Rusia e unha defensa da relixión ortodoxa que produciu obras como o Reč’ Meleški (Discurso de Melešta). Malia todo, coa progresiva “polonización” das clases elevadas, durante os ss XVII e XVIII, a produción reduciuse á literatura popular de transmisión oral. Despois da incorporación a Rusia, iniciouse un movemento romántico, pero non foi ata o remate do s XIX cando se afirmou a tradición literaria. Estimulada polos acontecementos de 1905 e pola revolución do 1917, a produción literaria ampliouse a todos os xéneros, e xurdiron escritores como Janka Kupala (1882-1942), Jakub Kolas (1882-1956) e Zmitrok B’adul’a (1886-1941), entre outros. Despois da Segunda Guerra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten dúas flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enerxía térmica desprendida polos seres vivos que ten como fonte a actividade metabólica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida da cantidade de calor producida polos organismos vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica. Profesora na Facultade de Belas Artes de Bilbao entre 1989 e 1992, imparte clases de Pintura na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. A súa obra nace dun proceso intuitivo, onde as sensacións dirixen a acción, acadando un acto creativo como experiencia de carácter máxico, traspasando a liña do cotián. Dende 1993 desenvolve traballos relacionados coa natureza e coas enerxías telúricas que dela se desprenden. Entre as súas obras destaca: Asexo proposto. Asexos para provocar encontros (1993-1994) e Asexo á curiosidade (1994). Realizou diversas exposicións tanto fóra como dentro de Galicia, especialmente no País Vasco e en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico ortopedista austríaco. É autor de traballos básicos sobre o tratamento dos traumatismos e destacou como o introdutor de numerosas técnicas e instrumentos empregados en traumatoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista, astrólogo e historiador. É autor de poemas, de diversos escritos astrolóxicos como De rebus coelestibus (Sobre as cousas celestiais), dun Chronicon (do 903 ao 1458) e dunha historia dos reis de Nápoles e de Sicilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe feminina do cancioneiro popular. A canción de Brancaflor é de tema cabaleiresco e a probablemente teña a súa orixe na tradición literaria medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro no que se inclúen, entre outros, relatos da predicación do apóstolo Santiago na Hispania. Téñense referencias del dende o s VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia de estrutura similar á mepivacaína, que funde a 225°C. Emprégase en medicina como anestésico local. A súa potencia anestésica é catro veces superior á da lidocaína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • George Gordon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Ademais de cursar estudios de debuxo e pintura, estudiou maxisterio e piano. Nas súas obras reproduciu as porcelanas de Sargadelos e os encaixes de Chantilly, Bruxas e Camariñas, ademais de paisaxes, bodegóns e monumentos antigos. Realizou exposicións en diversas cidades e vilas de Galicia e en Madrid. Da súa produción salienta Combarro e Divina Pastora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Traballou como estampador téxtil, creador de ready-mades, montaxes e ilustrador da Voz de Galicia. A súa obra percorre a figuración e a abstracción, o informalismo e a arte conceptual. Fundou os grupos Sisga e A Galga. Realizou a súa primeira mostra en 1973 e participou en Atlántica nas mostras de 1980 e 1981. En 1980 obtivo unha bolsa do ministerio de Cultura de México.

    VER O DETALLE DO TERMO