Tres Enriques, Guerra dos

Tres Enriques, Guerra dos

Conflito sucesorio que tivo lugar entre 1585 e 1589, no marco das Guerras de Relixión. Ao morrer Francisco, duque de Alençon (1584), Enrique III de Navarra, xefe dos hugonotes, converteuse en herdeiro do trono de Francia, feito que o enfrontou directamente con Enrique de Guisa, representante dos católicos. Ao conflito engadiuse o monarca Enrique III de Francia, que mandou asasinar a Enrique de Guisa, por conspirar contra Filipe II, aínda que tamén el resultou asasinado. Mortos estes, Enrique III de Navarra acadou o trono (Enrique IV de Francia) e consolidou a súa posición converténdose ao catolicismo e proclamando o Edito de Nantes (1598), que garantiu a tolerancia relixiosa en Francia.