"Mayo" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 67.
-
PERSOEIRO
Director teatral. Grande impulsor do drama e da zarzuela en España, creou unha compañía teatral en Granada que co tempo se converteu na Compañía Nacional Lope de Vega (1946). Tamén participou na fundación da compañía Amadeo Vives e foi director do Teatro Español de Madrid (1954-1962). En 1961 creou o Teatro de Bellas Artes e en 1970 foi director do Teatro Lírico Nacional de la Zarzuela. Dos seus traballos destacan Las brujas de Salem (1956), El tragaluz (1967) e Antología de la Zarzuela (1987, 1996-1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e muralista mexicano. Pertenceu á xeración de Orozco, Ribera e Siqueiros. Alumno da Academia de Bellas Artes de México, da que foi profesor máis tarde, realizou grandes murais por encargo do goberno. Viviu en Nova York (1936-1948), onde fixo os frescos do Smith College de Northampton, ademais doutros en Ciudad de México, Puerto Rico e París. Formou parte da escola de París, onde residiu desde 1950, ensaiando unha simbiose entre o decorativismo francés e os motivos arcaizantes da arte precolombina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Óleo de Francisco de Goya realizado en 1814. De grandes dimensións (2,66x3,45 m), representa os fusilamentos por parte das tropas francesas dun grupo de madrileños que se resistían á ocupación. Fai parella con El Dos de Mayo de 1808 ou La carga de los mamelucos en la Puerta del Sol, do mesmo ano. Pintada cunha liberdade técnica sen precedentes, significou a renovación absoluta do cadro histórico. Consérvase no Museo del Prado.
-
PERSOEIRO
Sacerdote. Coñecido como o abade de Vilar e Couto, actuou como guerrilleiro durante a Guerra da Independencia na provincia de Tui. Atacou a cabalaría francesa na ponte de Mourentán (Arbo), participou no sitio de Tui e na reconquista de Vigo e Santiago de Compostela. Foi nomeado xeneral dos patriotas de Miño, cóengo da catedral de Santiago de Compostela e recibiu a Cruz de Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Salamanca, Castela e León, a 4 km da capital (3.518 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situada ao SO da serra de Almenara (2.673 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado na ribeira esquerda do río Alagón, preto da fronteira con Portugal (1.619 h [2001]). Dentro do seu termo atópase o castelo de Peñafiel.
VER O DETALLE DO TERMO