"Mali" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 112.

  • FILOSOFOS

    Filósofo e economista ruso. Coñecido como Bogdanov, desenvolveu un sistema propio chamado empiriomonismo, influído por W. Ostwald e E. Mach. Substituíu a teoría dialéctica marxista por unha transformación creadora da realidade e a idea da revolución pola dunha constante elevación da cultura proletaria. Das súas obras destacan Empirjomonizm (1904-1906) e Tektologija (1913-1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ucraíno. Alistouse no Exército Vermello (1919) e durante a Guerra Civil Española (1936-1939) foi conselleiro militar da Brigada Líster. Na Segunda Guerra Mundial foi comandante da fronte do SO (1943-1944), dirixiu a campaña contra Xapón (1945) e ocupou Manchuria. Foi comandante en xefe do exército de terra e ministro de Defensa soviético (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Etnólogo polaco. Considérase o fundador da etnoloxía de campo moderna, foi un dos precursores da antropoloxía económica e introduciu a teoría funcionalista. O seu traballo de campo (1914-1919) entre os indíxenas das illas Trobriand en Nova Guinea, foi a base das súas teorías. Escribiu The Family among the australian aborigenes (1913), Crime and Custom in savage society (1926), The sexual sife of savages in Northwestern Melanesia (1936), The dynamics of culture change (1945) e A diary in the strit sense of the term (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Dirixiu o conservatorio de Venecia (1939-1952) e participou na modernización da música italiana coa fundación da Corporazione delle Nuove Musiche. Compuxo ballets, sinfonías, concertos e óperas, como Torneo Notturno (1929), Giulio Cesare (1936) e La Vita è Sogno (1941). Publicou as obras completas de Monteverdi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Nápoles e Sicilia (1738-1759) e de España (1759-1760), filla de Augusto III de Polonia e da arquiduquesa María Xosefa de Austria. Casou en 1738 con Carlos VII de Nápoles, futuro Carlos III o Político.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de España, filla do príncipe Maximiliano de Saxonia e de Carolina de Parma. Casou en 1819 con Fernando VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia do socialismo marxista que propugna a loita revolucionaria para impoñer un réxime baseado na propiedade colectiva dos medios de produción.

    2. Corrente que, dentro dun partido ou dunha corrente de pensamento, propugna o programa máis radical ou máximo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao maximalismo.

    2. Partidario do maximalismo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou A Mesa Plataforma plural e independente que se creou en abril de 1986 co obxectivo de promover o uso da lingua galega en todos os ámbitos da vida social. O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso da lingua en todas as áreas, así como denunciar todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo. A Mesa centra as súas actividades, sobre todo, nos campos do ensino, da toponimia, da administración e do galego exterior. No ensino intenta sensibilizar a mocidade e o profesorado, esixir á Xunta de Galicia a total normalización do galego, solicitar a elaboración dun proxecto de galeguización do ensino, participar na redacción dun modelo para a normalización lingüística do ensino e denunciar os incumprimentos dos decretos que regulan legalmente o uso do galego neste ámbito. Na toponimia, promove iniciativas para favorecer o uso de formas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia artística orixinada durante a década de 1960 en EE UU, como reacción á emocionalidade e subxectividade propias do expresionismo abstracto. O termo empregouno por vez primeira Richard Wollheim no Art Magazine, en 1965, para designar unha tendencia caracterizada pola impersonalidade e a redución das formas a estados mínimos de orde e complexidade. Desenvolveuse especialmente nos campos da pintura e da escultura, traballando con estruturas matemáticas e xeométricas, materiais industriais e cores planas. Tamén se denominou arte reducionista ou cool art. Destacaron Carl André, Donnald Judd, Dan Flavin, Sol Le Witt ou Robert Morris. OBS: Tamén se denomina minimal art.

    2. Expresión inventada por Michael Nyman para designar a estética musical baseada na repetición sistemática dunha pequena estrutura melódica e rítmica tonal que se vai transformando gradualmente. Considérase a Philip Glass o pioneiro deste estilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao minimalismo.

    2. Seguidor do minimalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas mariñas, da orde das nemalionais, formadas por cordóns cilíndricos, elásticos e xelatinosos, de cor parda vermella. Fíxanse ao substrato por medio dun disco basal provisto de varios eixes. En Galicia atópase a especie N. helminthoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás nemalionais.

    2. Alga da orde das nemalionais.

    3. Orde de rodofíceas da subclase das florideofícidas, integrada por algas mariñas e de auga doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz danesa. Foi un dos primeiros símbolos eróticos do cine europeo e interpretou personaxes de gran profundidade psicolóxica. Debutou con Afgrunden (Abismo, 1910), e protagonizou Hamlet (1920), Die freudlose Gasse (A rúa sen alegría, 1925), Dirnentragödie (Traxedia de putas, 1927) ou Unmögliche-Liebe (Amor imposible, 1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou estado de normal.

    2. Nome de equivalentes de soluto contidos en 1.000 ml de disolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Escola Normal.

    2. Alumno que asiste a unha Escola Normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1913. Subtitulada “Revista decenal. Órgano de los alumnos de la Escuela Normal Superior de Maestros de Santiago”, dirixiuna Francisco Vales Villamarín e editouse nos obradoiros tipográficos de El Eco de Santiago. Publicou un folletón do director da Escola Normal de Santiago de Compostela, Vicente Fraiz Andón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de normalizar ou normalizarse.

    2. Cambio de escala que fai que unha suma ou unha integral teña un valor unidade. A normalización acádase, xeralmente, mediante o axuste dunha conta arbitraria.

    3. Determinación e aplicación de normas nas características dun obxecto ou dun produto industrial ou na súa elaboración ou fabricación. A normalización dos procesos industriais permite aumentar a produtividade e reducir os custos, mellorar a calidade e aumentar a seguridade.

    4. Proceso sociocultural polo que unha lingua se adapta a unha regulación ortográfica, léxica e gramatical. A normalización ou planificación do status supón a elaboración dunhas regras para codificar e modelar un idioma, elaborando unha variedade supradialectal que sexa capaz de ampliar as funcións da lingua para acceder a ámbitos de uso lingüístico ata ese momento reservados a outra lingua. A normalización está destinada, pois, a situar unha lingua respecto doutras no mesmo plano, a abolir unha situación diglósica. É o traballo previo á planificación do corpus, ou normativización no proceso de planificación lingüística. No caso do galego, a de Lei de Normalización Lingüística, aprobada en 1983, significou a creación dun marco que garante e regula o proceso normalizador. A normalización do uso do galego comporta unha serie de actuacións que se foron producindo paulatinamente, como son a oficialización da lingua, a súa extensión ao ensino, á administración autonómica, aos medios de comunicación,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen normaliza.

    2. Dado un subconxunto S dun grupo G, conxunto Ns formado polos elementos x do grupo que verifican a relación xSx -1 = S.

    3. Dado un elemento a dun grupo G, conxunto Na formado polos elementos x do grupo que verifican a relación xax -1 = a. OBS: Tamén se denomina centralizador de a.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que unha cousa sexa ou se volva normal.

    2. Fixar algo seguindo unha norma.

    3. olverse algo normal.

    VER O DETALLE DO TERMO