Comité Revolucionario Arredista Galego

Comité Revolucionario Arredista Galego

Escisión, producida no ano 1921, da Xuntanza Nazonalista da Habana liderada por Francisco Gómez. Caracterizouse polo seu carácter separatista, que o aproximou aos comités separatistas cataláns de Cuba e que o afastou doutros movementos galeguistas da illa.