Asociación Cultural Iberoamericana de La Coruña

Asociación Cultural Iberoamericana de La Coruña

Institución fundada en 1951. Seis anos despois, baixo a presidencia de Miguel González Garcés, iniciou unha nova etapa máis orientada á promoción cultural. Entre esas actividades destaca a creación dun grupo de Teatro de Cámara e Ensaio dirixido por Antonio Naveira Goday. Esta agrupación presentou en 1959 o espectáculo O incerto señor Don Hamlet, a partir da obra homónima de Álvaro Cunqueiro e en 1961 estreou Os vellos non deben de namorarse, a partir do texto de Castelao. A pesar dos atrancos que houbo que superar e do escaso número de funcións realizadas, a estrea destes dous espectáculos veu confirmar a necesidade e as posibilidades dun teatro en lingua galega, marcando o inicio dunha lenta pero progresiva normalización da actividade teatral en Galicia.