Tres de Mayo de 1808, El ou Los fusilamientos de La Moncloa
Tres de Mayo de 1808, El ou Los fusilamientos de La Moncloa
Óleo de Francisco de Goya realizado en 1814. De grandes dimensións (2,66x3,45 m), representa os fusilamentos por parte das tropas francesas dun grupo de madrileños que se resistían á ocupación. Fai parella con El Dos de Mayo de 1808 ou La carga de los mamelucos en la Puerta del Sol, do mesmo ano. Pintada cunha liberdade técnica sen precedentes, significou a renovación absoluta do cadro histórico. Consérvase no Museo del Prado.