"MIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 424.
-
PERSOEIRO
Sindicalista boliviana. Membro dun grupo de indios dos Andes bolivianos, denunciou a situación da clase obreira do seu país. Participou en 1975 na Tribuna do Ano Internacional da Muller organizada pola ONU. Os seus discursos recolléronse nos volumes Si me permiten hablar... Domitila, una mujer en las minas de Bolivia (1977) e Aquí también Domitila! (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de espada empregada polos turcos e polos persas que se caracteriza por ter unha folla longa e curva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao caso que indica ‘en compañía de’, tanto en sentido flexional como no de pura función sintáctica. Nalgunhas linguas, como o finlandés, ten unha forma especial; pola contra, noutras confúndese con outros casos (no grego co dativo e no latín co ablativo).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Séquito que acompañaba o emperador. O concepto evolucionou e, máis tarde, incluíu a corte, e, por último, o exército en campaña. Nos pobos de orixe xermánica estaba constituído polo conxunto de guerreiros novos que seguían o monarca, vinculados ao caudillo por un xuramento de fidelidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xurisdicións territoriais de diversos tamaños instituídas polos monarcas asturianos en Galicia, dende finais do s VIII ata o s XI. O monarca situaba á fronte delas a un delegado coa obriga de manter a orde, ocuparse da administración de xustiza, recadar os tributos, organizar as prestacións persoais dos homes de cada circunscrición e dirixir as tropas. A evolución do reino levou a que o monarca lles concedese aos grandes señores a encomenda de dirixir varias destas xurisdicións, co privilexio de inmunidade.
-
-
Grupo de persoas elixidas para desempeñar cargos ou misións de interese común, en representación dun grupo, dunha asociación ou dun organismo, constituído por un número maior de membros. Entre os múltiples comités existentes poden sinalarse os comités de folga, que representan os traballadores durante as folgas e coidan do cumprimento dos seus dereitos; os de empresa, con múltiples atribucións, como a saúde laboral e a hixiene no traballo; os comités propresos, encargados da defensa dos encarcerados e das súas familias. Existiron ademais os comités de defensa que coidaban da integridade do sindicato ou movemento fronte a outros grupos ou ao Estado, os comités paritarios e os comités revolucionarios, entre outros moitos.
-
Órgano dirixente dos partidos comunistas. Os seus membros elixíanse en cada congreso do partido.
-
Órgano colexiado, representativo dos traballadores dunha empresa ou dun centro de traballo, elixido para a defensa dos seus intereses. De orixe electoral e de carácter non sindical, aínda que o ordenamento xurídico o dotou de funcións sindicais, constitúese nas empresas con máis de 50 traballadores. A duración do seu mandato é de catro anos pero mantéñense nas súas funcións ata que non se celebren novas eleccións. Se remata o mandato e non hai eleccións, automaticamente se prorroga. Para o exercicio das funcións de representación, os membros do comité de empresa teñen un número mínimo de horas mensuais retribuídas, segundo o número de traballadores que haxa en cada centro de traballo; ata 100 traballadores, 15 horas; de 101 a 250, 20 horas; de 251 a 500, 30 horas; de 501 a 750, 35 horas; e de 751 en adiante, 40 horas. Ao ser o crédito de horas retribuídas, o representante dos traballadores non debe ver minguado o seu salario e para a utilización das mesmas só debe avisar o empresario, quen...
-
Órgano encargado, nunha situación de folga, de participar en todas as actuacións dirixidas á solución do conflito, garantir a prestación dos servicios necesarios para a seguridade das persoas e cousas, e negociar co empresario para chegar a un acordo que poña fin á folga. Está composto por traballadores dos centros de traballo afectados.
