"Martin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Estudiou en Zaragoza e Madrid e foi profesor do instituto Lucía Medrano de Salamanca dende 1949 e catedrático de Fundamentos de Filosofía e Historia dos Sistemas Filosóficos na Universidad de Oviedo dende 1960. É o creador dun dos sitemas filosóficos máis sólidos, coherentes e profundos do último terzo do s XX; así, a partir da súa crítica do materialismo histórico dende unha perspectiva marxista baseada na práctica, desenvolveu unha ontoloxía baseada en tres xéneros de materialidade (corporeidade ou exterioridade, interioridade e obxectos abstractos) e elaborou a súa Teoría del cierre categorial (1992). En 1988 o ministerio de Educación y Ciencia prohibiu o seu libro Simploké como libro de texto para o Bacharelato Unificado Polivalente (BUP). Fundou e dirixe a revista El Basilisco. Ao seu redor constituíuse a chamada Escola de Oviedo, que está aplicando a súa teoría do peche categorial a distintos eidos do saber: ontoloxía, teoría de la ciencia, antropoloxía,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Catedrático de Historia da Arte na Universidad Complutense de Madrid. Especializouse na arte gótica galega, tema da súa tese Contribución al estudo del gótico en Galicia (1959), e realizou numerosos estudios, entre os que destaca “Pervivencias y ecos del Pórtico de la Gloria en el gótico gallego” (1991). É colaborador de Cuadernos de Estudios Gallegos, Archivo Español de Arte, Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología e Cuadernos del Arte Español. Ademais participou en congresos e obras colectivas como Arte Galega: estado da cuestión (1990). Entre as súas obras cómpre salientar Historia del Arte Español (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático francés, descendente de Pierre Joseph Cambon. Gobernador xeral de Alxeria (1891) e embaixador de Francia en Washington (1897), Madrid (1902-1907) e Berlín (1907-1914). Co seu irmán Pierre Paul Cambon (París 1843 - 1924), tamén embaixador, preparou a alianza británica en caso de guerra con Alemaña (1912). Foi un dos signatarios do Tratado de Versailles (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Boborás. De orixe románica, en 1808 engadíuselle un corpo con remate de espadana á fachada principal e un receptáculo, hoxe sancristía, na fachada norte. Na portada sobresaen dous pares de columnas acobadadas con capiteis vexetais; sobre o ábaco sitúase unha imposta. A porta é unha arcada semicircular rodeada por unha decoración con billetes e con tímpano liso. A fachada sur é de estilo bizantino. Foi declarada Ben de Interese Cultural.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Interveu na fundación das Irmandades da Fala e estivo vinculado á causa republicana. Publicou Contos (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Publicou: Parrafeos de amor (1981), Feixe de gramos verdes e cousas do pobo (1981), Poemas (1982) e Idilios do Feal de Ansemil (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xornalista. Retirouse da carreira militar en 1854 para dedicarse a diversas actividades públicas. Militou na Unión Liberal e fundou os xornais El Correo e La Península. Foi elixido deputado en 1858 e, contrario á política de Isabel II, exiliouse en 1866. Regresou despois da Revolución de 1868 e foi novamente deputado e subsecretario do ministerio de Facenda. Publicou Hacienda de la nación (1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ximnasta. Fillo de Jesús Carballo García, iniciouse no deporte da ximnasia aos 5 anos de idade. Nos Campionatos do Mundo celebrados en San Juan de Puerto Rico en 1996 proclamouse vencedor na disciplina da barra fixa, título que revalidou en Tianjin 1999. Obtivo a medalla de prata nos Campionatos do Mundo de Lausanne 1997 e foi Campión de Europa en San Petersburgo 1998. Participou nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, onde acadou o sétimo posto en barra fixa, e na Universiada de Palma de Mallorca 1999, onde tamén obtivo posto de finalista. En xuño de 1997 gañou a medalla de ouro no concurso completo dos Xogos do Mediterráneo, celebrados en Bari. No plano técnico, incorporou ao repertorio ximnástico tres elementos que levan o seu nome (Carballo): un para barra fixa e dous para barras paralelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Chegou a Galicia en maio de 1811, enviado polo marqués de la Romana, ao mando de 2.000 homes; este continxente uniuse ás milicias populares para constituír a División do Miño, á fronte da que dirixiu a toma de Santiago de Compostela (23.5.1809). Morreu durante o asalto de Murcia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Profesor de dereito político e de teoría do estado, director do Instituto de Estudios da Administración Local e membro do Instituto Internacional de Ciencias Administrativas. Forma parte do corpo de letrados do Consejo de Estado, do corpo de secretarios de administración local e do corpo de técnicos da administración civil e do estado. Foi presidente da comisión de sanidade e asistencia social do I Plan de Desarrollo (1959), procurador en Cortes e secretario xeral técnico do ministerio da Gobernación. En 1973 foi nomeado director xeral da Administración Local e en 1974 ministro da Presidencia, cargo que exerceu ata marzo de 1975. En 1976 participou na formación de Alianza Popular (AP) e foi elixido deputado por este partido nas Cortes constituíntes de 1977. Entre 1982 e 1986 exerceu como vicepresidente segundo do Congreso de los Diputados. Colaborou nas revistas Documentación Administrativa, Ciencia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e narrador. Cursou estudios de dereito na Universitat Autònoma de Barcelona. A súa obra poética comprende os libros: Rexistro de menores espantos (1973), Os preludios (1980) e Libro de Caldelas (1982). Algúns dos seus poemas foron musicados por Miro Casabella, como “O meu país”, ou por Bernardo Xosé, como “O afiador”. Realizou en colaboración co seu pai, Manuel Casado Nieto, unha escolma de poetas europeos titulada Mostra antolóxica de poetas contemporáneos (1981). Como narrador é autor das novelas O inverno do lobo (Premio Blanco Amor 1985) e Os brasileiros (1986). Xunto con X. M. Salgado publicou X. L. Méndez Ferrín (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante, ilustrador e caricaturista. Estudiou na Escola de Comercio da Coruña ata que en 1919 comezou a colaborar como caricaturista en diversas publicacións como A Nosa Terra, Mondariz ou Alborada. Posteriormente traballou como ilustrador nas revistas Vida Gallega, Ronsel e Alfar e en El Ideal Gallego, xornal no que publicaba diariamente os seus debuxos acompañados dun pé cunha mensaxe filosófica. Ingresou na Irmandade da Fala da Coruña en 1920. En 1922 asinou con Manuel Antonio o manifesto vangardista Máis alá. En 1923 viaxou a París, onde frecuentou academias libres e trabou amizade con numerosos artistas da época, entre eles o pintor Foujita. Deixou de publicar por causa da Guerra Civil ata 1945. A súa obra posúe un grafismo de trazo expresivo, que nalgúns casos se achega ao retrato psicolóxico, acompañado de pés que subliñan o seu agudo e sutil sentido do humor. Entre as súas caricaturas salientan as de Antón...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lalín. Consérvase a ábsida rectangular da primitiva fábrica románica de principios do s XIII. No exterior non presenta contrafortes pero si un aleiro sostido por canzorros de proa. O arco triunfal é de medio punto peraltado e dobrado, sostido por un par de columnas entregadas con capiteis lisos de gran desenvolvemento superior e bases áticas con bólas no canto de poutas. A bóveda que cobre o presbiterio, que substitúe unha cuberta de madeira, foi construída cara ao 1850.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro, arquitecto e militar. Foi capitán xeneral do Reino de Galicia. Antes de chegar á Coruña, realizou algúns proxectos arquitectónicos e urbanísticos en Catalunya, como os planos da igrexa de Sant Miquel del Port, na Barceloneta (1753), e os da catedral nova de Lleida (1760). Entre 1776 e 1778 completou a urbanización da Rambla de Barcelona. En 1799 proxectou as Casas de Paredes na Coruña, onde tamén realizou o edificio do Consulado, que despois foi sede do Museo de Belas Artes. Foi membro de mérito en arquitectura da Real Academia de San Fernando de Cádiz (1768), consiliario da mesma institución (1770) e membro da Academia de Arquitectura (1774).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo municipio de Madrid, cidade á que se incorporou en 1947. Daquela era un barrio industrial e residencial, aínda que o proceso de crecemento urbano que experimentou Madrid rematou por convertelo tamén nunha das áreas comerciais e administrativas máis dinámicas. No barrio radica a estación ferroviaria de Chamartín.
-
PERSOEIRO
Neurólogo. Creador da clínica de neuroloxía e profesor de anatomía patolóxica no hospital de La Salpêtrière, en París. Describiu un gran número de enfermidades do sistema nervioso, entre elas a esclerose lateral amiotrófica ou enfermidade de Charcot. Foi un dos primeiros en considerar o histerismo (que tratou por medio da hipnose) como unha afección psíquica. Os seus traballos puxeron a Freud no camiño dos seus descubrimentos psicanalíticos. Entre as súas obras cómpre destacar Leçons sur les maladies des vieillards et les maladies chroniques (Leccións sobre as enfermidades dos anciáns e as enfermidades crónicas, 1867), Leçons sur les maladies du système nerveux faites à La Salpêtrière (Leccións sobre as enfermidades do sistema nervioso realizadas en La Salpêtrière, 1873) e Clinique des maladies du système nerveux (Clínico das enfermidades do sistema nervioso, 1892-1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo luterano. Lector en Wittenberg, en 1554 trasladouse a Brunswick, onde foi pastor. Escribiu en defensa da doutrina eucarística de Lutero e contra o concilio tridentino. A súa obra principal, Loci theologici, publicouse en 1591.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Director do Centro Atlántico de Arte Moderno (CAAM) de Las Palmas de Gran Canaria. Iniciou a súa formación no obradoiro de Manuel Ramos da súa cidade natal para despois trasladarse a Madrid, onde estudiou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando (1948-1952). Entrou en contacto coa escultura de Julio González e coa pintura de Fernand Léger durante a súa viaxe a París no 1952. En 1953 asistiu á School of Fine Arts, onde coñeceu a obra de Henri Moore. Regresou a Canarias e comezou a desenvolver a técnica do ferro forxado. O seu traballo en forxa reflexiona sobre o simbolismo de motivos iconográficos primitivos ou as relacións home-natureza, que o fan evolucionar desde a abstracción surrealista ata o conceptualismo. A obra desta primeira etapa caracterízase por unha estética surrealista e polo inicio dun interese polo primitivismo próximo á cultura guanche canaria e africana. No 1955 instalouse en Madrid e dous anos despois integrouse no grupo El Paso, onde desenvolveu...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Irixoa que pertenceu ao mosteiro de San Vicente de Curtis. No muro exterior sur consérvase unha lápida prerrománica do s X cunha cruz de brazos iguais rectos, colocada sobre un soporte. Do seu brazo horizontal penden as letras gregas alfa e omega, e sobre elas, represéntanse uns obxectos que poderían ser uns candeeiros de tres brazos. Arredor da peza aparece unha inscrición que fai referencia a san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación Caixa Galicia.