"Meri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 322.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Río de Andalucía, na vertente mediterránea (62 km), tamén chamado río de Almería. Nace en Sierra Nevada e desauga preto de Almería formando un delta.
-
PERSOEIRO
Rei de Merina, en Madagascar. Soberano de Ambohimanga (1787), reforzou a súa autoridade, reorganizou a administrición, impulsou o funcionamento das asembleas de anciáns e reformou o sistema fiscal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
santa (Desenzano, Lombardía 1474 - Brescia 1540) Fundadora da Compañía de Santa Úrsula (1535), coñecidas como ursulinas, aprobada no ano 1544, representou o inicio das congregacións femininas de vida activa. Foi canonizada pola Igrexa Católica (1807). A súa festa é o 27 de xaneiro.
-
-
Relativo ou pertencente aos ingleses establecidos en América.
-
Natural de Inglaterra ou descendente dun natural de Inglaterra, establecido nos EE UU ou en América.
-
Relativo ou pertencente ás relacións económicas e sociais entre Inglaterra e América e ás relacións dos habitantes de Inglaterra e de América.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Existencia de anómeros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á anomería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aceleración da velocidade dunha certa reacción dunha molécula orgánica por efecto da participación dun grupo veciño do centro reactivo, que aparentemente non está implicado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Locución que significa ‘denantes do mediodía’, empregada para indicar as horas do día que van da media noite ata o mediodía, e que nos países anglosaxóns acostúmase a indicar detrás da hora mediante a abreviatura a m.
-
PERSOEIRO
Tesoureiro, de orixe francesa, do bispo Berenguel de Landoira (1317-1330) na catedral de Santiago de Compostela. Dispuxo a compilación dos Tombos B e C da catedral e o Libro segundo de constitucións e activou durante o segundo cuarto do s XIV a escribanía (scriptorium) catedralicia, de onde saíron as tres copias do Liber Sancti Iacobi (Códice Calixtino).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Anterior ao mediodía.
-
Relativo ou pertencente á mañá.
-
-
Relativo á posición dun astro antes de pasar polo meridiano do observador.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Meridiano inferior.
-
PERSOEIRO
Foi a fundadora da orde das Educadoras Ursulinas en Brescia dedicada á educación de nenas pobres. Quedou cega durante unha viaxe a Xerusalén, curando logo milagrosamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Trust norteamericano fundado en 1933 pola Standard Oil of California (30%), a Standard Oil New Jersey (30%), Texaco (30%) e Socony Mobil Oil (10%), para a extracción de petróleo en Arabia Saudí ata o ano 1999. En 1980 o goberno árabe adquiriu a totalidade do capital.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas perennes da familia das plumbaxináceas, cespitosas, con follas lineais ou lanceoladas, dispostas nunha roseta basal, e talos portadores de glomérulos de flores purpúreas ou brancas. Son plantas de alta montaña ou de beiramar. En Galicia pódense atopar unha ducia de especies, das que as máis comúns son: A. duriaei, propia de fendas de rochas e pastos de montaña, pero tamén a A. marítima e A. pubigera, rexistrados nos rochedos costeiros, que son coñecidas co nome de herba namoradeira. Tamén se pode atopar A. merinoi, que constitúe un endemismo propio das rochas ultrabasálticas do centro do país.
-
-
Lugar onde se gardan armas.
-
Fábrica de armas.
-
Local onde se venden ou expoñen armas.
-
Arte de fabricar armas.
-
Museo de armas.
-
-
Arte ou ciencia do brasón ( heráldica).
-
Conxunto de todas as pezas e figuras que adornan interior ou exteriormente un escudo.
-
Escudo de armas, brasón.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en 1951. Seis anos despois, baixo a presidencia de Miguel González Garcés, iniciou unha nova etapa máis orientada á promoción cultural. Entre esas actividades destaca a creación dun grupo de Teatro de Cámara e Ensaio dirixido por Antonio Naveira Goday. Esta agrupación presentou en 1959 o espectáculo O incerto señor Don Hamlet, a partir da obra homónima de Álvaro Cunqueiro e en 1961 estreou Os vellos non deben de namorarse, a partir do texto de Castelao. A pesar dos atrancos que houbo que superar e do escaso número de funcións realizadas, a estrea destes dous espectáculos veu confirmar a necesidade e as posibilidades dun teatro en lingua galega, marcando o inicio dunha lenta pero progresiva normalización da actividade teatral en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1980 por Arxentina, Bolivia, O Brasil, Colombia, Chile, Ecuador, México, Paraguai, Perú, Uruguai e Venezuela en substitución da Asociación Latinoamericana de Libre Comercio (ALALC), co obxectivo de facilitar os intercambios comerciais entre os seus membros. Limítase a fixar cláusulas de comercio preferencial entre os seus asociados e a propoñer medidas tendentes a dinamizar algúns sectores económicos comúns. Non pretende unha auténtica política común, nin económica nin exterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada polo tratado de Montevideo en febreiro de 1960, formada por Arxentina, O Brasil, Perú, México, Paraguai, Uruguai e Chile. En outubro do mesmo ano adheríronse Colombia e Ecuador e en 1966 Venezuela. Tiña como finalidade reducir progresivamente as tarifas e outros obstáculos ao libre comercio ata chegar á plena liberación do comercio entre os países asinantes. No ano 1980 transformouse na Asociación Latinoamericana de Integración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Isomería óptica por restrición da rotación libre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Australia á beira da Gran Baía Australiana (984.000 km2; 1.427.936 h [1995]). A súa capital é Adelaide. A poboación xúntase nas penínsulas de Eyre e Yorke. O clima é desértico no NO. A pluviosidade aumenta cara ao S ata chegar a un clima temperado cálido. Os principais recursos económicos son a agricultura, a gandería e a industria. Colonia británica dende 1836, no 1901 converteuse en estado da Commonwealth de Australia.