-
Consello composto por un número igual de representantes obreiros e patronais, cun presidente nomeado polo goberno, que tivo como finalidade resolver por arbitraxe previa obrigatoria os conflitos laborais colectivos e individuais. Este tipo de comités constituíu o organismo básico do réxime corporativo paritario implantado en España durante a ditadura de Primo de Rivera, por decreto do 26 de novembro de 1926, obra do ministro de Traballo, Eduard Aunós. Inspirouse no corporativismo fascista de Italia e no movemento social católico. Non se baseaba nun sindicato único, oficial e obrigatorio, senón que teoricamente a sindicación era libre, aínda que as decisións dos comités paritarios eran de obrigado cumprimento para todos os patróns e obreiros do sector sobre o que tiñan xurisdición. Só na Compañía Telefónica se impuxo a sindicación única e obrigatoria. A UGT e os socialistas participaron nos comités paritarios en virtude do pacto tácito de non agresión existente entre eles e o goberno franquista....
-
Organismo creado en Francia en 1793 pola Convención. Había un en cada municipio e en cada distrito das cidades de máis de 25.000 habitantes. Chegaron a aplicar directamente a lexislación revolucionaria, pero foron abolidos ao caer o réxime do Terror (xullo de 1794).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución constituída en Santiago de Compostela en novembro de 1890 polos seguidores do rexionalismo. Presidida por Manuel Murguía, tiña como secretario a Manuel Cabeza de León, profesor da facultade de Dereito, e como vocais a Alfredo Brañas, catedrático de Economía política, Xosé Tarrío, Barcia Caballero, Pereiro Romero e Enrique Lens. Entre os seus obxectivos figuraban o establecemento de vínculos entre as vilas galegas sen por iso crebar a unidade de España, conseguir que os representantes en Cortes por Galicia fosen galegos, acabar co caciquismo, fomentar as artes e as industrias galegas, solicitar unha rebaixa de impostos ao goberno de acordo coa situación dos labregos galegos e levar a cabo todo tipo de iniciativas para acadar o progreso material, moral e intelectual de Galicia. Foi realmente o impulsor, baixo a dobre dirección de Murguía e Brañas, dos comités rexionalistas que se fundaron en todas as cidades e vilas galegas desde 1890. Integraba, ademais, o consello de redacción...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo constituído baixo os auspicios da ONU no ano 1959. Ten por misión o establecemento de recomendacións técnicas e de tarifas para regular as comunicacións telegráficas e telefónicas a escala mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano con carácter consultivo creado polo Tratado da Unión Europea e asinado en Maastricht o 7 de febreiro de 1992. Está composto por representantes das colectividades rexionais e locais dos quince estados membros da UE. Os seus compoñentes son nomeados polos membros do Consello Europeo, por catro anos e por unanimidade. O Comité das Rexións pode ser consultado polo Consello ou pola Comisión Europea en materias de educación, xuventude, cultura, saúde pública, redes transeuropeas e cohesión económica e social. Tamén pode emitir un ditame por propia iniciativa cando se considera que están en xogo intereses rexionais específicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comisión permanente do Congreso dos EE UU, constituída en 1938, para investigar organizacións consideradas subversivas, en xeral, de tendencia esquerdista. Nos anos corenta e cincuenta protagonizou unha auténtica “caza de bruxas” entre actores, guionistas e directores de cine de Hollywood. Aboliuse en 1975.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado en Londres en 1936, destinado a garantir a neutralidade das grandes potencias na Guerrra Civil española (1936-1939). Constituírono Francia, Reino Unido, EE UU, Italia, Alemaña, URSS, Bélxica, Holanda, Checoslovaquia e Polonia. Disolveuse o 20 de abril de 1939.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político venezolano de tendencia socialcristiá fundado en 1946 por Rafael Caldera. En 1958 formou parte da Junta Patriótica que substituíu o ditador Marcos Pérez Jiménez. Gobernou o país cos presidentes Rafael Caldera (1969-1974) e L. Herrera Campins (1979-1984).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de goberno colectivo que rexeu Francia desde abril de 1793 a xullo de 1794. A elección dos seus membros pola Convención derivou nunha simple formalidade e acabou impoñendo a vontade revolucionaria de París no resto do territorio por riba da Asemblea. O primeiro Comité, liderado por Danton, distinguiuse do segundo ou Gran Comité de Salvación Pública (a partir de xullo-agosto de 1793). Comprendía un grupo político formado por Robespierre, asistido por Couthon e Saint-Just (o “triunvirato”), ademais de Barère, Billaud-Varenne e Collot d’Herbois, xunto a un grupo de técnicos. Contra a crise económica, extremou o racionamento e o control dos prezos. Practicou o réxime do terror, suprimiu as liberdades de culto e prensa, levou a cabo a descristianización e implantou o calendario revolucionario e o culto á razón. Contra os inimigos do exterior promoveu a mobilización xeral, a fabricación de armamento e a organización dos exércitos. Despois do Termidor e da execución de Robespierre e dos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado en Londres en 1850 por políticos exiliados de toda Europa a consecuencia dos feitos revolucionarios de 1848-1849. Estaba liderado polo italiano Giuseppe Mazzini, o francés Ledru-Rollin, o alemán Struve e o húngaro Kossuth. A súa finalidade era conseguir a liberación das nacionalidades oprimidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1951 coa finalidade de axudar os emigrantes de todo o mundo, sobre todo europeos, que quixeran establecerse en territorios de densidade demográfica escasa (Australia e Canadá) ou con falta de persoal técnico cualificado (América Latina). Axuda tamén ao restablecemento de refuxiados en lugares de asilo permanente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo de xestión creado en 1929 para preparar os Congrés Internationaux d’Architecture Moderne (Congresos Internacionais de Arquitectura Moderna, CIAM). Os seus membros, elixidos polo mesmo congreso, tiñan a misión de ocuparse dos temas centrais e da súa posterior resolución. En 1932 tivo lugar en Barcelona unha reunión do CIRPAC para preparar o Congreso de Moscova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización non gobernamental, integrada no Comité Olímpico Internacional, fundada o 23 de novembro de 1912 e presidida por Gonzalo de Figueroa ata 1921. O 11 de xaneiro de 1924 declarouse formalmente constituída, coincidindo coa entrada en vigor dos seus estatutos. Ten como principais misións promover no territorio español o espírito do olimpismo e organizar os equipos que participen nos Xogos Olímpicos en representación de España. Para esta última función colabora coas distintas federacións, que son membros do COE, e responsabilízase directamente da selección e dirección técnica dos deportistas nas súas respectivas modalidades. A súa orixe remóntase ao remate do s XIX; o primeiro antecedente corresponde á entrevista entre o barón de Coubertin e a raíña rexente María Cristina, na que o promotor da restauración do olimpismo solicitoulle a designación dun embaixador de España para o Comité Olímpico Internacional. Coa elección do marqués de Villamajor, Gonzalo de Figueroa, España quedou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional non gobernamental sen fins lucrativos que ostenta a suprema autoridade do movemento olímpico. Fundouse no Congreso de París o 23 de xuño de 1894 e a súa sede está en Lausanne (Suíza). Unha das súas principais atribucións, ademais da difusión do ideario olímpico, é a promoción, regulamentación e supervisión dos Xogos Olímpicos. En relación aos Xogos, correspóndenlle, entre outras, as decisións sobre as disciplinas deportivas que se inclúen no programa e as cidades onde se celebran. Os membros do COI son designados pola súa propia asemblea a proposta da Comisión Executiva. O seu organigrama está encabezado polo seu presidente, elixido de entre os seus membros mediante votación secreta para un período inicial de oito anos, prorrogables despois de someterse a unha reelección; o presidente representa permanentemente o COI, decide a constitución das diferentes comisións e grupos de traballo, e ten a facultade de designar os seus membros. Ademais, a Comisión Executiva...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo membro do Comité Olímpico Internacional que ten a responsabilidade de seleccionar os integrantes dos equipos que acoden aos Xogos Olímpicos en representación do territorio sobre o que exercen a súa xurisdición. Ademais, encárganse de velar pola difusión e observancia dos principios éticos e filosóficos do olimpismo no seu país. Os comités olímpicos nacionais deben ser admitidos pola Asemblea do COI e representar a estados plenamente soberanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión, producida no ano 1921, da Xuntanza Nazonalista da Habana liderada por Francisco Gómez. Caracterizouse polo seu carácter separatista, que o aproximou aos comités separatistas cataláns de Cuba e que o afastou doutros movementos galeguistas da illa.